Exarcado apostólico católico ruso de Rusia
Exarcado apostólico de Russia Exarchatus Apostolicus Russiae | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Erixida | 1917 |
Localización | Rusia |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa Católica Bizantina Rusa |
Ritos | Bizantino |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Exarca apostólico | sé vacante |
O exarcado apostólico de Rusia (en latín: Exarchatus Apostolicus Russiae) é unha das dúas sés da Igrexa Católica Bizantina Rusa inmediatamente suxeita á Santa Sé. A sé actualmente está vacante.
Territorio[editar | editar a fonte]
O exarcado ten xurisdición sobre todos os católicos de rito bizantino en Rusia. Existen dúas parroquias en Moscova, unha en San Petersburgo, unha en Omsk e unha en Nizhnevartovsk.
Historia[editar | editar a fonte]
O exarcado apostólico foi erixido en 1917.[1] Os seus dous exarcas sufriron o martirio e foron beatificados o 27 de xuño de 2001 polo papa Xoán Paulo II en Lviv.[2]
O 20 de decembro de 2004 a Congregación para as Igrexas Orientais nomeou o bispo latino de Novosibirsk, Joseph Werth, ordinario para os católicos de rito oriental en Rusia.
Hoxe en día existen en Rusia arredor de 30 comunidades de católicos orientais.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- B. Leonid Fedorov (28 de maio de 1917 - 7 de marzo de 1935, finado)
- Sé vacante (1935 - 1939)
- B. Klymentii Sheptytskyi (17 de setembro de 1939 - 1 de maio de 1951, finado)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Osipova, Irina Ivanovna. Hide Me Within Thy Wounds: The Persecution of the Catholic Church in the USSR. p. 71. ISBN 9781891193385.
- ↑ "Mykola Carneckyj e 24 compagni". Congregazione delle Cause dei Santi (en italiano). Consultado o 26/03/2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |