Fundación Amadeu Antonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación Amadeu Antonio
Logo
AcrónimoAAS
Tipofundación, Träger der politischen Bildung, editor de acceso aberto e charitable corporation
Campo de traballoUltradereita, Racismo, Antisemitismo, Promoção da Educação, da formação pública e profissional, incluindo a ajuda aos estudantes e Förderung internationaler Gesinnung, der Toleranz auf allen Gebieten der Kultur und des Völkerverständigungsgedankens
Data de fundación1998
Fundador(es)Anetta Kahane
Nomeado en referencia aAmadeu Antonio Kiowa
Presidente/aAnetta Kahane (pt) Traducir (2003-) Editar o valor em Wikidata
Nº de empregados120 (2022) Editar o valor em Wikidata
SedeBerlín
PaísAlemaña
Na rede
https://www.amadeu-antonio-stiftung.de/ e https://www.amadeu-antonio-stiftung.de/eng/
Facebook: 74994133255 Twitter: AmadeuAntonio Instagram: amadeuantoniofoundation Youtube: UC-UdruQcztxClHENsulDeaA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Fundación Amadeu Antonio, en alemán Amadeu Antonio Stiftung (AAS) é unha fundación (Stiftung) alemá sen ánimo de lucro de dereito civil con sede en Heidelberg e oficina en Berlín.[1] Foi fundada en 1998 por iniciativa de Anetta Kahane e leva o nome de Amadeu Antonio Kiowa, unha das primeiras vítimas da violencia de extrema dereita en Alemaña desde a reunificación en 1990.[2]

A fundación quere fortalecer a sociedade civil en Alemaña contra o antisemitismo, o racismo e o extremismo de dereitas. Para iso, apoia financeiramente máis de 1000 iniciativas e proxectos locais de cultura xuvenil, escolas, protección das vítimas, iniciativas para os refuxiados ou proxectos de democracia, a través da educación, as relacións públicas e as redes comunitarias. Tamén apoia ofertas de axuda para aqueles que abandonaron a escena neonazi. Máis recentemente, co apoio do Ministerio Federal de Asuntos da Familia, a fundación tamén creou unha oficina de denuncia en temas feministas.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O doador (Stifter) é Karl Konrad von der Groeben.[3] O patrón é Wolfgang Thierse, expresidente do Bundestag alemán.[4] A Fundación Amadeu Antonio actualmente (2022) conta con 120 empregados a tempo completo. Desde a súa creación, foi apoiado, asesorado e promovido pola Fundación Freudenberg. Colaborou co Ministerio Federal de Asuntos da Familia, Terceira Idade, Muller e Xuventude en campañas contra o neonazismo[5] e colabora con numerosas organizacións social alemás e internacionais en esforzos contra o racismo, incluíndo entidades educativas, de memoria histórica e de diversidade dos medios (representación de diversas voces e perspectivas nos medios de comunicación).[6]

Financiamento[editar | editar a fonte]

A Fundación é financiada polo programa federal "Demokratie leben!" ("Vivir a Democracia") do Ministerio Federal Alemán para a Familia, Maiores, Mulleres e Xuventude, ademais de recibir doazóns, incluíndo chamadas da revista Stern que anima aos seus lectores a contribuír financieiramente.[7] No ano 2018, a fundación tivo ingresos de 4,33 millóns de euros, dos cales 2,77 millóns eran subvencións estatais e 1,52 millóns proviñan de doazóns; gastou 3,68 millóns en cumprir co seu obxectivo fundacional, e principalmente en gastos de persoal (2,14 millóns euros) e outros custos operacionais.[8]

En 2016, a fundación apoiara máis de 1.000 iniciativas para a protección e apoio das vítimas e para aqueles que abandonaran a escena neonazi, e proxectos locais na 'cultura xuvenil democrática', escolas, redes comunitarias etc.[9]

Proxectos[editar | editar a fonte]

Contra o racismo e antisemitismo[editar | editar a fonte]

