Galicia (1930)

Galicia foi un periódico editado en Buenos Aires pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales entre 1930 e 1960. O seu fundador e primeiro director foi Antón Alonso Ríos.
Nos anos 1943 e 1944, por problemas políticos, tivo que cambiar a súa cabeceira e pasou a denominarse Boletín de las Sociedades Gallegas Federadas e Acción Gallega.
Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas. Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas, apareceu en 1930, para substituír a El Despertar Gallego. Levaba como lema Falareilles da patria aos desterrados, de libertade e redención aos servos. Curros Enríquez. De periodicidade irregular, saía semanal ou quincenalmente. Tivo como directores a Domingo Cubeiro, Eduardo Blanco Amor, Arturo Cuadrado e Avelino Díaz. Tivo especial atención á situación española, con informacións e comentarios faborables á República. Despois da guerra civil española, mantivo a oposición á política franquista. Recolle información das actividades da Federación e das sociedades que a integran, noticias de Galicia e da situación dos emigrantes. Inclúe artigos literarios e culturais, xeralmente na última páxina.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alonso Montero, Xesús (1997). Os poetas galegos e Franco. Ediciones Akal. ISBN 978-84-460-0839-2.
- Peña Saavedra, V. (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 84-87172-30-X.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega: 1800 - 1986. Sada: Ediciós do Castro.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 219-220. ISBN 84-8288-365-8.