Ferenc Plattkó
Nome orixinal | (hu) Franz Platko | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 2 de decembro de 1898 Budapest, Hungría | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 2 de setembro de 1982 (83 anos) Santiago de Chile | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Károly Plattkó István Plattkó |
Ferenc Plattkó, nado en Budapest o 2 de decembro de 1898 e finado en Santiago de Chile o 2 de setembro de 1983,[1] tamén coñecido como Ferenc Platko ou Francisco Platko, foi un futbolista e adestrador húngaro de orixe austríaca. Durante as décadas de 1910 e 1920 xogou como porteiro en varios equipos húngaros, austríacos, serbios e españois, sendo o FC Barcelona o equipo no que máis anos militou. Foi 6 veces internacional coa selección húngara entre 1917 e 1923.[2]
Posteriormente traballou como adestrador en Europa e América do Sur, destacando o seu paso polos bancos do FC Barcelona, do Colo-Colo, do River Plate, do Boca Juniors e da selección chilena. Foi unha das primeiras lendas do FC Barcelona e foi compañeiro de equipo de Paulino Alcántara, Josep Samitier e Sagibarba. A súa valentía como porteiro foi inmortalizada por Rafael Alberti no poema Oda A Platko. Despois de retirarse como xogador volveu ao club como adestrador en dúas ocasións (1934–35, 1955–56), aínda que os seus maiores éxitos como técnico logrounos en Chile, gañando tres veces o campionato chileno á fronte do Colo-Colo.
Era irmán dos tamén adestradores István Plattkó e Károly Plattkó.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa carreira como gardameta de fútbol na súa Budapest natal, xogando no Vasas SC entre 1917 e 1920. Despois dun breve paso polo Wiener AF de Viena, volveu ao Vasas, onde xogou unha tempada máis. Entre 1917 e 1923, foi seis veces internacional con selección de Hungría, Na tempada 1921/22 foi adestrador e porteiro do KAFK Kula da cidade serbia de Kula onde gañou o campionato da subasociación Subotica obtendo o ascenso á Segunda División do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. En 1922 o MTK xogou dous amigables contra o FC Barcelona, rematando ambos con empate a 0-0. O FC Barcelona, impresionado con Plattkó, ofreceulle un contrato.
Barcelona
[editar | editar a fonte]Chegou ao FC Barcelona como substituto do mítico Ricardo Zamora, pero pronto se consolidou como unha lenda por dereito propio. Militou sete anos no FC Barcelona entre 1923 e 1930. Durante ese tempo gañou seis Campionatos de Cataluña, tres Copas do Rei e o primeiro título de liga da historia.[3] O momento máis lembrado da súa carreira foi a final da Copa do Rei de 1928. O FC Barcelona enfrontábase á Real Sociedad en Santander, e Plattkó sufriu un choque contra uns xogadores da Real, quedando sen sentido e coa cabeza ensanguentada. Sacado do campo, reapareceu minutos despois, coa cabeza vendada, e aínda que recibiu novos golpes, conseguiu acabar o partido, sendo ovacionado polos seareiros.[3] O poeta Rafael Alberti quedou tan impresionado coa súa valentía, que uns días despois escribiu un poema na súa honra titulado Oda a Platko.[4] Tamén se encontraba na bancada Carlos Gardel, que incluíu unha mención a Plattkó no seu tango "Patadura".[3]
Deixou o Barcelona en 1930 e rematou a súa carreira como xogador no Recreativo de Huelva, en 1931.
Selección húngara
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección húngara o 15 de xullo de 1917, nunha vitoria por 1-4 sobre a selección austríaca en Viena, compartindo equipo con xogadores como Schaffer ou Schlosser. Disputou un total de 6 partidos con Hungría, sendo o derradeiro deles unha goleada por 1-6 contra Suíza o 11 de marzo de 1923.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Inicios en Europa
[editar | editar a fonte]Trala súa retirada, axiña comezou a súa carreira como adestrador, traballando en Francia co FC Mulhouse e o Racing Club de Roubaix, antes de regresar ao FC Barcelona como adestrador para a tempada 1934/35. A pesar de guiar ao club a outro Campionato de Cataluña, só puido ser sexto na liga española, e para a tempada seguinte foi substituído polo irlandés Patrick O'Connell.
