Saltar ao contido

Repeater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Repeater
Fugazi Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Formato de distribución
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
xaneiro de 1990 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01jhljh Editar o valor en Wikidata
Spotify: 3ZnF1cPxlqB48RyLiecDnv Discogs: 4119 Allmusic: mw0000086712 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Repeater é o álbum de estrea da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi. Foi editado o 19 de abril de 1990 en LP comaRepeater, e no mes de marzo dese ano en CD incluíndo o EP 3 Songs baixo o nome Repeater + 3 Songs. Gravouse nos Inner Ear Studios de Arlington, Virxinia, e foi producido e gravado por Don Zientara e Ted Niceley.

Repeater considérase a miúdo como un álbum definitivo para a banda e un fito da música rock. Foi descrito como unha "actualización estadounidense máis enfadada do Solid Gold de Gang of Four". Tamén destacou pola súa complexa interacción de guitarra e sección rítmica.[1] Está incluído no libro 1000 Recordings to Hear Before You Die.[2]

Antecedentes e gravación

[editar | editar a fonte]

En 1989, Fugazi fixera a transición cara improvisar e compoñer material novo como banda, en lugar de tocar cancións compostas unicamente polo cantante e guitarrista Ian MacKaye. Tras completar varias longas xiras polos Estados Unidos e Europa, comezaron a traballar en material novo ademais de refinar cancións que xa interpretaran ao vivo, como "Merchandise" e "Turnover" (esta última titulada "NSA" na súa forma orixinal), con MacKaye nas voces.[3]

A banda elixiu novamente traballar con Don Zientara e Ted Niceley e entrou nos Inner Ear Studios en xullo de 1989 para iniciar o proceso de gravación.[4] O grupo só podía gravar con Niceley presente entre as 9:00 e as 13:00 horas, xa que este dividía o seu tempo entre o estudio e a escola de cociña.[4] A gravación do disco completouse no mes de setembro dese ano.[3]

Música e letras

[editar | editar a fonte]

Segundo o xornalista musical Andrew Earles, "Repeater é onde uns Fugazi xa perfectamente compenetrados subiron o listón que eles mesmos estableceran, cun modus operandi máis furioso, rápido, axustado e denso que calquera cousa amosada nos dous EPs anteriores da banda". A terceira canción do álbum, "Brendan #1", é instrumental. O sexto tema, "Sieve-Fisted Find", afírmase que contén "furiosos riffs de guitarra en miniatura que se entrelazan entre si".[5] Segundo Andy Kellman de AllMusic, "Repeater soa como unha actualización estadounidense máis furiosa do Solid Gold de Gang of Four". Kellman explicou que "o terrorismo sonoro de MacKaye e Picciotto como unha loita de guitarras evita a ostentación, utilizándose tanto como ritmo coma recurso de puntuación. Nítido, angular, dentado e preciso".[6]

As letras do álbum son de natureza anti-capitalista, e explora temas como a cobiza, a violencia, a sexualidade, a privacidade, o abuso de drogas e a morte. MacKaye díxolle a Guitar World que o título do disco "ten moitas lecturas en varios niveis. É realmente sobre como as cousas na vida repítense unha e outra vez. Pero o título tamén é unha chiscadela bastante escura ao Revolver dos Beatles. Un disco xira (revolves) e tamén repítese (repeats). Un revolver é tamén unha arma de fogo, e polo tanto é como un repeater (rifle de repetición). A canción que lle dá título dala de rapaces disparandose os uns aos outros repetidamente e foi referencia á violencia vinculada ao crack en Washington DC nos anos 80".[3][7][6]

Publicación e recepción

[editar | editar a fonte]

Publicado o 19 de abril de 1990 a través de Dischord Records, Repeater non entrou inicialmente na lista Billboard 200 nin foi un éxito comercial. Porén, a banda pasou a meirande parte de 1990 e 1991 xirando extensamente, realizando un total de 250 concertos entre marzo de 1990 e xuño de 1991 e esgotando habitualmente as entradas en locais con capacidade para máis de 1 000 espectadores por todo o mundo.

Los Angeles Times escribiu que a banda "combina a crua independencia de Black Flag coa insistencia política de Gang of Four".[8] The Washington Post concluíu que Repeater "captura boa parte da paixón e a inmediatez da banda: os ritmos de resorte de aceiro do batería Brendan Canty e do baixista Joe Lally, os entrelazados, esquivas e cruces de guitarras e voces de Ian MacKaye e Guy Picciotto, e a lúcida visión moral das súas letras".[9]

Aínda que os grandes selos comezaron a cortexar a Fugazi, a banda decidiu que Dischord estaba distribuíndo axeitadamente os seus discos e rexeitou as ofertas.[10] Segundo Alan O'Connor no seu libro de 2008 Punk Record Labels and the Struggle for Autonomy: The Emergence of DIY, Repeater chegaría a vender 500 000 copias.[11]

