Nevermind

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nevermind
Álbum de Nirvana
Publicado24 de setembro de 1991
Gravación1990 - 1991
Estudio(s)Sound City, Van Nuys, California e Devonshire, North Hollywood
Duración42:38
Xénero(s)grunge
Selo(s)DGC Records
Producido porButch Vig
Cronoloxía
Bleach
(1989)
Nevermind Hormoaning
(1992)

Nevermind é o segundo álbum da banda estadounidense de grunge Nirvana, publicado o 24 de setembro de 1991 a través do selo DGC Records.[1]

Nevermind catapultou a Nirvana ao éxito comercial dun xeito inesperado. O álbum revolucionou o panorama musical, cambiando a atención do público do hair metal dos anos 80 ao movemento grunge saído de Seattle (Washington) que dominou os primeiros anos dos anos 90.[2] Outras bandas da área de Seattle como Pearl Jam, Soundgarden e Alice in Chains tamén tiveron álbums exitosos, e outros artistas da póla do rock alternativo foron repentinamente populares na radio e eran requiridos polas discográficas.

O disco foi producido por Butch Vig e mesturado por Andy Wallace.

Nevermind alcanzou o #1 na lista de álbums de Billboard 200 e na lista Heatseekers.[3] Foi votado como o mellor álbum do ano na enquisa Pazz & Jop de The Village Voice. No 2004, foi unha das 50 gravacións escollidas pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos para ser engadidas ao Rexistro Nacional de Gravacións.

Nevermind foi listado no posto 17 da lista da revista Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos[4], e no mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da publicación como o mellor álbum dos 90[5] En novembro de 2003 a publicación en liña Pitchfork Media elixiu a Nevermind como o sexto mellor álbum dos 90.[6]

Portada do álbum[editar | editar a fonte]

A portada do álbum mostra a un bebé espido nadando detrás dun dólar cravado nun garfo de pesca. Segundo Cobain, el mesmo concibiu a idea mentres vía un programa de televisión sobre nacementos na auga con Dave Grohl. O garfo e o billete tamén foron ideas súas, e foron sobreimpostas posteriormente. O cativo, acabado de nacer daquela, é Spencer Elden.

Geffen preparou unha portada alternativa sen o pene do bebé, temendo que ofendera a algunhas persoas, mais cancelaron estes plans cando Cobain deixou claro que non traballaría para un selo que lle obrigara a cubrir o pene, acusando a calquera que se sentira ofendido de ser un "pedófilo". A imaxe alternativa foi incluída no sinxelo de "Come as You Are".

Edición[editar | editar a fonte]

Nevermind foi publicado o 24 de setembro de 1991. As tendas de discos estadounidenses recibiron un envío inicial de 46.251 copias, mentres que 35.000 máis foron enviadas ao Reino Unido, onde Bleach tivera bastante éxito. O sinxelo principal, "Smells Like Teen Spirit", fora editado o 10 de setembro coa intención de atraer aos seareiros do rock alternativo, mentres que o seguinte, "Come as You Are", sería a canción que probablemente gañase máis atención. A banda iniciou unha pequena xira estadounidense catro días antes da data de lanzamento para promocionar o álbum. Geffen Records agardaba vender unhas 250.000 copias de Nevermind, que era o mesmo nivel que a compañía acadara coa estrea no selo de Sonic Youth, o Goo. As mellores estimacións se todos os involucrados traballaban duro eran as de acadar o disco de ouro en setembro de 1992.

O álbum estreouse na lista Billboard 200 no número 144. Geffen enviou ao redor da metade das copias iniciais para os Estados Unidos ao noroeste do país, onde se esgotaron rapidamente e non estivo dispoñible durante días. Geffen supostamente puxo en espera a produción dos seus outros discos para satisfacer a demanda na rexión. Nevermind estaba realmente vendéndose ben, pero o ritmo aumentou nos meses seguintes cando inesperadamente "Smells Like Teen Spirit" fíxose máis popular. O vídeo da canción estreouse mundialmente no programa alternativo nocturno da MTV 120 Minutes, pero fíxose tan popular que a canle comezou a emitilo durante o día. O disco gañou a certificación de ouro ao pouco tempo, aínda que a banda estaba relativamente pouco interesada no logro. Novoselic recordou, "Yeah, estaba feliz por iso. Era moi bo. Era xenial. Pero importábame unha merda un logro dese tipo. Está ben, supoño".

