Frederico III do Sacro Imperio Romano Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederico III
Sacro Emperador Romano; Arquiduque de Austria
Retrato por Hans Burgkmair, sobre 1500. (Kunsthistorisches Museum, Viena)
Rei dos Xermanos (Rei de romanos)
2 de febreiro de 1440 – 19 de agosto de 1493
PredecesorAlberte II de Alemaña
SucesorMaximiliano I de Habsburgo
Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Coroación19 de marzo de 1452
PredecesorSexismundo do Sacro Imperio Romano Xermánico
SucesorMaximiliano I de Habsburgo

Coroación17 de xuño de 1442
Nacemento21 de setembro de 1415
Innsbruck, Tirol
Falecemento1493
Linz, Austria
SepulturaCatedral de Santo Estevo, Viena
Cónxuxe/sEleonor de Portugal
DescendenciaMaximiliano I de Habsburgo
Cunigunda de Austria
ProxenitoresErnesto, Duque de Austria
Cymburgis de Masovia

Na rede
WikiTree: Habsburg-5 Find a Grave: 6532871 Editar o valor em Wikidata

Ferderico III de Habsburgo, Frederico V de Austria ou Frederico do Tirol, nado en Innsbruck o 21 de setembro de 1415 e finado en Linz o 19 de agosto de 1493, alcumado "o do Beizo Groso", foi Emperador do Sacro Imperio Romano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o terceiro fillo de Ernesto I, o León (1377-1424), Duque de Carniola e duque de Austria en 1406 e Duque de Estiria ou Steiermark e Duque de Carintia en 1411. Conde de Habsburgo, do Tirol, de Ferrete, de Kyburg, Landgrave da Alta Alsacia, Arquiduque en 1414. Ernesto I casou en 1392 con Margarida, enviuvando en 1410; era filla de Bogislas V, Duque de Pomerania. Casou entón en febreiro de 1412 con Zimburga, tamén chamada Gymburge, Cymbarka, Cymburge ou Cimburgis de Masovia, nacida en Varsovia, máis ou menos en 1394 e morta en 1492. Era filla de Ziemovit IV Piast, Duque de Masovia, e deulle nove fillos.

Títulos[editar | editar a fonte]

Duque de Estiria, Carintia, Carniola, Ferrette e Tirol, Landgrave da Alta Alsacia en 1427, Duque de Austria, que erixiu en Arquiducado en 1453. Rei de romanos en 1439, despois SIR en 1452. En 1457 conde de Habsburgo.