Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen notas}}
{{Sen notas}}
{{Biografía
{{Biografía}}
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''', nado en [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]] o [[26 de maio]] de [[1899]] e finado na mesma vila o [[13 de abril]] de [[1972]], foi un gaiteiro [[Galicia|galego]].
|nome = Avelino Cachafeiro
|imaxe = Avelino Cachafeiro.png
|descrición =
|ocupación = Gaiteiro
}}
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''', nado en [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]] o [[26 de maio]] de [[1899]] e finado o [[13 de abril]] de [[1972]], foi un gaiteiro [[Galicia|galego]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 11 de marzo de 2022 ás 18:59

Infotaula de personaAvelino Cachafeiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1899 Editar o valor em Wikidata
Soutelo de Montes, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 1972 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Soutelo de Montes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGaita e gaita galega Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 21aea23a-9639-40a0-a45c-c6baddf6a715 Discogs: 4702363 Editar o valor em Wikidata

Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado na mesma vila o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria

Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Avelino, Castor, Bautista e Fermin Cachafeiro.

De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras en canto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.

En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González), na véspera do día do Apóstolo.[1] Castelao inmortalizou o momento nunha memorábel caricatura na que aparece o retrato invertido de Rosalía de Castro no fol da súa gaita.[2]

En 1928 gravaron para a compañía Regal a "Foliada de Barro de Arén" (solo de gaita e canto), "La Alfonsina" (muiñeira, dúo de gaitas), "Eicho de dar queridiña" (foliada, dúo de gaitas), "A volta da festa" (pasacalles, dúo de gaitas), "Estroupeles-troupele" (muiñeira, dúo de gaitas), "Rianxeira" (foliada, dúo de gaitas), "Fandango de Pontevedra" (dúo de gaitas), "Muiñeira de Chantada" (solo de gaita, A. Cachafeiro), "Foliada de Luxán" (dúo de gaitas), "Farruquiña, chaman á porta" (muiñeira, dúo de gaitas), "Foliada de Tenorio" (solo de gaita e canto), "Alborada de Rosalía de Castro".

Xiras e retirada

Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Buenos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona. En 1928 morreu Fermín e en 1933 Bautista. A guerra civil española esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.

Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).

Outros labores

En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.

A discográfica galega Ouvirmos recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.

Notas

  1. Gómez Cano, Fran X. (2007). A gaita de fol galega. Deputación de Ourense. p. 25. 
  2. Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel (10/08/1924). "O gaiteiro de Soutelo". Galicia: diario de Vigo (582). 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas