Saltar ao contido

Eugenio Rignano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEugenio Rignano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1870 Editar o valor em Wikidata
Livorno Editar o valor em Wikidata
Morte9 de febreiro de 1930 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Milán Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pisa
Universidade politécnica de Turín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, bioloxía, psicoloxía e socioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , sociólogo , psicólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Eugenio Vittorio Rignano, nado o 31 de maio de 1870 en Livorno e finado o 9 de febreiro de 1930 en Milán, foi un filósofo xudeu italiano.[1]

Naceu en Livorno fillo de Giacomo Rignano e Fortunata Tedesco, nunha familia xudía.[2] Rignano editou a revista Rivista di scienza, posteriormente coñecida como Scientia. O seu libro A psicoloxía do Razoamento (1923) influenciou ao antropólogo social Edward Evans-Pritchard.[3] O seu libro Un home non unha máquina (1926) foi replicado polo libro de Joseph Needham Man A Machine (1927).[4] En 1897 casou con Costanza "Nina" Sullam, tamén de familia xudía.

Rignano interesouse por cuestións sociais e económicas, desde un punto de vista dun socialismo científico. Interesouse tamén pola bioloxía e escribiu un libro que argumentaba en favor da herdanza dos caracteres adquiridos.[5] Propuxo unha hipótese lamarckista moderada da herdanza coñecida como "centro-epixénese".[6][7] As súas ideas eran polémicas e non aceptadas pola maioría da comunidade científica.[8] O seu libro A natureza da vida (1930) describiuse nunha revisión como que presentaba unha "exposición e defensa militante, e por momentos case evanxélica dun vitalismo enerxético."[9] Porén, o historiador Peter J. Bowler escribiu que Rignano rexeitaba tanto o materialismo coma o vitalismo e adoptou unha posición similar ao que foi coñecido como evolución emerxente.[10] Li Dazhao, un dos fundadores do Partido Comunista da China, foi un ávido lector das obras de Rignano.[11]

As ideas de Rignano sobre os caracteres adquiridos e a memoria orgánica discutíronos en detalle a historiadora Laura Otis e o psicólogo Daniel Schacter.[12][13]

Colaboracións na revista Scientia

[editar | editar a fonte]

En 1907 Rignano fundou en Bolonia xunto co matemático Federigo Enriques, o químico Giuseppe Bruni, o médico Antonio Dionisi e o biólogo Andrea Giardina unha publicación que se chamou Rivista di Scienza. En 1910 o nome da revista cambia a Scientia, revista internacional de síntese científica, que continuou imprimíndose ata 1988.

A revista nacía co propósito de oporse á excesiva especialización na investigación científica prexudicada por criterios demaisado específicos e restritivos. Os intelectuais fundadores, e en particular Rignano, propoñían superar o particularismo da ciencia cunha visión máis ampla tendendo unha ponte entre a cultura humanística e a científica e elaborando unha "síntese" entre a ciencia da natureza e a ciencia do home.

Deste xeito, a filosofía libérase de ataduras ante sistemas prefixados, podía dedicarse a promover a coordinación do traballo, a crítica dos métodos e das teorías, e a configurar de maneira máis ampla os problemas da ciencia.

Nos numerosos artigos que Rignano publicou en Scientia puxo en relevo a súa capacidade de divulgador e de realizar os seus estudos con completa autonomía do mundo académico oficial, elaborando as súas concepcións científicas e filosóficas inspiradas sobre todo pola corrente positivista inglesa. En 1913 Rignano pediu a Sigmund Freud unha exposición da psicanálise coas indicacións de que pólas do saber poderían estar interesadas nas teorías e experiencias psicanalíticas. Freud escribiu Das Interesse an der Psychoanalyse que foi publicado en dúas partes na revista, (1913) vol. 14 (31,32), 240-250; 369-384.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Teoría da "propiedade mnemónica"

[editar | editar a fonte]

Rignano interesouse pola psicoloxía e a bioloxía e é coñecido sobre todo pola súa hipótese da "propiedade mnemónica" segundo a cal a substancia vivente podería "lembrar" as condicións fisiolóxicas das situacións iniciais físicas determinadas polo ambiente externo e, polo tanto, de reproducilas na perpetuación da vida biolóxica.

