Fukui
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización de Fukui na prefectura de Fukui | |||
![]() | |||
Localización da prefectura de Fukui no Xapón | |||
Información | |||
País | ![]() | ||
Illa | Honshū | ||
Rexión | Rexión de Chūbu, Rexión de Hokuriku, Rexión de Kinki | ||
Prefectura | Prefectura de Fukui | ||
Superficie | 536,17 km² | ||
Poboación | 267.967 (2009) | ||
Densidade | 500 hab./km² | ||
Alcalde | Shin'ichi Higashimura |
Fukui (福井市, ふくいし; Fukui-shi) é un concello da prefectura de Fukui no Xapón e capital da súa prefectura. Está situado ó oeste de parte Hokuriku da rexión de Chūbu e ó norte da prefectura, na zona da provincia histórica de Echizen (Reihoku), no centro da illa de Honshū. Ten 536,17 km² de superficie e unha poboación de 267.967 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 500 hab./km².
O concello de Fukui limita cos concellos de Echizen (vila), Echizen, Ikeda, Ōno, Katsuyama, Eiheiji e Sakai.
Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
New Brunswick, Nova Jersey, EUA (1982)
Hangzhou, Zhejiang, China (1989)
Fullerton ([[California],] Estados Unidos) (1989)
Suwon, Gyeonggi, Corea do Sur (2001)
Personaxes de sona[editar | editar a fonte]
- Sanai Hashimoto (橋本 左内, はしもと さない, 1834 - 1859) - Samurai de dominio de clan Echizen Matsudaira (Fukui han).
- Keisuke Okada (岡田 啓介, おかだ けいすけ, 1868 - 1952) - Militar e político, e 31º primeiro ministro do Xapón.
- Yōichirō Nambu (南部 陽一郎, なんぶ よういちろう, 1921 - ) - Físico, galardoado do premio Nobel de Física en 2008