Franck Songo'o
Franck Songo'o | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Franck Steve Songo'o | ||
Nacemento | 14 de maio de 1987 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Yaoundé | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Dianteiro e centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | retirado | ||
Carreira xuvenil | |||
–1996 | Metz | ||
1996–1997 | Salesianos | ||
1997–2001 | Orillamar SD | ||
1999 | Deportivo da Coruña | ||
2001–2005 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005 | Barcelona C | 1 | (0) |
2005–2008 | Portsmouth | 3 | (0) |
2006 | → Bournemouth (cedido) | 4 | (0) |
2007 | → Preston North End (cedido) | 6 | (0) |
2007 | → Crystal Palace (cedido) | 9 | (0) |
2008 | → Sheffield Wednesday (cedido) | 12 | (1) |
2008–2010 | Zaragoza | 31 | (1) |
2010 | → Real Sociedad (cedido) | 8 | (0) |
2010–2011 | Albacete | 6 | (0) |
2012 | Portland Timbers | 27 | (1) |
2013–2014 | Glyfada | 10 | (0) |
2014 | PAS Giannina | 4 | (0) |
Selección nacional | |||
2006 | Francia sub-19 | 2 | (0) |
2008 | Camerún sub-23 | 4 | (0) |
2008–2012 | Camerún | 3 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Franck Steve Songo'o, nado en Yaoundé o 14 de maio de 1987, é un exfutbolista camerunés. Xogaba de centrocampista e dianteiro e desenvolveu a súa carreira principalmente en España e Inglaterra. Foi internacional coa selección do Camerún.
É fillo do ex-porteiro Jacques Songo'o e irmán do centrocampista Yann Songo'o.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Fillo do gardameta camerunés Jacques Songo'o, naceu en Yaoundé, trasladándose a curta idade a Europa, tralo salto de seu pai ao fútbol francés. Comezou a xogar nas categorías inferiores do Metz, club no que militou seu pai entre 1993 e 1996, e trala fichaxe deste polo Deportivo da Coruña, a familia instalouse en Galicia.[1]
Ao pouco de chegar á Coruña, e por mediación de José Ángel Franganillo, Franck comezou a xogar de dianteiro no equipo dos Salesianos, dependente do Orillamar SD.[1] Xogou máis tarde no propio Orillamar e formou parte da selección coruñesa de fútbol 7.[2] En xuño de 1999 participou no Torneo de Brunete representando ao Deportivo da Coruña, que daquela aínda non tiña equipo alevín, e realizoun unha destacada actuación.[3] En 2001 entrou na canteira do FC Barcelona, despois de rexeitar unha oferta do Real Madrid.[4]
Portsmouth
[editar | editar a fonte]Despois de catro anos en Barcelona, e de debutar en Terceira División co FC Barcelona C, no verán de 2005 fichou polo Portsmouth inglés, co que debutou na Premier League da man do adestrador Alain Perrin o 24 de setembro fronte ao Bolton Wanderers. Ao non contar apenas con minutos, en 2006 saíu cedido ao Bournemouth, da Football League One (terceira división do fútbol inglés), e a continuación foi cedido a tres equipos da Football League Championship: o Preston North End, o Crystal Palace e o Sheffield Wednesday. O 13 de xaneiro de 2008 xogou o seu terceiro e derradeiro partido na Premier, nunha derrota por 2-0 contra o Sunderland.
Real Zaragoza
[editar | editar a fonte]En agosto de 2008 fichou polo Real Zaragoza,[5] co que disputou 26 partidos esa tempada, a maioría entrando dende o banco, e anotou un gol fronte ao Las Palmas. O equipo, adestrado por Marcelino García, logrou ese ano o ascenso á Primeira División. Debutou na máxima categoría na xornada 3 da tempada 2009/10, contra o Valladolid na Romareda, pero a falta de minutos fixo que fose cedido no mercado invernal á Real Sociedad, que estaba líder da Segunda División.[6] Disputou oito encontros co equipo vasco, adestrado por Martín Lasarte, e acabou proclamándose campión da categoría.
Últimos anos como profesional
[editar | editar a fonte]Na tempada 2010/11 fichou polo Albacete, co que xogou só seis partidos e descendeu á Segunda División B. Deixou o equipo tralo descenso e despois dun tempo adestrándose co Montañeros da Coruña, realizou unha proba co Portland Timbers da MLS, co que asinou finalmente un contrato.[7][8] Xogou un ano no equipo estadounidense, disputando 27 encontros, marcando un gol e repartindo cinco asistencias.[9]
Despois dun breve paso polo Glyfada, da segunda división grega, fichou en decembro de 2013 polo PAS Giannina, da Superliga de Grecia, onde pouco despois puxo fin á súa carreira como futbolista profesional.[10] Fóra do fútbol dirixiu na Coruña negocios postos en marcha por seu pai.[11]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección francesa sub-19 e en 2008 pediu á FIFA un cambio de selección, para poder representar ao Camerún nos Xogos Olímpicos de 2008. A solicitude foi aceptada e Songo'o participou na cita olímpica, tendo como compañeiros entre outros a Mbia, Song e Nkoulou. Disputou os catro partidos do seu equipo, que caeu eliminado en oitavos de final contra o Brasil, grazas a dous goles na prórroga de Sóbis e Marcelo.[12]
Debutou coa selección absoluta do Camerún en setembro de 2008, nun partido de clasificación para o Mundial de 2010 contra Cabo Verde, e sumou un total de tres internacionalidades.[13]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Real Sociedad
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Cuando el fútbol está en la sangre". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de novembro de 1996. p. 54.
- ↑ "El delantero Songo’o". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xaneiro de 1998. p. 59.
- ↑ "Franck Songo'o brilla en el Torneo de Brunete". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xuño de 1999. p. 34.
- ↑ "Frank Songo’o, al Barça". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2001. p. 35.
- ↑ "El camerunés de acento coruñés aterriza en Zaragoza". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de agosto de 2008. p. 32.
- ↑ "Frank Songo'o llega cedido a la Real Sociedad". El Diario Vasco (en castelán). 22 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "Franck Songo'o tries to earn spot on Portland Timbers' roster" (en inglés). 13 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "Franck Songo'o, Timbers vs. Dynamo preseason, 2.15.12" (en inglés). 15 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "Timbers waive midfielder Franck Songo'o, defender Chris Taylor" (en inglés). 27 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "OFICIAL: PAS Giannina, se incorpora Franck Songo'o" (en castelán). 31 de decembro de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "El ex deportivista Songo´o pone sus negocios en manos de su hijo" (en castelán). 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "Brasil - Camerún nos Xogos Olímpicos de 2008". FIFA (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "Camerún - Cabo Verde 2008". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en news.bbc.co.ukArquivado 07 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en Yaoundé
- Nados en 1987
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas olímpicos do Camerún
- Xogadores do FC Barcelona C
- Xogadores do Portsmouth FC
- Xogadores do AFC Bournemouth
- Xogadores do Preston North End FC
- Xogadores do Crystal Palace FC
- Xogadores do Sheffield Wednesday FC
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores da Real Sociedad
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores do PAS Giannina FC
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Xogadores da selección de fútbol do Camerún