Fritz Ulysse Landry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fritz Ulysse Landry
Dous deseños de Landry para a serie Vreneli
Nacemento26 de setembro de 1842
  Le Locle
Suíza Suíza
Falecemento7 de xaneiro de 1927
  Neuchâtel
Suíza Suíza
ÁreaDeseño, gravado, cuñaxe
ObrasSerie de moedas suízas de ouro coñecidas como Vreneli.
NacionalidadeSuíza
ProxenitoresUlysse Landry e Cécile Jacot
editar datos en Wikidata ]

Fritz Ulysse Landry, nado na localidade suíza de Le Locle o 26 de setembro de 1842 e finado en Neuchâtel o 7 de xaneiro de 1927, foi un medallista e deseñador de moedas suízo. Destaca principalmente por ser o autor da serie de moedas suízas de ouro coñecida como Vreneli.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moeda de 20 francos de 1897 da serie Vreneli, deseñada por Fritz Ulysse Landry

Naceu nunha familia de gravadores de Neuchâtel; era fillo de Ulysse Landry, tamén medallista, e de Cécile Jacot.[1][2][3][4]

A súa formación artística comezou xa no propio obradoiro familiar. Logo asistiu á escola en Neuchâtel e continuou a súa formación na Escola de Belas Artes de Xenebra da man do pintor Barthélemy Menn, onde se diplomou. Despois, en París, afondou no coñecemento das técnicas do gravado traballando ás ordes do gravador suízo Antoine Bovy.[1][2][3][5]

En 1869 fundou na súa localidade natal unha escola de deseño profesional (a actual Ecole des arts et métiers), onde exerceu a docencia ata 1892.[1][2][3][6]

Durante a década de 1870 foi tamén profesor de debuxo en varias escolas de ensino secundario de Neuchâtel.[1][2][3]

Foi autor do deseño de diversas moedas e medallas, así como de pequenos bronces de inspiración social.[7][8] A súa creación máis sobranceira é a moeda de ouro de 20 francos coñecida como Vreneli, cuñada entre 1897 e 1949, así como o resto dos valores que compoñen a serie (10 e 100 francos). Esta moeda presenta novidades canto á súa temática en comparación coas anteriores de Suíza, que xeralmente presentaban un carácter máis convencional.[1][2][3][9]

Anverso do tálero de tiro emitido en Zürich en 1872, deseñado por Fritz Ulysse Landry

Landry é tamén coñecido polos seus deseños das moedas de cinco francos conmemorativas dos Festivais de Tiro de Zürich, en 1872, e de Sankt Gallen, en 1874, coñecidas como "táleros de tiro".[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Fritz Ulysse Landry". En Dictionnaire Historique de la Suisse.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Landry, Fritz-Ulysse (1842-1927) Arquivado 29 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". En Schlup, M. (1996). Páxinas 233-238.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Landry, Fritz". En Forrer, L. (1907). Páxinas 289-293
  4. "Landry, Ulysse". En Forrer, L. (1907). Páxina 293.
  5. Antoine Bovy foi o gravador de diversas moedas de Suíza: Helvetia sedente (2 francos 1874), Helvetia en pé (2 francos 1874) etc.
  6. Sitio web da Ecole des arts et métiers Arquivado 21 de agosto de 2019 en Wayback Machine..
  7. Dúas medallas deseñadas por Landry. En Medals4Trade.com.
  8. "Fritz Ulysse Landry: Sic fugit tempus Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Musée d'Orsay.
  9. "Das Goldvreneli". Casa da Moeda de Suíza. Swissmint.ch.
  10. Richter, J. (2005). Páxinas 215 e 301.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]