Anton Niemancevič

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Антон Неманцэвіч
Anton Niemancevič
Exarca apostólico da Igrexa Católica Bizantina Belarusa
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1893 en San Petersburgo
Pasamento6 de xaneiro de 1943 en Minsk
Ordes
Ordenación sacerdotal1915
Orde relixiosaCompañía de Xesús (dende o 1929)
Exarca de Belarús
1940 - 1943

Anton Niemancevič[1] (en belaruso Антон Неманцэвіч), de pseudónimo Zlučeniec (Злучэнец), nado o 8 de febreiro de 1893 en San Petersburgo[2] e finado o 6 de xaneiro de 1943 en Minsk,[3] foi un sacerdote e xesuíta belaruso, Doutor en Teoloxía e exarca apostólico da Igrexa Católica Bizantina Belarusa entre 1940 e 1943.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 8 de febreiro de 1893 en San Peterburgo[4] nunha familia procedente da provincia de Sokulka, entón na gobernación de Grodno; e estudou na escola local até 1909, cando se graduou. Pasou entón ao seminario católico de San Petersburgo,[5] e posteriormente á Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo, xerme da Universidade Católica de Lublin, onde se graduou en Teoloxía en 1918.[4] Foi ordenado sacerdote o 27 de setembro de 1915,[4][5] e comezou o seu traballo pastoral en Kolpino, preto de San Petersburgo.[5]

Logo da primeira guerra mundial foi perseguido pola súa actividade pastoral en Rusia. En 1919 foi arrestado polos soviéticos por primeira vez, e novamente en 1921 e enviado a prisión, saíndo da cadea o 1 de febreiro de 1925 nun intercambio de prisioneiros con Polonia.[4][5] Marchou a Roma, onde entre 1925 e 1927 fixo o doutoramento no Pontificio Instituto Oriental.[4][5] En 1928 foi profesor na Universidade Católica de Lublin, e en 1929 cambiou do rito romano ao rito bizantino e entrou nos xesuítas en Slonim.[4]

Como xesuíta traballou nas actividades da Igrexa Grecocatólica en Polonia. Entre 1932 e 1939 foi editor das revistas eclesiásticas Da Zlučeńnia e Zlučeńnie, que promovía o rexurdimento da conciencia nacional entre os belarusos. Dende 1929 exerceu tamén de párroco grecocatólico en Slonim, e en 1933 pasou a ser párroco en Synkavičy e profesor de teoloxía pastoral no seminario pontificio oriental en Dubno.[4]

En 1939 logo da campaña de setembro, o Kresy quedou incorporado á Unión Soviética, e a Igrexa Católica Bizantina Belarusa quedou sen dirixentes logo de que o exarca de Volinia, Podlasia e Polesia, Mykolai Charnetskyi, fora expulsado polos soviéticos xunto co resto dos redentoristas de Volinia. O 17 de setembro de 1940 Niemancevič foi nomeado exarca de Belarús polo arcebispo de Lviv Andrei Sheptytskyi.[4][5][6] A finais de 1941 recibiu a aprobación papal á súa misión,[4] e isto lle permitiu retomar brevemente as actividades da Igrexa Grecocatólica nos territorios de Belarús baixo ocupación alemá.

O 4 de xullo de 1942 Anton Niemancevič foi arrestado pola Gestapo na súa residencia en Albertina e levado a Minsk.[4] Morreu o 6 de xaneiro de 1943 como mártir na prisión das SD en Berlín, segundo o investigador polaco Roman Dzwonkowski,[4] mais anteriormente pensábase que finara en Minsk a finais de 1942, pouco despois da súa detención.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén aparece como Antoni Niemancewicz, Anton Nemantsevich, Anthony Niemantsevich.
  2. Usošyn, Jaŭhien; Hajek, Siarhiej. "Экзарх Антон Неманцэвіч: Верны Сьведка Евангельля (Ekzarch Anton Niemancevič: Vierny Śviedka Jevanhieĺlia)" (PDF). Roczniki Teologiczne. LIII-LIV (7 (2006-2007)): 155. ISSN 1233-1457.  Cita como referencia Garbiński, Jerzy; Turonek, Jerzy (2003). Białoruski ruch chrześcijański XX wieku: słownik biograficzno-bibliograficzny (en polaco). Slawistyczny Ośrodek Wydawniczy. p. 276. ISBN 9788386619948. 
  3. Usošyn: Ekzarch Anton Niemancevič [...], p. 153.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 Fede e martirio: le Chiese orientali cattoliche nell'Europa del Novecento: atti del Convegno di storia ecclesiastica contemporanea (Città del Vaticano, 22-24 ottobre 1998) (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2003. pp. 58–59. ISBN 9788820927837. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Чаплицкий (Chaplitskiy, Czaplicki), Бронислав (Bronislav, Bronisław); Осипова (Osipova), Ирина Ивановна (Irina Ivanovna) (2000). Книга памяти: мартиролог Католической церкви в СССР (Kniga pamiati: martirolog Katolicheskoi tserkvi v SSSR) (en ruso). Серебряные нити (Serebrianye niti). 
  6. Christopher Lawrence Zugger (2001). The Forgotten: Catholics of the Soviet Empire from Lenin Through Stalin (en inglés). Syracuse University Press. p. 296. ISBN 9780815606796. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]