Ethel Smyth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ethel Smyth
Ethel Smyth.jpg
Nacemento22 de abril de 1858 e 1858
 Londres
Falecemento8 de maio de 1944 e 1944
 Woking
NacionalidadeReino Unido
Alma máterEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy
Ocupacióncompositora, libretista, directora de orquestra, autobiógrafa, sufraxista, escritora, feminista, música, suffragette e enfermeira
PaiJohn Hall Smyth
NaiEmma Struth
Coñecida porDer Wald, The March of the Women, The Boatswain's Mate e The Prison
PremiosDama comendadora da Orde do Imperio británico, honorary doctor of the University of St Andrews, honorary doctor of the Durham University e Honorary doctor of the University of Oxford
editar datos en Wikidata ]

Dame Ethel Mary Smyth, DBE, nada en Londres o 23 de abril de 1858 e finada en Woking, Surrey, o 8 de maio de 1944, foi unha compositora inglesa e unha das líderes do movemento sufraxista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Smyth naceu en Londres e estudou música en Leipzig con Heinrich von Herzogenberg e o Geistinger. Os seus traballos incluían sinfonías, traballos corais, música de sala e óperas. Destacan sobre todo as súas óperas, sendo a máis famosa The Wreckers e a máis orixinal Fête Galante. Ambas as dúas tiveron moito éxito. As súas composicións foron recoñecidas por autores do talle de Tchaikovsky, Brahms ou Dvořák. En 1903 chegou a ser a primeira muller en conseguir que unha das súas obras fose representada na Ópera Metropolitana de Nova York.[1]

O seu pai, de formación militar, non estaba de acordo con que a súa filla estudase no estranxeiro, pero isto foi posíbel grazas a Alexander Ewing, un oficial da Army Service Corps, que sería o seu primeiro profesor de composición. O papel desta persoa será crucial para Ethel, xa que convenceu o seu pai do talento que posuía a súa filla e introduciuna no mundo da composición, mandándolle ler tratados de orquestración e ensinándolle a música de compositores como Wagner, Berlioz ou Brahms.

Ewing non foi o único dos seus profesores en destacar o seu talento, senón que tamén George Henschel escribiu nas súas memorias: "Ethel Smyth estaba destinada a converterse na compositora máis notábel e orixinal da historia da música".

Ethel Smyth March of the Women

En 1910 Smyth uniuse á Unión social e política de mulleres, (Women's Social and Political Union, WSPU), unha organización militante sufraxista, abandonando a música durante dous anos para dedicarse á causa. O seu "The March of the Women" (A marcha das mulleres, 1911) converteuse no himno do movemento sufraxista feminino, aínda que as sufraxistas adoitaban gritar a letra de Cicely Hamilton no canto de cantar a música de Smyth. Cando a líder da WSPU Emmeline Pankhurst chamou as membros a romper as xanelas dos políticos antisufraxistas como protesta, Smyth (xunto a 108 mulleres) fíxoo. Cumpriu dous meses na prisión de Holloway.[2] Cando Thomas Beecham foi visitala alí, atopouse a sufraxistas marchando nun cuadrángulo e cantando mentres Smyth se apoiaba nunha xanela e conducía a canción cun cepillo de dentes.[3]

Moi comprometida coas causas sociais, durante a Primeira Guerra Mundial exerceu como asistente de radioloxía no Hospital de Vichy. Esta experiencia case lle custa a vida, xa que carrexaba problemas auditivos e en novembro de 1918 sufriu unha dupla pneumonía e pleurite que superou xa en Inglaterra.

En 1922 foi condecorada pola Orde do Imperio Británico.[2] Posteriormente serviu de modelo para a ficticia Dama Hilda Tablet na radio serie de 1950 de Henry Reed.[4] En 2020, setenta e seis anos despois do seu falecemento, foi nomeada a un premio Grammy pola sinfonía The Prison, gravada en 1930.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Smyth era proclive a grandes paixóns románticas, a maioría delas con mulleres. Escribiu a Harry Brewster, que puido ser o seu único amante masculino, que era "máis sinxelo para min amar o meu propio sexo apaixonadamente, que ao teu", cualificando isto como un "eterno puzzle".[2][6] Aos 71 anos de idade namorouse de Virginia Woolf, quen, alarmada e divertida á vez, dixo que era "como ser presa por un caranguexo xigante", mais as dúas se fixeron amigas.

Anos finais[editar | editar a fonte]

O seu ouvido deteriorouse nos seus últimos anos, e escribiu moi pouca música. Estes problemas auditivos xa os carrexaba desde 1891, mais progresivamente foron empeorando até que ao final da súa vida xa lle custaba moito ouvir.

Morreu en Woking aos 86 anos de idade e os seus restos foron incinerados.

Óperas[editar | editar a fonte]

  • Fantasio - 1898
  • The Boatswain's Mate - 1916
  • The Wreckers (ópera) - 1916
  • Der Wald - 1920
  • Fête Galante - 1923
  • Entente Cordiale (ópera) - 1926

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Woman's Opera at the Met". 
  2. 2,0 2,1 2,2 Abromeit, Kathleen A. (1989). "Ethel Smyth, "The Wreckers," and Sir Thomas Beecham". The Musical Quarterly 73 (2): 196–211. 
  3. Beecham, Thomas (1958). "Dame Ethel Smyth (1858-1944)". The Musical Times 99 (1385): 363–365. 
  4. Hold, Trevor (1993). "CD Reviews". The Musical Times 134 (1799): 43. 
  5. "Composer Ethel Smyth receives first Grammy nomination 90 years after work’s premiere" (en inglés). 11 de decembro de 2020. 
  6. Wilton, Tasmin (2002). "Smyth, Dame Ethel". glbtq: An Encyclopedia of Gay, Lesbian, Bisexual, Transgender, and Queer Culture. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2007. Consultado o 8 de xaneiro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Moon, Sarah H. (2014). The organ music of Ethel Smyth: A guide of its history or performance practice.
  • On Deafness and Musical Creativity: The Case of Ethel Smyth. Autho: Elizabeth Wood. Source: The Musical Quarterly , Vol. 92, No. 1/2 (Primavera- Verán, 2009), páxs. 33-69 Publicado por: Oxford University Pres

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • (en inglés) Lista dos seus traballo en: [1]
  • (en inglés) Música e unha biografía curta en: [2]
  • (en alemán) Páxina da autora no sitio klassika, en: [3]