Dende 2003, a fundación desenvolve e proba conceptos contra as formas actuais de antisemitismo, que presenta nunha páxina web. Dende entón, organiza semanas de acción contra o antisemitismo cada ano arredor do aniversario dos Novemberpogrome en toda Alemaña, en colaboración con numerosas iniciativas da sociedade civil.[10] [11] [12]

Desde xaneiro de 2015, a fundación é patrocinadora e socia do Centro de Investigación e Información sobre o Antisemitismo de Berlín e cofundou o Netzwerk zur Erforschung und Bekkämpfung des Antisemitismus.[13]

O proxecto ju: an (centro de prácticas para o traballo xuvenil crítico co antisemitismo e o racismo) ofrece aos educadores e especialistas en traballo aberto xuvenil asesoramento, adestramento e formación continua sobre o manexo pedagóxico do antisemitismo e o racismo.

Contra o extremismo de dereitas[editar | editar a fonte]

En resposta ao aumento dos ataques contra os inmigrantes, a revista Stern comezou a facer campaña de 'coraxe contra a violencia da dereita' no ano 2000, cunha serie de concertos de rock. Stern pediu doazóns á Fundación Amadeu Antonio, o que lles permitiulles cofundar o proxecto Exit-Deutschsland. En abril de 2003, da cooperación entre a fundación e a revista Stern xurdiu o portal de Internet mu-gegen-rechte-gewalt.de (premio de medios alternativos en 2007) que ofrece ampla información sobre o extremismo de dereitas[14] [15]

Desde 2005, a fundación apoia os concertos da campaña " Laut gegen Nazis" e publicou un audiolibro sobre iso. Despois de que en 2011 se coñecese a serie de asasinatos do grupo terrorista de extrema dereita National Socialist Underground (NSU), a fundación organizou en decembro un concerto "Rock gegen Rechts" en Jena xunto con Udo Lindenberg, Peter Maffay e outros músicos.[16]

A fundación tamén publica estatísticas, que son constantemente comprobadas e actualizadas, sobre as vítimas por violencia de extrema dereita no sitio Mut gegen rechte Gewalt.[17]

Xénero[editar | editar a fonte]

O xénero e o extremismo de dereita son unha das principais áreas de atención da fundación.[18] [19] O departamento homónimo (Gender und Rechtsextremismus) estuda o papel crecente das mulleres en contextos neonazis e desenvolve estratexias de apoio para educadores que traballan con nenos e pais influenciados por ideoloxías neonazis. O obxectivo tamén inclúe a educación cidadá.

Proxectos rexionais[editar | editar a fonte]

Logo da campaña (Kein Ort für Neonazis = Ningún lugar para os neonazis).

O proxecto Non hai lugar para os neonazis formouse en 2009. Tenta dar a coñecer os problemas dos partidos de ultradereita nos parlamentos estatais e nos consellos de distrito para crear redes sociais, axudar aos proxectos cidadáns locais, educar sobre a propaganda da extrema dereita e mobilizarse contra as marchas e eventos neonazis.[20] En 2008, a fundación traballou por primeira vez coa Brandenburg Action Alliance no distrito de Barnim, en 2009 en Turinxia e en 2010/2011 en Mecklemburgo-Antepomerania.[21]

O proxecto Region in Aktion promove o compromiso da xente e a cooperación entre a administración e a sociedade civil, especialmente en Brandeburgo e Antepomerania.

Lola für Lulu é un proxecto a longo prazo da fundación no distrito de Ludwigslust (Mecklemburgo-Pomerania Occidental). Preténdese sensibilizar ás mulleres e nenas que viven alí sobre o extremismo de dereitas e os modelos a seguir, capacitarlles para opoñerse a eles e activar unha cultura democrática equitativa de xénero. Isto inclúe obradoiros, asesoramento e apoio a proxectos locais.[22]

