Günther Bechem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Günther Bechem
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Anos en activo 2 (19521953)
Escudería(s) BMW non oficial, AFM non oficial
Grandes Premios disputados 2
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1952
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1953


Karl-Günther Bechem (alias: "Bernhard Nacke") nado o 21 de decembro de 1921 e finado o 3 de maio de 2011 foi un piloto de carreiras de Alemaña.

Bechem comezou nas carreiras de coches deportivos antes de competir na Fórmula 1 no Gran Premio de Alemaña de 1952, pilotando un BMW baixo o alias de "Bernhard Nacke". Non puido terminar a carreira, polo que non anotou ningún punto do Campionato do Mundo. Seguiu pilotando un AFM-BMW de Karl Gommann en 1953, no AVUS e logo no Gran Premio de Alemaña de 1953 en Nürburgring, novamente non terminou. Tivo máis éxito competindo en coches deportivos co equipo Borgward.

En 1954 Bechem estrelouse gravemente mentres competía na Carreira Panamericana, e aínda que recuperouse totalmente das súas feridas, nunca competiu outra vez a gran nivel.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1952 "Bernhard Nacke" BMW Eigenbau 6 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE
Ret
NED ITA NC 0
1953 Günther Bechem AFM 50-5 BMW 6 en liña ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE
Ret
SUI ITA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]