Instrument Soundtrack é un álbum da banda estadounidense de post-hardcoreFugazi, editado o 23 de marzo de 1999 polo selo Dischord Records. É unha banda sonora instrumental para o documental Instrument, que trata sobre a banda e foi realizado polo director Jem Cohen. Principalmente está formada por cancións non editadas anteriormente e temas descartados das sesións de estudio, así como varias versións demo de cancións dos seus álbums (principalmente de End Hits). Destaca particularmente "I'm So Tired", unha balada a piano interpretada e cantada por Ian MacKaye, que se separa bastante do tradicional son post-hardcore da banda.