Estevia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estevia
Stevia rebaudiana criada en invernadoiro
Stevia rebaudiana criada en invernadoiro
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
Superdivisión: Spermatophyta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Xénero: Stevia
Especie: S. rebaudiana
Nome binomial
'Stevia rebaudiana'
Bertoni

A estevia[1] (chamada na lingua orixinal ka'a he'ẽ) Stevia rebaudiana é unha especie do xénero Stevia, familia Asteraceae, orixinaria da América do Sur, na Serra de Amambai (Mato Grosso do Sul), rexión limítrofe entre o Brasil e o Paraguai. Planta de hábito arbustivo que forma, co tempo, múltiplos gomos e mide de 40 a 80 cm de altura. A raíz é perenne, fibrosa e filiforme.

A estevia tornouse bastante popular cando un poderoso adozante oriúndo das súas follas comezou a utilizarse en forma de extracto en po nos países da América do Sur. Xa era utilizada polos indios guaranís para adozar remedios.

Histórico[editar | editar a fonte]

  • En 1500, os conquistadores españois coñeceron a Stevia e as súas características grazas aos indíxenas guaranís.[2]
  • En 1887, por vez primeira, o Ka’a He’e tivo unha abordaxe científica grazas aos estudos do naturalista suízo Moisés S. Bertoni, xunto co químico paraguaio Dr. Ovidio Rebaudi. A Sociedade de Botánica, en homenaxe a Bertoni, denominouna Stevia rebaudiana Bertoni.[3]
  • En 1924, pola decisión da Union Internacionale de Chimie en Copenhaguen, o nome de esteviósido foi atribuído ao principio adozante de S. rebaudiana.[3]
  • En 1931, foi divulgado o poder edulcorante deste composto, sendo 300 veces maior que o da sacarosa.[3]

Características[editar | editar a fonte]

O esteviósido é un diterpeno da clase dos cauranos, o cal posúe tres moléculas de glicosa ligadas á súa, sendo dúas á hidroxila do carbono-13 e unha á carboxila do carbono-19[4]. Ten a propiedade de adozar cerca de 300 veces máis ca o azucre común. Ten sabor agradábel e non presenta gusto residual, sendo agradábel ao padal. 1,0 g de esteviósido posúe aproximadamente 3,8 kcal e adoza o equivalente a dúas culleradas sopeiras de azucre común (sacarosa).

No mercado[editar | editar a fonte]

Na súa forma natural, o esteviósido é un po branco, presentándose no mercado nesta forma ou na forma líquida (diluída). Algunhas empresas xa presentan produtos como chocolates, condimentos e xelatinas adozados con estevia.

Desde 1970 o esteviosídeo utilízase no Xapón como axente edulcorante (adozante) en alimentos e bebidas. No Brasil, desde 1987 e nos Estados Unidos, a partir de 1995, como ingrediente para suplementos dietéticos.

Uso medicinal[editar | editar a fonte]

Estudos científicos revelaron que algúns dos nutrientes que poden atoparse na herba estevia son o cinc, vitamina C, vitamina A, proteínas, potasio, fósforo, magnesio, ferro e calcio. A estevia é amplamente popular coma excelente fonte de fibra [5]

Propiedades terapéuticas[editar | editar a fonte]

Hipoglicemiante, hipotensora, diurética, cardiotónica, tónica para o sistema vascular e antifloxística.

Principios activos[editar | editar a fonte]

Glicosídeos, esteviosídeo (5 a 10%), rebaudiosídeo (2 a 4%), dulcosídeo, saponinas, aceite esencial e taninos.

Indicacións terapéuticas[editar | editar a fonte]

Diabetes, hipertensión arterial, acía, baixada do ácido úrico, reumatismo, fatiga, depresión, insomnio e enmagrecemento.

  • É moi importante lembrar que o seu uso por diabéticos sempre debe ter acompañamento médico.

Efectos colaterais[editar | editar a fonte]

Aínda que se afirme que a estevia non presenta efectos colaterais, cómpre alertar o feito dunha suposta acción anticonceptiva, xa que os indios guaranís utilizábana para esta finalidade, malia descoñeceren o uso da infusión dentro do ritual da contracepción.

Ao final dos anos 1960, a Universidade da República (Montevideo, Uruguai) e a Universidade de Purdue (Indiana, Estados Unidos) comprobaron que quince gramos da folla seca en trescentos milímetros cúbicos de auga comprende a dose diaria que impide a ovulación, porén, ao se suspender o uso da infusión por dez días, a muller poderá quedar embarazada normalmente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Como especie exótica empregada dende hai pouco en Galiza coma adozante, nin o dicionario da RAG nin ningún outro recolle esta especie e lle dá un nome vulgar. Nas linguas achegadas como o portugués, o catalán ou o castelán acostuma etiquetarse coma estévia/estèvia/estevia respectivamente; por homoxeneidade, pronuncia vulgar en Galiza, e acorde coa escritura do galego, engadimos un 'e' inicial ao nome latino stevia
  2. História da Stevia (29 de maio de 2013) Fonte http://steviapoint.com/what-is-stevia/history-of-stevia/
  3. 3,0 3,1 3,2 http://www.stevita.com.br/stevia.php?host=ali
  4. Samuelsson, G.; Bohlin, L. Drugs of Natural Origin: A Treatise of Pharmacognosy. 6th ed., Stockholm, Swedish Pharmaceutical Press, 2010. ISBN 1-4398-3857-7; ISBN 978-1-4398-3857-0
  5. 3 coisas básicas que você precisa saber sobre a Stevia (29 de maio de 2013) Retirado de http://steviapoint.com/what-is-stevia/3-basic-things-you-need-to-know-about-stevia/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]