Aliaksandr Nadsan
Aliaksandr Nadsan | |
---|---|
![]() | |
Arcipreste Mitrado da Igrexa Católica Bielorrusa (Igrexa Católica) | |
Biografía | |
Nacemento | 8 de agosto de 1926 en Haradzieja, Polonia |
Pasamento | 15 de abril de 2015 en Londres |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 23 de novembro de 1958 |
Visitador apostólico para os fieis grecocatólicos bielorrusos no exterior | |
1986[1] - 2015 | |
Predecesor | Uladzimir Tarasievič |
Aliaksandr Antonavič Nadsan[nota 1] (en belaruso: Аляксандр Антонавіч Надсан), nado o 8 de agosto de 1926[2] e finado en Londres o 15 de abril de 2015, foi un sacerdote belaruso, que exerceu de visitador apostólico para os fieis grecocatólicos bielorrusos no estranxeiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Haradzieja, preto de Niasviž, en Polonia (hoxe na rexión de Minsk, Belarús).[2] O seu pai servira como oficial no exército tsarista na primeira guerra mundial, e posteriormente participara no levantamento armado de 1920 contra os bolxeviques en Sluck.
Aliaksandr estudou matemáticas no seminario de Niasviž.[1] En 1944 emigrou de Belarús, e en 1945 foi soldado no Segundo Corpo de Polonia baixo o mando do xeneral Anders, que loitaba no norte de Italia, onde foi ferido.[1] Co seu corpo, trasladouse en 1946 ao Reino Unido, onde estudou Matemáticas na Universidade de Londres graduándose en 1953. Durante este período, Nadsan foi un dos fundadores da Asociación de Bielorrusos en Gran Bretaña, e o seu presidente entre 1951 e 1953. Foi tamén editor dos xornais Biełarus na čužynie e Na šlachu, e participou nas actividades da sociedade académica cristiá bielorrusa Ruń e no Belarusian People's Independent Christian Movement.
Dende o outono de 1953, baixo a influencia de Časlaŭ Sipovič, estudou no Pontificio Colexio Grego de Roma, e foi ordenado sacerdote o 23 de novembro de 1958. En xullo de 1959 volveu a Londres, onde retomou as súas actividades en organizacións da diáspora bielorrusa.
Dende 1971 foi director do Francis Skaryna Belarusian Library and Museum de Londres, a maior biblioteca bielorrusa no estranxeiro. Dende 1981 é cabeza da misión católica bielorrusa en Gran Bretaña, e dende finais dos 80, visitador apostólico de todos os fieis grecocatólicos bielorrusos no estranxeiro. Denden entón dedica os seus esforzos á resconstrución e fornecemento da Igrexa Católica Bielorrusa dentro do seu país, e o 11 de marzo de 1990 celebrou a Divina Liturxia en Minsk, a primeira vez que se facía de xeito público dende que a unión fora abolida en 1839.[1]
Foi autor de varios libros sobre a historia de Belarús, e presidiu unha fundación caritativa de axuda ás vítimas de Chernobil, levando cativos afectados pola radiación a pasar as vacacións de verán en Inglaterra, Irlanda e Gales.[1] Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Europea de Humanidades.[3]
Logo do seu pasamento o 15 de abril de 2015 os fieis greco-católicos bielorrusos no Reino Unido pasaron a depender da eparquía da Sagrada Familia de Londres, sendo o seu bispo Hlib Lonchyna.
Obra[editar | editar a fonte]
- Госпаду памолімся. Выдавецтва Божым шляхам. 2002.
- Біскуп Чэслаў Сіповіч сьвятар і беларус. Minsk. 2004.
- Pro patria aliena: кляштар беларускіх айцоў марыянаў у Друі, 1924-1938. 2006.
Notas[editar | editar a fonte]
- Notas
- ↑ Coñecido no Reino Unido como Alexander Nadson.
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Uprava, 2008, p. 8.
- ↑ 2,0 2,1 "Апостальскі Візытатар для католікаў усходняга абраду на эміграцыі айцец Аляксандар Надсан наведае Беларусь" (en bielorruso). 27 de setembro de 2008. Consultado o 6 de xuño de 2014.
Нагадаем, Аляксандар Надсан – апостальскі візытатар для беларусаў-каталікоў усходняга абраду - нарадзіўся 8 верасня 1926 году ў Гарадзеі. Пад час нямецкай акупацыі вучыўся ў настаўніцкай сэмінарыі ў Нясьвіжы. Скончыў курсы кіраўнікоў Саюзу Беларускай Моладзі ў Альбэртыне, менскай афіцэрскую школу БКА. З 1946 г. жыве у Вялікай Брытаніі. З 1971 г. - дырэктар бібліятэкі імя Ф. Скарыны ў Лондане.
- ↑ Universidade Europea de Humanidades (ed.). "Honorary Doctors of the University". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2014. (en inglés) (en lituano) (en ruso) (en belaruso).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Uprava MHA "ZBS" "Baćkaŭščyna" (Novembro de 2008). "Postać - Aliaksandr Nadsan" (PDF). Belarusy ǔ sviečie (en bielorruso) (11 (82)): 8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06/06/2014. Consultado o 06/06/2014.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Nadsan, Aliaksandr Antonavič - Profile". belarusprofile.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Uladzimir Tarasievič |
Visitador apostólico dos fieis greco-católicos bielorrusos no exterior 1986 - 2015 |
Sucesor: Hlib Lonchyna (como bispo da Sagrada Familia de Londres) |
- Nados na rexión de Minsk
- Nados en 1926
- Sacerdotes católicos do século XX
- Sacerdotes católicos do século XXI
- Sacerdotes católicos de Belarús
- Sacerdotes católicos do Reino Unido
- Sacerdotes da Igrexa católica bizantina belarusa
- Alumnos da Universidade de Londres
- Alumnos do Pontificio Colexio Grego
- Historiadores de Belarús
- Doutores honoris causa pola Universidade Europea de Humanidades
- Finados en 2015