Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°25′17″N 08°27′21″O / 42.42139, -8.45583

Aguasantas
IgrexaAguasantas.jpg
Igrexa de Santa María de Aguasantas.
Concello Cerdedo-Cotobade
Área 18,7 km²
Poboación 326 hab. (2010)
Densidade 17,43 hab./km²
Entidades de poboación 28

Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico. No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro[1].

Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.

Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Aguasantas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Aguasantas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Agualta | O Barazal | As Boliñas | Calvelle | O Campo | O Campodanta | A Casa Grande | O Casal | O Castro | Ceraxe | O Coto | A Coutada | A Coviña | O Cristil | Famelga | O Fental | A Godela | O Igrexario | Martín | A Pena | Penelas | Peroselo | A Portela | Portomarín | O Regueiro | Sucastro | Trasdonabal | O Trebello

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fraguas Fraguas, A.: "Nosa Señora de Aguasantas en Cotobade", en Romarías e santuarios (1988).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]