Furniture

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Furniture
EP de Fugazi
Data de edición: 8 de outubro de 2001
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: xaneiro - febreiro de 2001
Estudio(s) de gravación: Inner Ear Studios, Arlington, Virginia
Duración: 8:51
Xénero musical: post-hardcore
Selo discográfico: Dischord Records
Producido por: Ian McKaye, Don Zientara, Fugazi
Cronoloxía
Instrument Soundtrack Furniture The Argument

Furniture é o cuarto EP da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi, publicado o 8 de outubro de 2001 a través do selo Dischord Records. Foi gravado en xaneiro e febreiro de 2001, ao mesmo tempo da gravación do derradeiro álbum do grupo, The Argument.[1]

As cancións "Furniture" e "Hello Morning" datan de finais dos anos 80, sendo "Furniture" interpretada no primeiro concerto do grupo en 1987. Partes de "Number 5" teñen a súa orixe en "Turkish Disco", unha canción gravada como unha demo en 1997 e publicada en Instrument Soundtrack en 1999.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Furniture"  MacKaye 3:35
2. "Number 5"    3:09
3. "Hello Morning"  Picciotto 2:06

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Washington, Dischord Records 3819 Beecher St NW; U.s.a. 703.351.7507, Dc 20007-1802. "Fugazi - Furniture + 2 (129)". Dischord Records. Consultado o 2019-11-15.