Franco suízo
Franco suízo | |
---|---|
Schweizer Franken, Franc suisse, Franco svizzero, Franc svizzer | |
Código: | CHF |
Ámbito: | Suíza Liechtenstein |
Símbolo: | Fr., SFr. |
Fracción: | 100 (rappen/centime) |
Moedas: | 1, 5, 10, 20 rappen 1/2, 1, 2, 5 Fr |
Billetes: | 10, 20, 50, 100, 200, 1000 Fr |
Emisor: | Banco Nacional Suízo |
Taxa de troco: 14-09-2009 | 1 EUR = 1,5118 CHF 1 USD = 1,0338 CHF |
O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio",[1] sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.
O franco (alemán: Franken, francés: franc, italiano: franco, en romanche: franc) divídese en 100 céntimos (alemán: Rappen, francés: centimes, italiano: centesimi, romanche: rap). O nome do país "Confederación Suíza" atópase escrito en latín nalgunhas moedas (Confoederatio Helvetica), do cal deriva as súas siglas ISO, para preservar a neutralidade entre as distintas comunidades lingüísticas.
Historia
[editar | editar a fonte]O franco suízo é o resultado da unión monetaria realizada entre os cantóns suízos en 1850, substituíndo as moedas cantonais e rexionais. O seu valor inicial era igual ao do franco francés. Entre 1865 e 1927 a Unión Monetaria Latina unía tamén o Franco francés, a Lira italiana, o Franco belga e o franco suízos (seguidos da Dracma gregas e a Peseta española), que podían teoricamente ser utilizados indiferentemente en cada un dos catro países.
No 1919, cando Liechtenstein aboliu a unión aduaneira coa Austria, é adoptado o franco suízo como moeda oficial no principado.
Moedas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Moedas do franco suízo.
Aquí atópase a lista das moedas actualmente en circulación:
- 10 céntimos.
- 20 céntimos.
- ½ franco (50 céntimos).
- 1 franco.
- 2 francos.
- 5 francos.
Existen moedas conmemorativas de 5, 20, 100 e 200 francos e poden ser utilizadas para transaccións comerciais, aínda que excepcionalmente. A moeda de 2 céntimos foi abolida no 1970. O Banco Nacional Suízo propuxo a abolición das moedas de 5 céntimos, posto que a súa fabricación custa 6 céntimos e non é aceptada nas máquinas automáticas.
Reverso | Anverso | Descrición |
---|---|---|
Escudo suízo coa flor da edelweiss á esquerda, xencianas (Gentiana lutea) á dereita ; Personaxe: Guillermo Tell, heroe nacional. | ||
Coroa de follas de carballo á esquerda e xencianas (Gentiana lutea) á dereitaa ; Personaxe: Helvetia, a nai patria. | ||
ídem que a peza de 2CHF | ||
ídem que a peza de 2CHF | ||
Unha coroa de xencianas (Gentiana lutea); Helvetia, vista de perfil e tendo unha coroa coa inscrición de Liberta (liberdade). | ||
Unha coroa de follas de carballo ; Personaxe: ídem que a peza de 20 céntimos | ||
Unha coroa de follas de vide e uvas ; Personaxe: ídem que a peza de 20 céntimos |
Longa duración
[editar | editar a fonte]As pezas máis vellas aínda en circulación son as de 10 céntimos, que desde 1879 se atopan en circulación e ás cales non se lles cambiou o motivo. Hoxe todas están feitas dunha aliaxe de cobre e níquel, fóra das dun céntimo (bronce) do mesmo xeito que a de 5 céntimos (bronce de aluminio).
As moedas de 50 céntimos, 1, 2 e 5 CHF eran de prata até 1968. O tamaño das moedas de 5 CHF foi reducida no 1936 despois da desvalorización do franco suízo.
Billetes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Billetes do franco suízo.
Os billetes de banco actuais teñen seis valores, no anverso amósase un persoeiro artístico do país e no reverso, en representación gráfica, un par das súas obras máis destacadas.
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
10 francos | Amarelo | 126 × 74 mm | Le Corbusier | |||
20 francos | Rosa | 137 × 74 mm | Arthur Honegger | |||
50 francos | Verde | 148 × 74 mm | Sophie Taeuber-Arp | |||
100 francos | Azul | 159 × 74 mm | Alberto Giacometti | |||
200 francos | Marrón | 170 × 74 mm | Charles Ferdinand Ramuz | |||
1.000 francos | Violeta | 181 × 74 mm | Jacob Burckhardt |
Esta serie, que entrou en circulación entre 1995 e 1998, puxo fin á anterior, que contiña un billete de 500 francos en lugar do de 200 francos. No 2005 o Banco Nacional Suízo anunciou que comezara o desenvolvemento da novena serie de billetes.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Franco suízo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fotogalería das moedas (en alemán)
- Fotogalería dos billetes (en inglés) (en alemán) (en francés) (en italiano)
- Cotización respecto ao euro (en castelán)
- Moedas de Suíza (catálogo e galería) (en inglés)
- Franco suízo - Billetes de Suíza (en inglés) (en alemán) (en francés)