Exarcado apostólico católico ucraíno de Volinia, Polesia e Podlasia
Exarcado apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia | |
---|---|
—Suprimido en 1944/1945— | |
Datos xerais | |
Erixida | 1931 |
Territorios | Volinia, Polesia, Podlasia |
O exarcado apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia foi un exarcado apostólico da Igrexa Católica Ucraína estabelecido en 1931.
Historia[editar | editar a fonte]
Xa en 1907 o Metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi obtivera do papa Pío X permiso para organizar a estrutura e a xerarquía da Igrexa Grecocatólica nos territorios de Rusia.[1] Este privilexio lle sería confirmado polos seus sucesores Bieito XV e Pío XI.[2]
En base a este privilexio, en setembro de 1939, logo da invasión de Polonia por Alemaña e a Unión Soviética, e pola extensión da influencia ortodoxa nas áreas baixo dominio soviético, o sínodo grecocatólico ucraíno decidiu nomear 3 exarcas encargados de crear a estrutura eclesial na URSS, que se sumarían a Klymentii Sheptytskyi, exarca de Rusia e Siberia: Yosyf Slipyi (Ucraína), Anton Niemancevič (Belarús) e Mykolai Charnetskyi (Volinia, Polesia e Podlasia).[1][3]
O exarcado deixou na práctica de existir cando o seu exarca Mykolai Charnetskyi foi arrestado pola NKVD soviética o 11 de abril de 1945, logo da Segunda Guerra Mundial.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Christopher Lawrence Zugger (2001). Syracuse University Press, ed. The Forgotten: Catholics of the Soviet Empire from Lenin Through Stalin (en inglés). p. 296. ISBN 9780815606796.
- ↑ Ukrainian Congress Committee of America (1985). Ukrainian Congress Committee of America, ed. The Ukrainian Quarterly 41. p. 62. (en inglés).
- ↑ Klym Dmytruk (1981). Politvydav Ukrainy, ed. Swastika on Soutanes. p. 26.
- ↑ Volodymyr Kubiiovych, Naukove tovarystvo imeni Shevchenka (edición) (1971). Ukrainian National Association, University of Toronto Press, ed. Ukraine: a concise encyclopaedia 2. p. 194. (en inglés).