Exarcado apostólico católico bielorruso de Belarús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaExarcado apostólico católico bielorruso de Belarús

Localización

O exarcado apostólico de Belarús foi un exarcado apostólico da Igrexa Católica Belarusa estabelecido en 1940, baixo xurisdición do arcebispo de Lviv dos ucraínos.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1907 o Metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi obtivera do papa Pío X permiso para organizar a estrutura e a xerarquía da Igrexa Grecocatólica nos territorios de Rusia.[1] Este privilexio lle sería confirmado polos seus sucesores Bieito XV e Pío XI.[2]

En base a este privilexio, en setembro de 1939, logo da invasión de Belarús Occidental (entón parte de Polonia) pola Unión Soviética, e pola extensión da influencia ortodoxa nas áreas baixo dominio soviético, o sínodo grecocatólico ucraíno decidiu nomear 3 exarcas encargados de crear a estrutura eclesial na URSS, que se sumarían a Klymentii Sheptytskyi: Yosyf Slipyi (Ucraína), Anton Niemancevič (Belarús) e Mykolai Charnetskyi (Volinia, Polesia e Podlasia).[1][3] Inicialmente, de xeito temporal, o exarcado de Belarús foi confiado a Charnetskyi, até que Niemancevič foi nomeado exarca o 17 de setembro de 1940.[4]

O exarcado apostólico, porén, deixou na práctica de existir cando o seu exarca Anton Niemancevič foi arrestado pola Gestapo o 4 de xullo de 1942. Aínda que de curta duración, a importancia desta xurisdición reside en que foi a primeira vez, dende a abolición forzosa da Unión de Brest en 1839,[5] na que os fieis grecocatólicos belarusos recibiron unha circunscrición eclesiástica propia, independente da dos bispos latinos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Christopher Lawrence Zugger (2001). The Forgotten: Catholics of the Soviet Empire from Lenin Through Stalin (en inglés). Syracuse University Press. p. 296. ISBN 9780815606796. 
  2. Ukrainian Congress Committee of America (1985). The Ukrainian Quarterly 41. Ukrainian Congress Committee of America. p. 62.  (en inglés).
  3. Klym Dmytruk (1981). Swastika on Soutanes. Politvydav Ukrainy. p. 26. 
  4. Bociurkiw, Bohdan R. (1996). The Ukrainian Greek Catholic Church and the Soviet State (1939-1950). Canadian Institute of Ukrainian Studies Press. p. 46. ISBN 9781895571127. 
  5. Silitski, Vitali; Zaprudnik, Jan (2010). Scarecrow Press, ed. The A to Z of Belarus. p. 74. ISBN 9781461731740. 
  6. Nadsan, Aliaksandr (1999). "The Belarusian Greek Catholic (Uniate) Church: A Short History". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]