Fractura de cúbito e radio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cúbito e radio.

A fractura de cúbito e radio é, como o seu propio nome indica, a fractura de ámbolos dous ósos do antebrazo, o cúbito me mais o radio. É bastante frecuente en nenos. Pode ser ocasionada por un traumatismo directo, unha caída ou un accidente deportivo, ou un traumatismo indirecto. Nos adultos é máis infrecuente, e adoitan estar provocadas por accidentes de tránsito.

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento adoita ser ortopédico en nenos, a non ser que a fractura se atope desprazada. Ás veces pode ser imposible a redución e pode ser necesaria unha manobra de Lambotte. En adultos o tratamento é sempre cirúrxico mediante unha placa de osteosíntese. En fracturas abertas, porén, han de empregarse fixadores externos en lugar de osteosíntese. Neste tipo de fracturas poden aparecer complicacións do tratamento. A máis habitual é a pseudoartrose. Tamén son frecuentes a infección da ferida, a limitación da mobilidade (a pronosupinación queda limitada ao estaren afectados cúbito e radio), a sinostose radiocubital e a síndrome compartimental.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]