Arquieparquía católica ucraína de Curitiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquieparquía de San Xoán Bautista de Curitiba dos ucraínos
Archieparchia Sancti Ioannis Baptistae Curitibensis Ucrainorum
Datos xerais
Erixida30 de maio de 1962
LocalizaciónBrasil
SufragáneasInmaculada Concepción de Prudentópolis
Estatísticas
Poboación
- Fieis

85.000
Parroquias26
Información
Igrexa particularIgrexa ucraína
IgrexaIgrexa católica
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo maiorSviatoslav Shevchuk
Arcebispo metropolitaValdomiro Koubetch, O.S.B.M.
Outros datos
Páxina webmetropolia.org.br

A arquieparquía de San Xoán Bautista de Curitiba dos ucraínos (en latín: Archieparchia Sancti Ioannis Baptistae Curitibensis Ucrainorum) é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina ucraína no Brasil. En 2014 tiña 85.000 fieis bautizados.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquieparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa católica bizantina ucraína do Brasil, agás nos estados de Mato Groso do Sur, Mato Groso, Rondonia, Acre, Amazonas, Roraima, o Pará, o Amapá e a parte occidental do Paraná.[1]

O territorio está dividido en 26 parroquias, e a sé arcebispal é a cidade de Curitiba, onde está a catedral de San Xoán Bautista.

Historia[editar | editar a fonte]

O exarcado apostólico do Brasil para os fieis de rito oriental foi erixido o 30 de maio de 1962 coa bula Qui divino consilio do papa Xoán XXIII.[2]

O 29 de novembro de 1971 o exarcado foi elevado ao rango de eparquía, tomando o nome actual.

O 12 de maio de 2014 a eparquía foi elevada a sé metropolitana coa bula Attenta deliberatione do papa Francisco, cedendo ao mesmo tempo unha parte do seu territorio para o estabelecemento da eparquía da Inmaculada Concepción de Prudentópolis.[3]

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mapa das xurisdicións grecocatólicas ucraínas no Brasil". Metropolia Católica Ucraniana São João Batista (metropolia.org.br). 
  2. Ioannes Pp. XXIII (30 de maio de 1962). "Bula Qui divino consilio" (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) (Roma: Libreria Editrice Vaticana) LV (5): 218–220. Qui divino consilio [...] quibus Ordinariatus pro fidelibus ritus Orientalis anno MCMLII in Brasilia constitutus efficitur [...] atque ad gradum et dignitatem Exarchatus Apostolici [...] 
  3. "Elevazione dell’Eparchia di São João Batista in Curitiba degli Ucraini (Brasile) ad Arcieparchia Metropolitana e nomina del primo Arcivescovo Metropolita". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0342). 12 de maio de 2014. Il Santo Padre Francesco ha elevato l’Eparchia di São João Batista in Curitiba degli Ucraini (Brasile) ad Arcieparchia Metropolitana [...] Il Papa ha eretto l’Eparchia dell’Imaculada Conceição in Prudentópolis degli Ucraini (Brasile), con territorio dismembrato dalla neo istituita Arcieparchia Metropolitana di São João Batista in Curitiba, rendendola suffraganea della medesima [...] 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]