Saltar ao contido

Camilo Cancio Quindós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCamilo Cancio Quindós
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1884 Editar o valor en Wikidata
Vilaseca, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 1918 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 343964

Camilo Cancio Quindós, que asinaba como Camilo C. Quindós, nado en Vilaseca (Negueira, Negueira de Muñiz) o 6 de xaneiro de 1884 e finado en Vigo o 20 de maio de 1918, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse en Navia, colaborou en Las Riberas del Eo. Fixo o servizo militar en Ferrol, publicou poemas e artigos en El Correo Gallego. Instalouse en Ribadeo en 1907, participou na fundación do Ateneo e colaborou con Francisco Lanza e Celestino Pérez Andrade en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil.[1] Estivo en Madrid, onde frecuentou os círculos literarios. Pasou unha tempada na Arxentina. Posteriormente regresou a España e ingresou no corpo de Policía.[2] Colaborou en Galicia e Suevia. Deixou inéditas e en preparación varias obras.

  • La musa loca, 1910.
  • Flor de mi senda, 1912.
  • Alborear, 1914.[3]
  • Abrazo que redime. Diálogo representable, en verso, para niños, 1913.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]