Pedre, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°31′48″N 08°26′06″O / 42.53000, -8.43500

Pedre
Sanestevodepedre.jpg
Igrexa de Santo Estevo de Pedre.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área4,3 km²
Poboación157 hab. (2017)
Densidade36,51 hab./km²
Entidades de poboación3

Santo Estevo de Pedre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o INE, en 2010 tiña 215 habitantes (115 mulleres e 105 homes), 5 máis ca o ano anterior e 24 máis ca en 2005.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Capela de San Lourenzo en Serrapio.

Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.

A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un relevo de estilo gótico que data dos séculos XV e XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos, que probablemente estaba situado na fachada da igrexa.

No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.

Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte romana, formada por tres arcos.

Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.

En Vichocuntín hai unha ponte romana, composta por un so arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, obra dos canteiros da terra. Tamén hai un peto de ánimas cun cruceiro.

En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pedre[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pedre no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Pedre | Serrapio | Vichocuntín

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]