De 2001 a 2006, puxo en marcha o proxecto CIVITAS, aprobado pola Cámara de Representantes de Berlín, centrado na loita contra o extremismo de dereitas nos novos estados federais. En 2002, a fundación fixo posible que a "Rede para a Cultura Democrática" (NDK) en Saxonia comprase unha vivenda que abriu en 2006 convertida en centro democrático contra as tendencias extremistas. Nese mesmo ano, organizou unha xira con músicos afro-alemáns dos Brothers Keepers por lugares dominados por extremistas da dereita para falar do racismo cotián e da violencia da dereita nas escolas.[23] En 2003, a fundación apoiou e establecemento da fundación comunitaria Barnim-Uckermark en Brandeburgo.[24]

Dende 2015, Stephan J. Kramer, membro do consello da fundación AAS, dirixe a Oficina para a Protección da Constitución en Thüringen. A súa nomeación, destinada a reforzar o control democrático da axencia, foi criticada por varias organizacións que a viron como unha colaboración coa AAS, algo que a fundación negou.[25] Ademais, en 2016, a AAS recibiu a responsabilidade de liderar un novo instituto de investigación sobre democracia e sociedade civil, a pesar das críticas de partidos de ultradereita como a AfD e preocupacións de que poida substituír a Oficina para a Protección da Constitución. O director subliñou que o traballo é empírico, que ninguén será observado e que se investigará o ultradereitismo, a misantropía, o extremismo islámico, a homofobia e o sexismo.[26]

Internet[editar | editar a fonte]

De 2006 a 2010, a fundación publicou sitios en cooperación coa Axencia Federal de Educación Cívica.[27] Dende 2009, a fundación AAS xunto co semanario Die Zeit opera o portal Belltower.News en 2017, que serve como unha base de datos sobre actividades neonazis e ofrece consello para tratar co ultradereitismo. Ademais, a fundación lanzou varias iniciativas como a "Semana de Acción Redes Sociais contra os Nazis" e o proxecto educativo no-nazi.net en 2011, destinados a combater a propagación do discurso de odio.[28][29] En 2012 fundou o portal Fussball-gegen-Nazis.de para combater varias formas de discriminación no fútbol.[30][31]

Protección e apoio a vítimas[editar | editar a fonte]

O Opferfonds Cura foi creado a raíz da Aktion Cura, iniciada en 1993 tras o atentado mortal de Mölln, Schleswig-Holstein, para recadar fondos para as vítimas de violencia de extrema dereita.[32] En 2004, a fundación asumiu a súa xestión. O fondo documenta máis vítimas de violencia de dereitas que o goberno federal, incluíndo non só estranxeiros, senón tamén persoas con discapacidades, sen teito e socialmente marxinadas.[33]

En 2015, a fundación lanzou "Schutzschild", unha iniciativa para protexer a refuxiados en rexións rurais do leste de Alemaña de acoso e violencia. O obxectivo é fortalecer as organizacións de refuxiados e promover a súa integración na sociedade civil. Xunto con Pro Asyl, está a crear unha crónica anual de incidentes contra refuxiados en Alemaña.[34]

Feminismo[editar | editar a fonte]

Dende febreiro de 2023, AAS xestiona o proxecto Meldestelle Antifeminismus para recoller casos de ataques e incidentes antifeministas. O proxecto, financiado con 133.000 euros polo Ministerio Federal de Familia, permite que as persoas informen sobre discriminación de xénero e ataques físicos. O Ministerio indicou que o portal advirte contra a divulgación de datos persoais, minimizando así o risco de abuso.

Judith Rahner e a exministra Kristina Schröder, que criticou o portal, debateron sobre a linguaxe non sexista en medios públicos. Rahner sinalou que estaban investigando os críticos desta práctica, argumentando que poden ter axendas ocultas. Matthias Heine criticou esta postura como conspiratoria.[35]

Premios[editar | editar a fonte]