Cando a banda comezou a súa xira europea a principios de novembro de 1991, Nevermind entrou no Billboard Top por vez primeira acadando o número 35. Nese momento "Smells Like Teen Spirit" convertérase nun éxito e o álbum estaba vendéndose tan rápido que non xa servía ningunha das estratexias de mercadotecnia de Geffen. O presidente da discográfica, Ed Rosenblatt, díxolle a The New York Times, "Nós non fixemos nada. Era sinxelamente un deses discos de 'sal aí fora e mergúllate'". Nirvana atopouse na súa xira por Europa a finais do ano con concertos perigosamente cheos, equipos de televisión constantemente no escenario, e con "Smells Like Teen Spirit" case omnipresente na radio e na televisión musical.

Nevermind converteuse o primeiro álbum de Nirvana en acadar o número 1 o 11 de xaneiro de 1992, substituíndo a Michael Jackson do primeiro posto das listas da Billboard. Nese tempo Nevermind estaba vendendo ao redor das 300.000 por semana. "Come as You Are" foi finalmente lanzado como segundo sinxelo en marzo de 1992 acadando o número 32 da lista Billboard Hot 100. Serían publicados dous sinxelos máis do álbum, "Lithium" e "In Bloom", que acadarían os números 11 e 28 da lista británico de sinxelos respectivamente.

Nevermind foi certificado ouro e platino pola Recording Industry Association of America en novembro de 1991, e diamante en marzo de 1999. Tamén acadou o status de diamante no Canadá (1.000.000 de copias vendidas) en marzo do ano 2001, e sería dúas veces platino no Reino Unido. En 1996, Mobile Fidelity Sound Labs publicou Nevermind en vinilo como parte da súa serie ANADISQ 200, e como CD de ouro de 24 quilates (este incluía o tema "Endless, Nameless"). A versión limitada en vinilo esgotouse rapidamente, pero a edición en CD estivo dispoñible durante anos. En 2009 Original Recordings Group publicou Nevermind nunha edición limitada de vinilo azul de 180 g e nunha edición regular de vinilo negro de 180 g masterizada e cortada por Bernie Grundman a partir das cintas analóxicas orixinais.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as cancións compostas por Kurt Cobain agás as indicadas
  1. "Smells Like Teen Spirit" (Cobain/Grohl/Novoselic) (5:02)
  2. "In Bloom" (4:15)
  3. "Come as You Are" (3:39)
  4. "Breed" (3:04)
  5. "Lithium" (4:17)
  6. "Polly" (2:56)
  7. "Territorial Pissings" (2:23)
  8. "Drain You" (3:44)
  9. "Lounge Act" (2:37)
  10. "Stay Away" (3:33)
  11. "On a Plain" (3:17)
  12. "Something in the Way" (3:51)

Pista oculta[editar | editar a fonte]

  1. "Endless, Nameless" (6:48) (aparece 10 minutos despois de finalizar "Something in the Way" e non ten unha pista separada con relación a esta. A canción e o intermedio de silencio concédelle a pista 12 unha duración de 20:35)

Membros[editar | editar a fonte]

Participacións:

