Saltar ao contido

Numismatique & Change

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Numismatique & Change
PaísFrancia
Lugar Revigny-sur-Ornain.
LinguaFrancés.
EspecialidadeNumismática
FundaciónOutubro de 1972.
FundadorRené-Louis Martin.
Primeira ediciónOutubro de 1972.
Última ediciónXullo-agosto de 2016.
Desenvolvemento
EditorMartin Media.
Circulación
FrecuenciaMensual.
Custo5,90 [1]
ISSN0335-1971
Na rede
http://www.numismatique-change.fr
editar datos en Wikidata ]

Numismatique & Change (anteriormente Numismatique) foi unha revista divulgativa francesa de periodicidade mensual dedicada á numismática e ao papel moeda, creada en outubro de 1972 por René-Louis Martin e publicada ata xullo de 2016.[2][3]

A revista fundouse baixo o título de Numismatique e co subtítulo de Le premier mensuel français de la monnaie ("A primeira publicación mensual francesa da moeda"), mais cambiou o seu nome a partir do número 15.[2]

Na súa derradeira etapa estaba dirixida por Arnaud Habrant e o seu xefe de redacción era Charles Hervis.[4]

O seu derradeiro número foi o de xullo-agosto de 2016.[5] Nese número, o 479, a revista anunciou a súa propia desaparición por mor da caída das vendas.[2]

  1. Prezo para Francia do n° 479 (xullo-agosto de 2016).
  2. 2,0 2,1 2,2 C. L. e Santiago Nasar (2016). "Numismatique et Change tire la réveérence". En Numismatique & Change. No 479. xullo-agosto. Páxina 23. ISSN 0335-1971
  3. "Numismatique & Change Arquivado 09 de agosto de 2020 en Wayback Machine.". Infomonnaies.com
  4. Consonte a ficha técnica do n° 479 (xullo-agosto de 2016).
  5. "Magazine Numismatique et change: chronique d’une mort annoncée…". Club numismatique d'Argenteuil.