  • En setembro de 2015, o parlamento estatal de Baden-Württemberg e a comunidade relixiosa xudía de Württemberg concederon á fundación a medalla Joseph Ben Issachar Süßkind Oppenheimer.[36] [37]
  • En novembro de 2015, a fundación recibiu o Premio da Paz Lothar Kreyssig polo seu compromiso coa migración, a inmigración e unha exitosa cultura de acollida.
  • En decembro de 2016 o Bul le Mérite da Asociación de Investigadores Criminais Alemáns.
  • Desde 2007, a fundación concede o premio Sächsischen Förderpreis für Demokratie xunto coa Fundación Cultural Dresden do Dresdner Bank, a Fundación Frauenkirche Dresden e a Fundación Freudenberg.
  • En decembro de 2015, a Fundación concedeu por primeira vez o Premio Amadeu Antonio. Os gañadores foron Antilopen Gang, Bühne für Menschenrechte e o Zentrum für Politische Schönheit.[38] En 2017, o premio foi para a asociación de Colonia Lückenlos polo seu proxecto artístico "Tribunal NSU-Komplex auflösen" en escenas do crime do grupo terrorista National-Socialistischer Untergrund.[39]

Ataques e denuncias contra a fundación[editar | editar a fonte]

En 2016, o Ministerio de Xustiza convidou á AAS a un grupo de traballo que prestou apoio asesor a Initiative für Zivilcourage online.[40] Desde entón, ultradereitistas atacaron cada vez máis á fundación e a algúns dos seus empregados con difamación, discursos de odio, ameazas e chamadas á violencia.[41] Os puntos comúns de ataque son o traballo anterior da fundadora da fundación Anetta Kahane como IM (traballador informal) na Stasi, as súas orixes xudías e un folleto da fundación sobre a loita contra as publicacións de odio contra os refuxiados.[42] Segundo Kahane, os ataques continuaron aumentando como resultado deste folleto.[43]

A web racista Anonymous.Kollektiv pediu un ataque DoS no sitio web da fundación. A revista de extrema dereita Compact difundiu afirmacións falsas difamatorias. Caricaturas antisemitas representando a Kahane circularon por redes sociais. En abril de 2016, Identitarians bloquearon fechadura da oficina da AAS en Berlín[44] e difamaron a empregados como espías dun estado de vixilancia.

Redes de dereitas difundiron imaxes do equipo da AAS para localizar e ameazar os seus membros. Acusaron á fundación de exercer censura por encargo do Ministerio de Xustiza, algo que a fundación nega, afirmando que só ofrece asesoramento e non ten poder para eliminar contido en liña. A fundación tomou medidas legais contra difamacións e inxurias.[45] Un tribunal prohibiu á revista Compact facer afirmacións falsas sobre Kahane.[41]

Varios xornalistas e blogueiros dereitistas amplificaron a afirmación de que a fundación exerce censura, incluíndo figuras como Roland Tichy e Rainer Meyer (FAZ). Achim Winter, que previamente compartira comentarios antimusulmáns en Twitter, aludiu á relación de Kahane coa policía da RDA. Andreas Zick, da AAS pediu a retirada do contido de Winter; ZDF distanciouse da opinión pero rexeitou eliminar a publicación.[46] Rainer Meyer acusou á AFF de clasificar a CDU na Nova Dereita no sitio da fundación, Neue-rechte-net. A fundación deixou claro que só se mencionara a antiga afiliación ao partido de persoas da Nouvelle Droite como Martin Hohmann.[42] [47] O sitio foi posteriormente desconectado. Peter Tauber (CDU) pediu á fundación que non mencione a CDU en Neue-rechte-Net.[48] Representantes da Junge Union e outros políticos, incluíndo membros do CDU de Leipzig, e do AfD, pediron que se retirasen todos os subsidios estatais á fundación, acusándoa de ser unha "plataforma para radicais de esquerda".[49] Algúns tamén instaron a revisar a súa relación coa fundación debido ao pasado da líder Kahane na RDA. Malia estas solicitudes, o Ministerio do Interior (BMI) non viu motivo para retirar o seu financiamento debido ao seu status recoñecido como organización sen fins de lucro.