Esta teoría permitía a Rignano aplicar na bioloxía un compromiso entre unha óptica mecanicista da realidade natural e unha finalista, vitalista. Polo mecanicismo, de feito, non é posible pensar que no ámbito dos organismos viventes haa o propósito inmanente de conseguir unha finalidade pero por outra parte é innegable, segundo Rignano, que no mundo orgánico etea presente un tipo de teleonomía particular para cada ser vivente que xustifique a idea de que, durante o período de adaptación ao ambiente, este conserve unha especie de traza física mnemónica persistente e transferible hereditariamente.[14]

Filosofía da psicoloxía

[editar | editar a fonte]

Eugenio Rignano interesouse tamén pola filosofía da psicoloxía, mais "cando pretendía indicar o estatuto epistemolóxico da psicoloxía, o tipo de cientificidade que lle competía, para definir a relación coas ciencias naturais por unha parte e coas humanas por outra, orientouse cara a solucións “intermedias”, que a miúdo máis que resolver complicaban os problemas".[15]

Economía

[editar | editar a fonte]

Eugenio Rignano tratou tamén de economía. Coherentemente co seu programa de sintetizar sistemas opostos, elaborou tamén unha concepción económica de tipo socialista marxista que estivese de acordo co liberalismo. Nos debates sobre o imposto de sucesións dos anos 20, as propostas formuladas por Rignano ocupaban unha posición prominente, en especial en Italia e no Reino Unido. Desde entón, a sáu contribución foi en gran parte, pero non completamente, esquecida.[16][17]

Segundo a inspiración reformist socialista de Rignano, un réxime de propiedade debería incorporar os seguintes principios. Debería: 1) tender á nacionalización dos medios de produción e do capital; 2) reducir as fortunas privadas de modo bastante rápido, para impedir a creación de grandes diferenzas na riqueza privada; 3) dar potentes estímulos ao taballo, ao aforro e á formación de novo capital. A primeira destas condicións require que todo o capital privado debe, ao final, ser confiscado polo estado. A terceira, porén, implica que o dereito de deixar en herdanza a propiedade privada non debe ser completamente abolida: se aos individuos non se lles permite deixar polo menos parte dos bens acumulados co propio traballo e aforro, non haberían inv¡centivos para traballar e aforrar. O segundo principio suxire que o momento no cal ten lugar a confiscación final non debe estar demasiado distante no futuro.[16]

Partindo destas tres observacións, Rignano propón diferenciar o dereito de herdanza baseándose na "orixe" ou na "idade" da propiedade implicada. O sistema de Rignano funcionaba deste xeito: cando un home morr, os seus bens (mobles e inmobles) deben ser divididos en diversas partes baseándose no número de veces nas cales unha propiedade foi transferida (por medio da hrdanza ou doazón) para acadar o seu estado actual. Iso significa que se fai unha distinción entre os bens que constitúen o aforro persoal do defunto (ausenza de trasferencias precedentes), os bens que herdou doutras persoas e que provengan do seu aforro persoal (primeiras trasferencias), os bens que herdou doutra persoa que á súa vez herdaran doutros (segundas transferencias) etc. O principio de Rignano establece que canto maior é o número de tansferencias dunha propiedade, menor é o poder do propietario de dispoñer delas por testamento. Noutras palabras, a tasación sobre as sucesi´ns aumenta con cada transferencia de propiedade baseándose no número de transferencias, e despois dun número limitado de trasferencias acada o nivel do 100 %.[16]

