Os Gaiteiros de Soutelo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2022.) |
Os gaiteiros de Soutelo | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Soutelo de Montes, ![]() |
Xénero(s) | Música tradicional galega |
Membros | Avelino Cachafeiro Castor Cachafeiro Bautista Cachafeiro Fermín Cachafeiro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Os Gaiteiros de Soutelo (Soutelo de Montes | 1919-1936) foron un dos primeiros cuartetos de gaitas, unha revolución estética e musical de principios do século XX.
Traxectoria do grupo[editar | editar a fonte]

O iniciador desta saga de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo infrecuentemente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925.
Os compoñentes eran Avelino Cachafeiro -director, compositor e a alma do grupo-, os seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e redobrante), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se xuntaba a eles para tocar o pandeiro.
En 1928 gravaron para a compañía Regal a "Foliada de Barro de Arén" (solo de gaita e canto), "La Alfonsina" (muiñeira, dúo de gaitas), "Eicho de dar queridiña" (foliada, dúo de gaitas), "A volta da festa" (pasacalles, dúo de gaitas), "Estroupeles-troupele" (muiñeira, dúo de gaitas), "Rianxeira" (foliada, dúo de gaitas), "Fandango de Pontevedra" (dúo de gaitas), "Muiñeira de Chantada" (solo de gaita, A. Cachafeiro), "Foliada de Luxán" (dúo de gaitas), "Farruquiña, chaman á porta" (muiñeira, dúo de gaitas), "Foliada de Tenorio" (solo de gaita e canto), "Alborada de Rosalía de Castro".
Un dos fitos máis importantes foi a súa presentación no Teatro Avenida de Buenos Aires o 28 de febreiro de 1930, onde actuaron con decorados deseñados por Castelao e Camilo Díaz.
Os Gaiteiros de Soutelo percorreron toda Galiza, así como Buenos Aires, Montevideo e o Brasil, ata que o comezo da guerra civil española esfarelou o grupo: sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
Bautista morrera no 1933, Castor emigrou a Venezuela, onde ensinou a tocar na Escola de Gaitas da Irmandade Galega de Caracas e Avelino, cuxo único fillo morreu ao nacer, deixou de tocar a gaita.