Instrument Soundtrack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instrument Soundtrack
Banda sonora de Fugazi
Data de lanzamento 23 de marzo de 1999
Data de gravación 1988 - 1998
Duración 45:37
Xénero Post-hardcore, punk rock
Selo discográfico Dischord
Producido por Fugazi
Cronoloxía
End Hits Instrument Soundtrack The Argument

Instrument Soundtrack é un álbum da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi, editado o 23 de marzo de 1999 polo selo Dischord Records. É unha banda sonora instrumental para o documental Instrument, que trata sobre a banda e foi realizado polo director Jem Cohen. Principalmente está formada por cancións non editadas anteriormente e temas descartados das sesións de estudio, así como varias versións demo de cancións dos seus álbums (principalmente de End Hits). Destaca particularmente "I'm So Tired", unha balada a piano interpretada e cantada por Ian MacKaye, que se separa bastante do tradicional son post-hardcore da banda.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Pink Frosty" (demo) - 3:47
  2. "Lusty Scripps" - 3:42
  3. "Arpeggiator" (demo) - 2:54
  4. "Afterthought" - 1:28
  5. "Trio's" - 2:15
  6. "Turkish Disco" - 2:34
  7. "Me and Thumbelina" - 0:45
  8. "Floating Boy" (demo) - 3:35
  9. "Link Track" - 1:26
  10. "Little Debbie" - 1:49
  11. "H.B." - 1:19
  12. "I'm So Tired" - 1:59
  13. "Rend It" (demo) - 3:32
  14. "Closed Captioned" (demo) - 5:50
  15. "Guilford Fall" (demo) - 3:29
  16. "Swingset" - 1:37
  17. "Shaken All Over" - 0:58
  18. "Slo Crostic" - 2:41