Saltar ao contido

Fractura de Galeazzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fractura de Galeazzi é un tipo especial de fractura do antebrazo, caracterizada por unha rotura da diáfise radial e unha luxación na articulación radiocubital distal. A lesión produce unha disrupción ao nivel da articulación da man. A fractura de Galeazzi representa entre o 3 e o 7% do total de fracturas da man. Son máis frecuentes en homes que en mulleres, e a lesión adoita estar asociada a caídas co brazo e a man en hiperextensión[1].

A fractura de Galeazzi chámase deste xeito na honra do cirurxián italiano Ricardo Galeazzi (1866-1962) do instituto de Rachitici en Milán, quen descubriu a lesión no ano 1934. Porén, esta lesión foi descrita por vez primeira en 1842 por Cooper.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]