A continuación pasou por equipos de diferentes países europeos, e tivo un breve paso pola selección olímpica dos Estados Unidos. Adestrou o Académico do Porto en Portugal e o Venus București, co que conquistou a liga romanesa na tempada 1936/37. Tamén en Romanía, dirixiu o Dacia Unirea e o Gloria Galați, e máis tarde o Cracovia polaco.
América do Sur
[editar | editar a fonte]En 1939 emigrou a América do Sur, onde se acabou consolidando como adestrador. En 1939 comezou a primeira das súas tres etapas no Colo-Colo, guiando o equipo a gañar o Campionato de Chile, o segundo da historia do club. En 1940 dirixiu ao River Plate na Arxentina antes de regresar ao Colo-Colo en 1941, gañando un novo Campionato de Chile. En 1941 fíxose cargo da selección chilena, á que dirixiu tanto no Campionato Suramericano de 1942 como no de 1945,[5] acadando no segundo deles o terceiro posto, só por detrás da Arxentina e o Brasil.[6] Durante esa época tamén adestrou outros dous clubs chilenos, o Magallanes e o Santiago Wanderers. En 1949 pasou polo banco do Boca Juniors e en 1953 volveu a Colo-Colo por terceira vez, gañando o seu terceiro Campionato de Chile. Dirixiu á selección chilena noutras dúas etapas máis, en 1950 e 1953.
Regreso ao Barcelona
[editar | editar a fonte]Para a tempada 1955/56 regresou ao FC Barcelona. Liderado no campo por Ladislao Kubala e Luis Suárez, o Barcelona gañou 10 partidos consecutivos de Liga, récord que o club non volveu superar ata medio século despois, cando o conseguiu Frank Rijkaard en 2005. A pesar desta marca, o CF Barcelona só puido ser segundo na Liga por detrás do Athletic de Bilbao. Na tempada seguinte, despois dunha derrota por 1-3 contra o Espanyol nos cuartos de final da Copa, o club rompeu o seu contrato e foi substituído por Josep Samitier.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Despois duns anos no Brasil como observador de xogadores. regresou a Chile, onde en 1965 asumiu o posto de adestrador do San Luis de Quillota, da rexión de Valparaíso, na primeira división, onde puxo fin definitivamente á súa carreira. Faleceu en Santiago de Chile o 2 de setembro de 1983.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Tivo dous irmáns, István Plattkó e Károly Plattkó, que o seguiron a España, onde se consolidaron como adestradores. István adestrou, entre outros, ao Real Valladolid, Granada CF e RCD Mallorca, mentres que Károly pasou tamén polo Valladolid, Celta de Vigo, Girona e Sporting de Gijón.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]- FC Barcelona
- Primeira División de España (1): 1928/29.
- Copa do Rei (3): 1925, 1926, 1928.
- Campionato de Cataluña (6): 1923/24, 1924/25, 1925/26, 1926/27, 1927/28, 1929/30.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]- FC Barcelona
- Campionato de Cataluña (1): 1934/35.
- Venus București
- Liga I (1): 1936/37.
- Colo-Colo
- Primeira División de Chile (3): 1939, 1941, 1953.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nolla Durán, Jaume (3 de setembro de 1983). "Platko: Adiós al "oso rubio"". Mundo Deportivo (en castelán). p. 4. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ Ferenc Plattkó at EU-Football.info
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Amorós, Andrés (28 de novembro de 2011). "Platko. El oso rubio de Hungría". ABC (en castelán). p. 66. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ "Oda a Platko". laredcantabra.com (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ "Campionato suramericano de 1942". rsssf.com (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ "Campionato suramericano de 1945". rsssf.com (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dénes, Tamás; Sándor, Mihály; Bába, Éva B. (2014). A magyar labdarúgás története I.: Amatorök és álamatorök (1897–1926) (en húngaro). Campus Kiadó. ISBN 978-963-9822-11-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador no sitio web do FC Barcelona (en inglés).
- Datos do adestrador coa selección chilena (en inglés).
- Nados en 1898
- Nados en Budapest
- Finados en 1983
- Futbolistas de Hungría
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do MTK Budapest FC
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores da selección de fútbol de Hungría
- Adestradores de fútbol de Hungría
- Adestradores do FC Barcelona
- Adestradores do CA Boca Juniors
- Adestradores da selección de fútbol de Chile
- Adestradores do CA River Plate
- Adestradores do Club Social y Deportivo Colo Colo