Gran Premio dos Países Baíxos de 1966

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países Baixos Gran Premio de Países Baixos de 1966
Detalles da carreira
Carreira 5 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966.
Trazado do circuíto de Zandvoort
Trazado do circuíto de Zandvoort
Data 24 de xullo de 1966
Nome oficial XIV Grote Prijs van Nederland
Localización Circuíto Zandvoort
Zandvoort, Países Baixos
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´252 km
Distancia 90 voltas, 382´68 km
ClimaAsollado, tépedo, seco
Pole position
Piloto Australia Jack Brabham Brabham-Repco
Tempo 1:28.1
Volta rápida
Piloto Denny Hulme Brabham-Repco
Tempo 1:30.6
Podio
Primeiro Australia Jack Brabham Brabham-Repco
Segundo Graham Hill BRM
Terceiro Jim Clark Lotus-Climax

O Gran Premio dos Países Baixos de 1966 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 24 de xullo de 1966 no circuíto de Zandvoort. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1966.

A carreira foi o 16º Gran Premio dos Países Baixos desde que se celebrou por primeira vez en 1948. Levouse a cabo sobre 90 voltas ao circuíto de catro quilómetros cunha distancia de carreira de 382 quilómetros.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Brabham, de 40 anos, mostrouse molesto polas noticias de prensa sobre a súa idade e, nun truco moi infrecuente, no Gran Premio dos Países Baixos de 1966, dirixiuse ao seu coche na grella de saída antes da carreira cunha longa barba falsa e apoiándose nun bastón antes de saír para gañar a carreira.[1]

A carreira foi a terceira consecutiva gañada polo piloto australiano campión do mundo en 1959 e 1960, Jack Brabham no seu Brabham BT19. O piloto británico, campión do mundo de 1962, Graham Hill terminou segundo no seu BRM P261, cunha volta por diante do resto de participantes. O vixente campión do mundo Jim Clark logrou o seu primeiro podio do ano no seu Lotus 33.

A vitoria de Brabham aumentou a súa vantaxe de puntos a 16 puntos por encima de Hill, e co compañeiro de Hill no equipo BRM Jackie Stewart dous puntos máis afastado.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 16 Australia Jack Brabham Brabham-Repco 90 2:20:32.5 1 9
2 12 Graham Hill BRM 89 + 1 volta 7 6
3 6 Jim Clark Lotus-Climax 88 + 2 voltas 3 4
4 14 Jackie Stewart BRM 88 + 2 voltas 8 3
5 32 Mike Spence Lotus-BRM 87 + 3 voltas 12 2
6 2 Italia Lorenzo Bandini Ferrari 87 + 3 voltas 9 1
7 30 Jo Bonnier Cooper-Maserati 84 + 6 voltas 13
8 38 John Taylor Brabham-BRM 84 + 6 voltas 17
9 36 Francia Guy Ligier Cooper-Maserati 84 + 6 voltas 16
Ret 28 Suíza Jo Siffert Cooper-Maserati 79 Motor 11
Ret 34 Bob Anderson Brabham-Climax 73 Suspensión 14
Ret 24 John Surtees Cooper-Maserati 44 Eléctrico 10
Ret 18 Denny Hulme Brabham-Repco 37 Encendido 2
Ret 8 Peter Arundell Lotus-BRM 28 Encendido 15
Ret 10 Dan Gurney Eagle-Climax 26 Fuga aceite 4
Ret 4 Mike Parkes Ferrari 10 Accidente 5
Ret 26 Austria Jochen Rindt Cooper-Maserati 2 Accidente 6

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1966
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1966
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1966
Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1965
Gran Premio dos Países Baixos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baixos de 1967
  1. Henry (1985) pp.61–62