Samuel Salzborn, un científico social, describiu os ataques contra a AAS como unha campaña coordinada de forma non oficial, criticando especialmente a R. Meyer por dar credibilidade a rumores da ultradereita.[50]

Na investigación de terrorismo contra soldados da Bundeswehr en 2017, atopouse unha lista de nomes e información detallada sobre a AAS na casa do oficial Franco A., o que levou a sospeitas de que esas persoas e lugares eran obxectivos para ataques. A acusación formal contra el por preparar un acto de violencia que pon en perigo o Estado foi aprobada en novembro de 2019.[51][52]En setembro de 2018, a fundación publicou un folleto cofinanciado polo Ministerio de Familia sobre como as garderías estatais debían manexar casos en que os pais mostran actitudes racistas. A publicación foi criticada por blogs, medios e políticos de dereita, que aseguraron que alentaba a espiar aos pais e controlar as súas opinións.[53][54][55][56] Estas críticas foron rexeitadas pola fundación e outros analistas.[54][57] Os autores do folleto recibiron numerosas mensaxes de odio e ameazas con relevancia penal após a súa publicación.[58]

Feira do libro de Frankfurt[editar | editar a fonte]

Na Feira do Libro de Frankfurt de 2017, a AAS foi colocada ao lado do editor neodereitista Antaios, que usou o seu stand para promover figuras extremistas. A fundación rexeitou un debate solicitado por Antaios, afirmando que os dereitos humanos, a liberdade de relixión e de expresión non son negociablese e criticou a organización por non estar preparada para lidar co extremismo de dereita, xa que "a feira non debe ser un lugar para racistas e axitadores".[59]

Publicacións da AAS[editar | editar a fonte]

A Fundación edita dípticos, folletos, análises, monografías e antoloxías.