Legado e influencia

[editar | editar a fonte]

Repeater presentaba un son de rock alternativo que se adiantou a lanzamentos significativos como o Nevermind de Nirvana e o Ten de Pearl Jam, os cales, de forma inesperada, acabarían por levar o xénero ao gran público.[3] Tim Commerford de Rage Against the Machine viuse influenciado polo álbum,[12] así como Steve Holmes de American Football e Metz.[13][14] Ben Weinman de The Dillinger Escape Plan citouno como un dos seus discos favoritos.[15]

O tema "Merchandise" foi versionado por Face to Face (no seu álbum Standards & Practices), Ted Leo and the Pharmacists[16] e Dogstar.[17] "Blueprint" foi versionado por Gogol Bordello ao vivo,[18] Ben Lee[19] e Tim Timebomb. A canción foi citada por The Knife no tema "Raging Lung" do seu álbum Shaking the Habitual. Tamén foi sampleada por Emynd para o tema de Stranger Day "Not Playin'".[20] "Styrofoam" foi versionada por Stereotyperider,[21] e "Shut the Door" por Boy Eats Drum Machine.[22]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Turnover"  Picciotto 4:16
2. "Repeater"  MacKaye 3:01
3. "Brendan #1"    2:32
4. "Merchandise"  MacKaye 2:59
5. "Blueprint"  Picciotto 3:52
6. "Sieve-Fisted Find"  Picciotto 3:24
7. "Greed"  MacKaye/Picciotto 1:47
8. "Two Beats Off"  Picciotto 3:28
9. "Styrofoam"  MacKaye 2:34
10. "Reprovisional"  Picciotto 2:18
11. "Shut the Door"  MacKaye 4:49
Fugazi
Técnico
  1. ↑ "Repeater - Fugazi". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-08-25.
  2. ↑ "Fugazi - Repeater - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2024-08-25.
  3. 1 2 3 4 Perlah, Jeff. "The Independent". Guitar World. Marzo de 2002
  4. 1 2 "Morning Glory: Fugazi's Repeater Revisited". The Quietus (en inglés). 2015-05-01. Consultado o 2026-10-12.
  5. ↑ Earles, Andrew. Gimme Indie Rock. Voyager Press. p. 118
  6. 1 2 "Fugazi: Repeater Tracks & Reviews". AllMusic (en inglés). Consultado o 2026-10-13.
  7. ↑ "D.C. Residents Caught Amid Crack’s Bloody Turf Wars". WAMU (en inglés). Consultado o 2026-10-13.
  8. ↑ Hilburn, Robert (1 de xullo de 1990). "Drum Roll, Please: The Mid-Year Top 10". Calendar. Los Angeles Times. p. 63
  9. ↑ Jenkins, Mark (30 de maio de 1990). "Fugazi's Passionate Punk". The Washington Post. p. C7
  10. ↑ Azerrad, p. 403-404
  11. ↑ O'Connor, Alan (2008). Punk Record Labels and the Struggle for Autonomy: The Emergence of DIY. Lexington Books. ISBN 978-1-4616-3408-9
  12. ↑ "RATM's Tim Commerford on Fugazi and more - Under the Influence". www.theskinny.co.uk (en inglés). Consultado o 2026-10-13.
  13. ↑ "American Football: 5 Albums That Changed My Life". TIDAL Magazine (en inglés). 2016-10-21. Consultado o 2026-10-13.
  14. ↑ "Metz's Alex Edkins favourite songs". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2026-10-13.
  15. ↑ "Dillinger Escape Plan - Under the Influence - The Skinny". www.theskinny.co.uk (en inglés). Consultado o 2026-10-13.
  16. ↑ "Ted Leo And Friends Take Unexpected Turns Live". chicagoist.com. Consultado o 13 de outubro de 2026.
  17. ↑ "KEANU REEVES GIVES DOGSTAR ITS CELEBRITY". Orlando Sentinel (en inglés). 1995-07-18. Consultado o 2026-10-13.
  18. ↑ "Bandwidth - WAMU 88.5's New Music Site". bandwidth.wamu.or (en inglés). 2016-12-16. Consultado o 2026-10-13.
  19. ↑ Vitagliano, Joe (2019-09-18). "Ben Lee Will Cover Fugazi, Sonic Youth, Daniel Johnston, Pavement And More On New Covers Record, Quarter Century Classix". American Songwriter (en inglés). Consultado o 2026-10-13.
  20. ↑ "Yet Another Fugazi "Cover"". Washington City Paper (en inglés). 2011-07-20. Consultado o 2026-10-13.
  21. ↑ "Stereotyperider - Under The Influence" (en inglés). 2004. Consultado o 2026-10-13.
  22. ↑ "[COVER] "Shut the Door" - Fugazi". Facebook - Boy Eats Drum Machine. Consultado o 2026-10-13.