Celestino Pérez Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Celestino Pérez Andrade
 Cedeira
Falecemento1929
 Ribadeo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
FillosLino Pérez
editar datos en Wikidata ]

Celestino Pérez Andrade, nado en Cedeira e finado en Ribadeo en 1929,[1] foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundador e director de La Voz del Pueblo desde onde realizou campañas anticaciquís e sostivo polémicas sobre relixión e clericalismo coas autoridades eclesiásticas do bispado de Mondoñedo. Tomou parte como orador na campaña de propaganda republicano-socialista por Galicia e Asturias con Virginia González Llaneza e Pérez Agua. Colaborou co seu xenro Francisco Lanza en La Comarca escribindo artigos baixo os pseudónimos El Montañés ou Un labrador gallego. Foi desterrado de Ribadeo. Procesado por inxurias e calumnias a un funcionario público en 1913,[2][3] Foi un dos promotores da Casa del Pueblo de Ribadeo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ramona Fernández Soto e foi pai de Lino Pérez Fernández e Rosa Pérez Fernández, que casou con Francisco Lanza Álvarez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Correo de Galicia, 20-10-1929, p. 2.
  2. La Voz de la Verdad, 2-10-1913, p. 2.
  3. El Norte de Galicia, 30-10-1914, p. 3.