Filgueira, Castro, Cerdedo-Cotobade
Filgueira | |
---|---|
![]() Eira da Ermida. | |
Parroquia | Castro |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°33′56″N 8°25′01″O / 42.565472222222, -8.4170277777778 |
Poboación | 37 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Filgueira é un lugar da parroquia de Castro no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 33 habitantes (15 homes e 18 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O fitónimo galego Filgueira (do latín FĬLĬCARIA, derivado de FĬLIX, -ĬCIS)[1][2] refírese a un lugar abondoso en fentos. A súa orixe dáse entre o século X e XIII.[3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Destaca polas mostras de arquitectura popular que se poden atopar en tódalas casas. Están construídas con muros de cachotaría e perpiaño de granito e cubertas de tella, aínda que nalgúns casos mantense o sistema de cuberta máis tradicional da zona, a base de laxes superpostas. Moitas das casas constan dunha planta baixa e un primeiro piso, en moitos casos con balcóns e solainas.
A Eira da Ermida é un eirado composto por un conxunto de 12 hórreos que se atopa xunto á capela da Virxe dos Remedios, queimada en 1809 polas tropas de Napoleón durante a guerra da Independencia Española.
Filgueira é terra de moitos ferreiros e fiadeiros e sobre todo destacan famosos canteiros, como Domingo Matías e Tomás Penelas.
O día grande celébrase o 8 de setembro, na honra da Virxe dos Remedios.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Castro no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 260. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 203. Ed. Xerais, Vigo 1992.
- ↑ Landín Carrasco, A. (1995). Notas de toponimia gallega. Pontevedra: Museo de Pontevedra. T. XLIX. pp. 499–539.
- ↑ Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.