A banda realizou o seu primeiro concerto o día 28 de xullo de 1985 no Food for Thought, un antigo restaurante e sala de concertos situada en Dupont Circle, en Washington, D.C.[7] O seu noveno e derradeiro concerto foi no 9:30 Club en marzo de 1986.[7] As únicas gravacións realizadas polo cuarteto foi un álbum auto-titulado e un sinxelo.
Despois da separación de Embrace, MacKaye reuniuse co antigo batería de Minor ThreatJeff Nelson para formar Egg Hunt. Bald entrou na banda Ignition, e o batería Ivor Hanson xuntouse con Hampton novamente en 1992 en Manifesto.