Concibido a petición de Antoine d'Abbadie d'Arrast, astrónomo e explorador, pero tamén antropólogo e lingüista, membro da academia das Ciencias, que soñaba cun castelo observatorio de estilo gótico, comprende tres partes: a biblioteca, o observatorio e a capela.
O castelo é hoxe propiedade da «Academia das ciencias» á cal Antoine d'Abbadie legou en 1895, a condición de que o observatorio fora dirixido por un sacerdote.
O dominio de Abbadia no que se atopa o castelo, que contaba 250 acres, fíxose en parte propiedade do Conservatorio do litoral (Establecemento público) e é administrado polo concello de Hendaia.