Fractura de Chauffeur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fractura de Chauffeur é un tipo de fractura do antebrazo, en concreto da apófise estiloide radial, no radio. A causa desta fractura é, polo xeral, a compresión do óso escafoide da man contra a apófise estiloide do radio. Pode ser causada por unha caída coas mans apoiadas. O tratamento desta fractura adoita ser a redución aberta e a fixación interna mediante osteosíntese, o cal é un proceso cirúrxico no que se aliñan os fragmentos e se fixan mediante cravos ou placas[1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Greenspan, A: Orthopaedic Imaging: A Practical Approach, page 170. Edition 4, 2004, Lippincott Williams and Wilkins. ISBN 0-7817-5006-7