Gran Premio do Brasil de 1984

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gran Premio de Brasil de 1984")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Brazil.svg Gran Premio de Brasil de 1984
Detalles da carreira
Carreira 1 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984.
Trazado do circuíto de Jacarepaguá.
Trazado do circuíto de Jacarepaguá.
Data 25 de marzo 1984
Nome oficial XIII Grande Prêmio do Brasil
Localización Circuíto de Jacarepaguá
Jacarepaguá, Río de Xaneiro
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´031 km
Distancia 61 voltas, 306´891 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Italia Elio de Angelis Lotus-Renault
Tempo 1:28.392
Volta rápida
Piloto Francia Alain Prost McLaren-TAG
Tempo 1:36.499 na volta 42
Podio
Primeiro Francia Alain Prost McLaren-TAG
Segundo Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda
Terceiro Italia Elio de Angelis Lotus-Renault

O Gran Premio do Brasil de 1984 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de marzo de 1984 no circuíto de Jacarepaguá de Río de Xaneiro. Foi a primeira carreira da tempada de 1984 e tamén foi o décimo terceiro Gran Premio do Brasil, e a primeira carreira na que a FISA introduciu o límite de 220 litros de combustible por carreira, prohibindo as repostaxes que se facían ata agora. Moitos dos pilotos predixeron correctamente que isto convertería os Grandes Premios en carreiras de aforro de combustible en lugar de carreiras reais. Tamén foi a primeira carreira de Fórmula Un para o futuro triplo campión do mundo, Ayrton Senna.

Cualificación[editar | editar a fonte]

Elio de Angelis logrou a primeira pole da tempada no seu Lotus - Renault por diante do Ferrari de Michele Alboreto na súa primeira carreira para o Cavallino Rampante. Derek Warwick, na súa primeira carreira con Renault, foi terceiro na grella co McLaren - TAG, Alain Prost foi cuarto, Prost regresaba ao equipo no que comezou a súa carreira logo de tres tempadas con Renault. O actual campión mundial (e o favorito local) Nelson Piquet cualificou sétimo co Brabham - BMW, mentres que outro brasileiro, un novato da Fórmula Un chamado Ayrton Senna clasificouse 17º no seu primeiro Gran Premio no seu Toleman - Hart.

Carreira[editar | editar a fonte]

Alboreto conseguiu adiantarse na saída e liderou ao principio por diante de Warwick e de Angelis, e os McLaren de Niki Lauda e Prost. O francés fixera unha mala saída logo de saír con moi poucas revolucións e era décimo ao final da primeira volta. Prost non fixera prácticas de saída no coche, e na warm-up preguntoulle a Lauda que aceleración debía usar na saída. Lauda díxolle que non menos de 10 mil, pero na grella Prost sentía que isto era demasiado alto e reduciunas a 8000 só para decatarse de que Lauda tiña razón. Malia isto xa empezaba a mostrar a superior velocidade en carreira que se convertería na historia da tempada. Cando Lauda pasou a Warwick para o segundo posto ao final da recta de atrás na volta 10, a parte traseira dereita do McLaren golpeou o pneumático dianteiro esquerdo do Renault. O golpe danou a suspensión de Warwick, o fallo na suspensión obrigouno posteriormente a abandonar a carreira cando se era segundo.

Senna sufriu o seu primeiro abandono da tempada 1984 pola rotura do turbo na volta 8.

A carreira de Alboreto foi arruinada por un perno solto na pinza dereita do freo dianteiro do seu coche, que liberou todo o líquido de freos e provocou o sobre quecemento do freo, dando lugar a un par de trompos. Lauda lideraba por uns 40 segundos na volta 34, cando os cables da batería do seu McLaren soltáronse, provocando un fallo eléctrico. Piquet, que case calara o seu Brabham cando caeu a bandeira, terminou a carreira na volta 32 cando o motor BMW fallou na recta de boxes.