  • (en italiano) Di un socialismo in accordo colla dottrina economica liberale, Torino, Fratelli Bocca, 1901.
  • (en alemán) Über die Vererbung erworbener Eigenschaften, Leipzig, Verlag von Wilhelm Engelmann, 1905.
  • Sulla trasmissibilità dei caratteri acquisiti. Ipotesi d'una centro-epigenesi, Bolonia, Zanichelli, 1907.
  • (en italiano) L'adattamento funzionale e la teleologia psico-fisica del Pauly, Bolonia: Zanichelli, 1907.
  • (en francés) La valeur synthétique du transformisme, París, Editions de la Revue du Mois, 1907.
  • (en italiano) Che cos'è la coscienza?, Bolonia, Zanichelli, 1907.
  • (en francés) Le matérialisme historique, Bolonia, Zanichelli, 1908.
  • (en francés) Le psychisme des organismes inférieurs: (à propos de la théorie de Jennings), Extracto de: «Scientia», ano II, volume 3, Bolonia, Zanichelli, 1908.
  • (en francés) La mémoire biologique en énergétique, Bolonia, Zanichelli, 1909.
  • (en italiano) Il fenomeno religioso, Bolonia, Zanichelli, 1910.
  • (en italiano) Il socialismo, Bolonia, Zanichelli, 1910.
  • (en italiano) Dell'attenzione. Parte 1: contrasto affettivo e unità di coscienza , Bolonia, Zanichelli, 1911.
  • (en italiano) Dell'origine e natura mnemonica delle tendenze affettive, Bolonia, Zanichelli, 1911.
  • (en italiano) Per accrescere diffusione ed efficacia alle università popolari, Milán, La compositrice, 1911.
  • (en italiano) La vera funzione delle università popolari, Roma, Nuova Antologia, 1911.
  • (en italiano) Dell'attenzione. Parte 2: vividità e connessione, Bolonia, Zanichelli, 1912.
  • (en francés) Le rôle des théoriciens dans les sciences biologiques et sociologiques, Bolonia, Zanichelli, 1912.
  • (en italiano) L'evoluzione del ragionamento, Bologna, Zanichelli, 1913.
  • (en italiano) Il nuovo programma dell'Un. pop. milanese: primo anno d'esperimento, Como, Premiata Tipografia Cooperativa comense Aristide Bari, 1913.
  • (en italiano) Le forme superiori del ragionamento, Bologna, Zanichelli, 1915.
  • Per una riforma socialista del diritto successorio (en italiano). Bologna: Zanichelli. 1920. 
  • (en italiano) Democrazia e fascismo, Milán, Casa editrice "Alpes", 1924.
  1. Stonequist, Everett V. (1930). "Eugenio Rignano, 1870-1930". American Journal of Sociology 36 (2): 282–284. ISSN 0002-9602. JSTOR 2766384. doi:10.1086/215345. 
  2. "RIGNANO, Eugenio Vittorio in "Dizionario Biografico"". www.treccani.it (en italiano). Consultado o 2020-05-16. 
  3. Mary Douglas, Edward Evans-Pritchard, 1980, pp.20–21
  4. Colin Lyas, 'Rignano, Eugenio', in Stuart C. Brown et al, eds., Biographical dictionary of twentieth-century philosophy, 1996, p.668
  5. M. Lightfoot Eastwood. Reviewed Work: Eugenio Rignano Upon the Inheritance of Acquired Characters by C.H. Harvey. International Journal of Ethics Vol. 23, No. 1 (outubro de 1912), pp. 117-118.
  6. Horatio Hackett Newman. Readings in Evolution, Genetics, and Eugenics. University of Chicago Press, 1922. p. 335
  7. Biological Memory by Eugenio Rignano; E. W. MacBride. The British Medical Journal. Vol. 2, No. 3476 (20 de agosto de 1927), p. 310
  8. (1) Upon the Inheritance of Acquired Characters (2) Biological Aspects of Human Problems. Nature 89, 576-578 (8 de agosto de 1912).
  9. R. B. Macleod. The Nature of Life by Eugenio Rignano. American Journal of Psychology. Vol. 45, No. 1 (xaneiro de 1933), pp. 197-198.
  10. Peter J. Bowler. The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolutionary Theories in the Decades Around 1900. Johns Hopkins University Press, 1983. p. 84
  11. Schram, Stuart R. (1981). "To Utopia and Back: A Cycle in the History of the Chinese Communist Party". China Quarterly (en inglés) 87: 411. ISSN 0305-7410. doi:10.1017/S0305741000028940. 
  12. Laura Otis. Organic Memory: History and the Body in the Late Nineteenth & Early Twentieth Centuries. University of Nebraska Press, 1994. pp. 17-18
  13. Daniel Schacter. Forgotten Ideas, Neglected Pioneers: Richard Semon and the Story of Memory. Psychology Press, 2001. pp. 116-117
  14. Cfr. E.Rignano, Pauly A. - Darwinismus und Lamarckismus in Rivista di scienza, volume 2, anno 1907, pp. 192-98.
  15. G. Sava, Sintesi scientifica e storia della scienza, Barbieri Editore, 2004.
  16. 16,0 16,1 16,2 G. Erreygers e G. Di Bartolomeo, The Debates on Eugenio Rignano’s Inheritance Tax Proposals, History of Political Economy (2007) 39 (4): 605–638. https://doi.org/10.1215/00182702-2007-034
  17. A. Peacock, I Rizzo, “The diffusion of economic ideas. The Rignano example”, Rivista di Diritto Finanziario e Scienza delle Finanze, vol. 61(4), pp. 547-574, 2002.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]