Eduardo Gutiérrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eduardo Gutiérrez Fernández, nado en Ribadeo o 3 de febreiro de 1948, é un político e ensaísta galego.

Biografía política[editar | editar a fonte]

É profesor de historia e historiador. Militante do BNG, foi concelleiro en Ribadeo dende 1983. Foi ademais alcalde entre 1987 e 1995. Despois de ser deputado provincial (1995-1997) e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición de Lugo (1997-2005) sempre polo BNG, a raíz da sucesión de Xosé Manuel Beiras Torrado por Anxo Quintana na cabeza do BNG, abandonou esta formación. En 2010 anunciou a súa candidatura á alcaldía de Ribadeo encabezando a lista do PSdeG-PSOE[1].

O 30 de maio de 2016 o pleno extraordinario do concello concedeulle por unanimidade o título de cronista oficial de Ribadeo, recibido en acto celebrado o 23 de xullo[2].


Predecesor:
José Luis Trashorras Méndez
 Ribadeo.svg
alcalde de Ribadeo
 
1987 - 1995
Sucesor:
José Carlos Rodríguez Andina

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A lingua é o noso escudo, 1978, Escola Aberta.
  • Introducción ao Sempre en Galiza, 1986, Edicións do Castro.
  • Alexandre Bóveda en A Nosa Terra, 1988, Asociación Cultural Alexandre Bóveda. 2ª edición publicada en Laiovento no 2003.
  • Do vello Ribadeo, 2005, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Ribadeo.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de Ensaio da Asociación Cultural Alexandre Bóveda no 1987, por Alexandre Bóveda en A Nosa Terra.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]