  • Dostluk Sineması (Hrsg.): Von Mauerfall bis Nagelbombe – Der NSU-Anschlag auf die Kölner Keupstraße im Kontext der Pogrome und Anschläge der neunziger Jahre, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2014, ISBN 978-3-940878-16-8.
  • Simone Rafael: Region in Aktion – Wie im ländlichen Raum demokratische Kultur gestaltet werden kann, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2013, ISBN 978-3-940878-15-1.
  • Marion Kraske: Staatsversagen – Wie Engagierte gegen Rechtsextremismus im Stich gelassen werden. Ein Report aus Westdeutschland, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2013, ISBN 978-3-940878-14-4.
  • Alice Lanzke (Hrsg.): Liken. Teilen. Hetzen. Neonazi-Kampagnen in Sozialen Netzwerken, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2012, ISBN 978-3-940878-13-7.
  • Anetta Kahane (Hrsg.): Geteilte Erinnerung? Zum Umgang mit Nationalsozialismus in Ost und West, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2011, ISBN 978-3-940878-10-6.
  • Peter-Georg Albrecht: Von früher lernen heißt…? Zivilgesellschaftliches Engagement älterer Menschen gegen Rechtsextremismus, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2011, ISBN 978-3-940878-05-2.
  • Susanna Harms (Hrsg.): Living Equality – Gleichwertigkeit leben, Interventionen gegen gruppenbezogene Menschenfeindlichkeit, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2009, ISBN 978-3-940878-04-5.
  • Claudia Dantschke (Hrsg.): „Die Juden sind schuld“ – Antisemitismus in der Einwanderungsgesellschaft am Beispiel muslimisch sozialisierter Milieus, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2009, ISBN 978-3-940878-03-8.
  • Bianca Richter: Rechter Alltag – Ein Bericht über die „deutschen Zustände“ in Reinhardtsdorf-Schöna und Kleingießhübel, Berlin 2008.
  • Albert Scherr, Barbara Schäuble: „Ich habe nichts gegen Juden, aber…“ – Ausgangsbedingungen und Perspektiven gesellschaftspolitischer Bildungsarbeit gegen Antisemitismus, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin 2007.
  • Amadeu Antonio Stiftung (Hrsg.): Fundraising für demokratische Kultur – Mittelbeschaffung für zivilgesellschaftliche Initiativen, Amadeu Antonio Stiftung, Berlin o. J.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Die Gremien der Stiftung". Amadeu Antonio Stiftung (en alemán). Consultado o 2023-08-30. 
  2. Amadeu Antonio-Stiftung gegründet. taz, 14. Dezember 1998; Amadeu Antonio Stiftung: Geschichte der Stiftung.
  3. Amadeu Antonio Stiftung: Der Stifter: Karl Konrad Graf von der Groeben (†).
  4. Mut braucht Geld: Wie Bürgerinitiativen trotz Angst und knapper Mittel Rechtsradikalismus bekämpfen. Der Spiegel, 14. August 2000
  5. Amadeu Antonio Stiftung: Transparenz.
  6. Amadeu Antonio Stiftung: Partner, Netzwerke, Mitgliedschaften.
  7. "Mut gegen rechte Gewalt". stern.de (en alemán). 2006-07-13. Consultado o 2023-08-30. 
  8. Ergebnisrechnung für die Zeit vom 1. Januar bis 31. Dezember 2018. Amadeu Antonio Stiftung Heidelberg.
  9. "Über uns". Amadeu Antonio Stiftung (en alemán). Consultado o 2023-08-30. 
  10. Aktionswochen gegen Antisemitismus: Mehr rechtsextreme Straftaten. In: Der Tagesspiegel, 5. November 2008.
  11. Aktionswoche gegen Antisemitismus mit 350 Veranstaltungen. In: Die Welt, 6. November 2014.
  12. Expertenkreis Antisemitismus: Antisemitismus in Deutschland: Erscheinungsformen, Bedingungen, Präventionsansätze: Bericht des unabhängigen Expertenkreises Antisemitismus. Bundesministerium des Innern, Berlin 2011, S. 25.
  13. Martin Krauss: Gründung: „Einen anderen Akzent setzen“. Neues Netzwerk will Antisemitismus erforschen und bekämpfen. In: Jüdische Allgemeine, 5. März 2015.
  14. Britta Kollberg, Cordula Mäbert, Herbert Weber: „– dann hab’ ich mir das Hitlerbärtchen abrasiert“: Exit – Ausstieg aus der rechtsextremen Szene.
  15. "Mut gegen rechte Gewalt". stern.de (en alemán). 2006-07-13. Consultado o 2023-08-30. 
  16. ""Neonazis? Das sind Kriminelle!"". stern.de (en alemán). 2011-11-29. Consultado o 2023-08-30. 
  17. "Todesopfer rechter Gewalt seit 1990 ; Mut Gegen Rechte Gewalt". www.mut-gegen-rechte-gewalt.de. Consultado o 2023-08-30. 
  18. Wolfgang Frindte, Daniel Geschke, Nicole Haußecker, Franziska Schmidtke (Hrsg.