Posicións en listas[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

Ano Sinxelo Lista Posición
1991 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Irlanda No. 1
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Irlanda No. 7
1992 "Lithium" Lista oficial de sinxelos en Irlanda No. 5
1992 "In Bloom" Lista oficial de sinxelos en Irlanda No. 7
1991 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos no Reino Unido No. 7
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos no Reino Unido No. 9
1992 "Lithium" Lista oficial de sinxelos no Reino Unido No. 11
1992 "In Bloom" Lista oficial de sinxelos no Reino Unido No. 28
1992 "Smells Like Teen Spirit" Billboard Hot 100 No. 6
1992 "Come as You Are" Billboard Hot 100 No. 32
1992 "Lithium" Billboard Hot 100 No. 64
1992 "Smells Like Teen Spirit" Listas de Rock Mainstream (Estados Unidos) No. 7
1992 "Come as You Are" Listas de Rock Mainstream (Estados Unidos) No. 3
1992 "Lithium" Listas de Rock Mainstream (Estados Unidos) No. 16
1992 "In Bloom" Listas de Rock Mainstream (Estados Unidos) No. 5
1991" "Smells Like Teen Spirit Listas de Rock Moderno (Estados Unidos) No. 1
1992 "Come as You Are" Listas de Rock Moderno (Estados Unidos) No. 3
1992 "Lithium" Listas de Rock Moderno (Estados Unidos) No. 25
1992 "On A Plain" Listas de Rock Moderno (Estados Unidos) No. 25
1992 "Smells Like Teen Spirit" "Hot Dance Music/Club Play" (Estados Unidos) No. 14
1992 "Smells Like Teen Spirit" "Hot Dance Music/Maxi-Singles Sales" (Estados Unidos) No. 27
1991 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Suecia No .3
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Suecia No .24
1992 "In Bloom" Lista oficial de sinxelos en Suecia No. 30
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Suíza No. 6
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Suíza No. 21
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Austria No. 8
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Austria No. 28
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Italia No. 3
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Italia No. 8
1992 "Lithium" Lista oficial de sinxelos en Italia No. 16
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Australia No. 5
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Australia No. 25
1992 "Lithium" Lista oficial de sinxelos en Australia No. 53
1992 "In Bloom" Lista oficial de sinxelos en Australia No. 75
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Alemaña No. 2
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Alemaña No. 22
1991 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Holanda No. 3
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Holanda No. 14
1992 "Lithium" Lista oficial de sinxelos en Holanda No. 16
1992 "In Bloom" Lista oficial de sinxelos en Holanda No. 87
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Noruega No. 2
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Bélxica No. 1
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Bélxica No. 15
1992 "Lithium" Lista oficial de sinxelos en Bélxica No. 28
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Francia No. 1
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Francia No. 12
1991 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en España No. 1
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en España No. 16
1992 "Lithium" Lista oficial de sinxelos en España No. 13
1992 "Smells Like Teen Spirit" Lista oficial de sinxelos en Nova Zelandia No. 1
1992 "Come as You Are" Lista oficial de sinxelos en Nova Zelandia No. 3
1992 "Lithium" Lista oficial de sinxelos en Nova Zelandia No. 28
1992 "In Bloom" Lista oficial de sinxelos en Nova Zelandia No. 20

Álbum[editar | editar a fonte]

Ano Álbum Lista Posición
1992 Nevermind Billboard 200 No. 1
1991 Nevermind "Heatseekers" No. 1
1991 Nevermind Lista oficial de álbums en Finlandia No. 1
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Portugal No. 1
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Holanda No. 2
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Australia No. 2
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Suíza No. 2
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Austria No. 2
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Noruega No. 2
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Nova Zelandia No. 2
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en España No. 2
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Alemaña No. 3
1991 Nevermind Lista oficial de álbums no Reino Unido No. 7
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Hungría No. 12
1992 Nevermind Lista oficial de álbums en Suecia No. 13
1992 Nevermind Lista oficial de álbums no Xapón No. 24

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nevermind - El Mayor Espectáculo Del Mundo". Consultado o 16 de outubro de 2009. [Ligazón morta]
  2. "Comunicación enferma". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2009. 
  3. "Nirvana Chart History". Billboard. Consultado o 2020-02-15. 
  4. Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time
  5. 10 mellores álbums dos 90 segundo os lectores da Rolling Stone
  6. "Top 100 Albums of the 1990s - Page 10". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]