Logo de pasar a Warwick no liderado, Prost, que estaba nos pits para cambiar pneumáticos cando Lauda retirouse, perdeu o liderado de novo co inglés cando fixo a súa segunda parada para cambiar pneumáticos. Recuperou a vantaxe definitiva trala retirada de Warwick e gañou por 40´514 segundos por diante do Williams - Honda de Keke Rosberg e o Lotus de de Angelis. Para Rosberg foi o seu terceiro segundo posto consecutivo no Gran Premio do Brasil, malia que foi o único no que non foi descualificado. Eddie Cheever pilotou ben para terminar cuarto no Alfa Romeo moitos dixeran que non terminaría a carreira antes de quedarse sen combustible, mentres que o Renault de Patrick Tambay clasificouse sexto logo de correr seco na última volta, perdendo o quinto posto co outro novato na F1 Martin Brundle no seu Tyrrell - Ford.

Brundle, e todo o equipo Tyrrell serían máis tarde descualificados da tempada por infraccións técnicas. Isto deu lugar ao quinto posto de Tambay con Thierry Boutsen elevado ao sexto no seu Arrows - Ford.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Cual diferenza
1 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 1:28.392
2 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:28.898 +0.506
3 16 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Renault 1:29.025 +0.633
4 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 1:29.330 +0.938
5 12 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Lotus-Renault 1:29.364 +0.972
6 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 1:29.854 +1.462
7 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 1:30.149 +1.757
8 15 Francia Patrick Tambay Renault 1:30.554 +2.162
9 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 1:30.611 +2.219
10 28 Francia René Arnoux Ferrari 1:30.695 +2.303
11 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:30.973 +2.581
12 23 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Alfa Romeo 1:31.282 +2.890
13 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 1:31.548 +3.156
14 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:32.895 +4.503
15 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 1:32.997 +4.253
16 2 Italia Teo Fabi Brabham-BMW 1:33.227 +4.835
17 19 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Toleman-Hart 1:33.525 +5.133
18 20 Flag of Venezuela.svg Johnny Cecotto Toleman-Hart 1:35.300 +6.908
19 3 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:36.081 +7.689
20 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 1:36.238 +7.846
21 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-Ford 1:36.312 +7.920
22 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:36.434 +8.042
23 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:36.609 +8.217
24 21 Italia Mauro Baldi Spirit-Hart 1:36.816 +8.424
25 17 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 1:37.204 +8.812
26 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart 1:37.709 +9.317
NSC 10 Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer RAM-Hart 1:37.919 +9.527

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 61 1:42:34.492 4 9
2 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 61 + 40.514 9 6
3 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 61 + 59.128 1 4
4 23 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Alfa Romeo 60 + 1 volta 12 3
5 15 Francia Patrick Tambay Renault 59 Sen combustible 8 2
6 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-Ford 59 + 2 voltas 20 1
7 17 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 59 + 2 voltas 24
8 10 Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer RAM-Hart 58 + 3 voltas 26
DSC 3 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Tyrrell-Ford 60 Descualificado 18
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Renault 51 Suspensión 3
Ret 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 42 Caixa de cambios 14
Ret 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 41 Caixa de cambios 11
Ret 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 38 Eléctrico 6
Ret 12 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Lotus-Renault 35 Accidente 5
Ret 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 32 Motor 7
Ret 2 Italia Teo Fabi Brabham-BMW 32 Turbo 15
Ret 28 Francia René Arnoux Ferrari 30 Batería 10
Ret 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 28 Caixa de cambios 21  
Ret 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 25 Temperatura 19
Ret 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart 24 Batería 25
Ret 20 Flag of Venezuela.svg Johnny Cecotto Toleman-Hart 18 Turbo 17
Ret 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 15 Eléctrico 13
Ret 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 14 Freos 2
Ret 21 Italia Mauro Baldi Spirit-Hart 12 Distribuidor 23
DSC 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 11 Descualificado 22  
Ret 19 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Toleman-Hart 8 Turbo 16  
EX 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 0 Excluído    

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Martin Brundle e Tyrrell foron posteriormente descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1983
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1984
Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1984
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1983
Gran Premio do Brasil Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1985

Referencias[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]