  19. Heike Radvan: Gender und Rechtsextremismusprävention.
  20. Gideon Botsch, Josef Haverkamp (Hrsg.
  21. Koity, Marius (2010-08-31). "Neonazis sagen ihr "Fest der Völker" in Pößneck ab". www.otz.de (en alemán). Consultado o 2023-08-30. 
  22. Ursula Birsl (Hrsg.
  23. ""Laut gegen Nazis": Pop, Politik und scharfe Töne". Der Spiegel (en alemán). 2004-10-18. ISSN 2195-1349. Consultado o 2023-08-30. 
  24. MOZ.de (2023-08-30). "Märkische Onlinezeitung - das Nachrichtenportal für Brandenburg". moz.de (en alemán). Consultado o 2023-08-30. 
  25. Kaul, Martin (2016-07-27). "Zoff um die Amadeu-Antonio-Stiftung: Zwischen allen Fronten". Die Tageszeitung: taz (en alemán). ISSN 0931-9085. Consultado o 2023-08-30. 
  26. "Thüringen: Zwist um den Kampf gegen Rechts". Der Tagesspiegel Online (en alemán). ISSN 1865-2263. Consultado o 2023-08-30. 
  27. Redaktion.
  28. "ZEIT ONLINE ; Lesen Sie zeit.de mit Werbung oder im PUR-Abo. Sie haben die Wahl.". www.zeit.de. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-30. 
  29. Alice Lanzke: Viraler Hass: Rechtsextreme Wortergreifungsstrategien im Web 2.0.
  30. Störungsmelder (2010-10-19). "Soziale Netzwerke gegen Nazis – ein Fazit". Störungsmelder (en alemán). Consultado o 2023-08-30. 
  31. Klaus Blume: Tatort Fankurve: Fußball, Gewalt und Rechtsextremismus.
  32. Orkan Kösemen, Britta Schellenberg (Hrsg.
  33. Fabian Virchow, Martin Langebach, Alexander Häusler (Hrsg.
  34. Konstanze Ameer: Faktencheck: Übergriffe auf Geflüchtete: „Aktion Schutzschild“.
  35. "Gendern: Die Denunziation von 500 „antifeministischen“ Wissenschaftlern - WELT". DIE WELT (en alemán). 2023-03-21. Consultado o 2023-08-30. 
  36. Hechtel, Heidi (2015-09-22). "Auszeichnung mit einem guten Namen". Jüdische Allgemeine (en alemán). Consultado o 2023-08-30. 
  37. Amadeu Antonio Stiftung erhält Preis gegen Minderheitenfeindlichkeit.
  38. Unterm Strich. taz, 9.
  39. "Aktuelles aus Berlin". berlin.de (en alemán). Consultado o 2023-08-30. 
  40. Christian Meier: Facebook gründet Initiative für mehr Zivilcourage.
  41. 41,0 41,1 Frank Jansen: Stasi-Vorwürfe und Gewaltandrohung: Rechtsextreme Hasswelle gegen Amadeu-Antonio-Stiftung.
  42. 42,0 42,1 Chefin war Stasi-Quelle: Shitstorm gegen NGO, die Facebook berät.
  43. Martin Krauss: „Die absurdesten Sachen“.
  44. Paul Garbulski: Wenn virtuelle Gewalt von rechts real wird.
  45. Wenn Helfer Opfer rechter Übergriffe werden.
  46. Tilman Steffen: ZDF macht Kampf gegen Hasskommentare lächerlich.
  47. Klarstellung zum FAZ-Artikel vom 16.
  48. Amadeu-Antonio-Stiftung: Info-Projekt zur rechten Internet-Szene gestoppt, Der Tagesspiegel, 14.
  49. Associated Press: German Nationalist Lawmaker Lashes Out at Jewish Activist.
  50. Samuel Salzborn: Als Meinungsfreiheit getarnter Hass.
  51. Jörg Diehl, Matthias Gebauer, Fidelius Schmid: Rechtes Netzwerk in der Bundeswehr: Die braunen Kameraden des Franco A. Spiegel online, 9.
  52. Fidelius Schmid, Wolf Wiedmann-Schmidt: Rechtsextremer Bundeswehroffizier Franco A. wird nun doch angeklagt.
  53. Marc Röhlig: Diese Kita-Broschüre gibt Tipps im Umgang mit rechtsextremen Eltern.
  54. 54,0 54,1 Simone Raffael: Gegendarstellung: Die Amadeu Antonio Stiftung ruft nicht zum Beschnüffeln von Eltern auf.
  55. Katja Bauer, Maria Fiedler: Die Methode AfD.
  56. Gunnar Schupelius: Sollen Kindergärten die politische Gesinnung der Eltern überprüfen?
  57. BFSFJ: Zur Berichterstattung über die Broschüre „ene, mene, muh“.
  58. Hurtz, Simon (2018-12-05). ""Danach sind wir ersoffen im Hass"". Übermedien (en alemán). Consultado o 2023-08-31. 
  59. Grasnick, Belinda (2017-10-17). "Neurechte Verlage auf der Buchmesse: „Nazis auf Speed“". Die Tageszeitung: taz (en alemán). ISSN 0931-9085. Consultado o 2023-08-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Timo Reinfrank, Jan Riebe: Praxisprojekte der Amadeu Antonio Stiftung gegen Gruppenbezogene Menschenfeindlichkeit. In: Kemal Bozay, Dierk Borstel (Hrsg.): Ungleichwertigkeitsideologien in der Einwanderungsgesellschaft: Ursachen, Hintergründe und Ideen für die pädagogische und politische Praxis. Verlag für Sozialwissenschaften, Wiesbaden 2016, ISBN 978-3-658-14245-2, S. 351 ff.