Jean Varin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1607 Liexa |
Morte | 26 de agosto de 1672 (65 anos) París, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia Suíza |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | París Inglaterra París |
Ocupación | escultor , medallista |
Período de actividade | 1611 - 1672 |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Fillos | François Varin (en) |
Pai | Jean Varin (en) |
Irmáns | Claude Warin (pt) |
Jean Varin (ou Warin),[1] nado en Liexa o 6 de febreiro de 1607 e finado en París en 1672, foi un gravador de moedas e medallas e escultor francés, sétimo en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que algunhas fontes apuntan 1604 como ano do seu nacemento, os rexistros da Igrexa de Notre-Dame de Liexa confirman que naceu o 6 de febreiro de 1607, fillo de Jean Varin e de Catherine Hovius, unha familia procedente da localidade de Reims, na Champaña.[2][3][4][5]
O seu pai era gravador de moeda do príncipe-bispo de Liexa Fernando de Baviera.[6]
Non se coñecen datos acerca da súa formación nin dos seus primeiros traballos, antes de se instalar en París en 1627.[3][4] Catro anos despois casou con Jeanne Desjours, con quen tivo polo menos oito fillos, e en 1650 acadou a súa naturalización como cidadán francés.[7]
Aínda que Varin era tamén escultor, en París comezou a coller máis sona como medallista. Coñécese que en 1629 era un dos encargados da prensa de muíño na Monnaie de Paris, cargo que dirixiu en solitario a partir de 1639 e desde o cal perfeccionou esta técnica de cuñaxe e toda a ferramenta asociada, o que acabou coa cuñaxe a martelo. En 1642 xa era un dos catro gravadores do obradoiro desta ceca no Louvre e ocupouse dos cuños dos escudos e os seus divisores co busto de Lois XIII, a raíz da reforma monetaria do seu ministro de Finanzas, Claude de Bullion. Finalmente, en 1646 foi designado para o posto de gravador xeral de moedas de Francia, logo da renuncia do seu antecesor, Jean Darmand.[4][8][9]
En 1660 asumiu o posto de conselleiro, secretario do rei, intendente e ordenador dos edificios reais. O 18 de xaneiro de 1672 un decreto do Tribunal de Moedas nomeou a Varin único mestre da Monnaie de París:[10]
“ | Decreto do Tribunal de Moedas polo que se lles prohibe a todos os obreiros, gravadores, moedeiros e outros, coa excepción de Jean Warin, intendente dos edificios da Súa Maxestade e condutor xeral das máquinas de todas as casas de moeda de muíño de Francia, reter ningún muíño, cortadores, laminadores nin outras máquinas similares fóra das casas de moeda, así como a venda de fichas, medallas e moedas de pracer de ouro, prata ou outros metais. | ” |
As sinaturas de Jean Varin nas súas obras foron diversas; entre elas, as máis frecuentes foron I.WARIN; WARIN; VARIN; W; VV; WARIN F.; I. WARIN. e IOAN.WARIN.FECIT.[9] Aínda que foi inscrito no nacemento co apelido Varin, a partir de 1630 asinou todos os seus traballos e manuscritos como Warin.[11]
En 1664 ingresou na Academia Real de Pintura e de Escultura.[4][9]
Voltaire deixou escrito acerca de Varin, na súa obra Le Siècle de Louis XIV:[12]
“ | Igualamos os nosos devanceiros nas moedas. Warin foi o primeiro que sacou esta arte da mediocridade, cara á fin do reinado de Lois XIII. | ” |
Galería de traballos
[editar | editar a fonte]-
Busto de Lois XIV (ca. 1655).
-
Medalla: Cardeal Richelieu (1630).
-
Medalla: Cardeal Marzarin (1659).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Inscrito no nacemento como Varin, a partir de 1630 asinou todos os seus traballos e manuscritos como Warin (Vid.: Didier, J. (2004). Páxina 27).
- ↑ Arquivos do Estado en Liexa. Rexistro dos nacementos da Igrexa de Notre-Dame Aux-Fonts en Liexa, con data 6 de febreiro de 1607. T17, microfilms YL 142 e 143, volumes 56 e 57: paroisse sainte Catherine, de parents Jean Varin et de Catherine Hovius, les témoins : Suscip : Andréa Maijbais et Anne Legally, femme à Guillaume Wijpar.
- ↑ 3,0 3,1 Forrer, L. (1916). Páxina 361.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Souchal, F. "Warin ou Varin Jean (1604-1672)". En Encyclopædia Universalis.
- ↑ Didier, J. (2004). Páxina 8.
- ↑ Didier, J. (2004). Páxinas 16-17.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxina 362.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxinas 362-363.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Didier, J. (2004). Páxina 27.
- ↑ Didier, J. (2004). Páxinas 27-28.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxina 363.
- ↑ Voltaire (1751). Le Siècle de Louis XIV. Capítulo 33: "Suite des Arts". [Ligazón á edición de Garnier, 1878. Páxina 557]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Varin |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. Pillet Fils, París.
- Didier, J. (2004). Jean VARIN (1607-1672). Un liégeois au service des rois de France ou La représentation du pouvoir. Essai pour une nouvelle biographie". Cercle Numismatique Liégeois, Liexa.
- Félibien, A. (1688). "Dixième et dernier Entretien: J. Varin". En Entretiens sur les vies et sur les ouvrages des plus excellens peintres anciens et modernes. Cinquième partie. París. Páxinas 155-158.
- Forrer, L. (1916). "Warin, Jean II". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 361-372.
- Mazerolle, F. (1932). Jean Varin, conducteur de la monnaie du Moulin, tailleur général des monnaies, controleur général des poinçons et effigies : sa vie, sa famille, son oeuvre (1596-1672). Bourgey J. Schemit, París.
- Perrault, Ch. (1700). "Jean Varin, conducteur et graveur général des Monnoyes de France". En Des hommes illustres qui ont paru en France pendant ce siècle, avec leurs portraits au naturel. Tomo II. Dezallier, París. Páxinas 85-86
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Jean Darmand |
Gravador xeral de moedas de Francia 1646 - 1672 |
Sucesor: François Warin |