María Pujalte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 12: Liña 12:
Pertenceu ó [[Centro Dramático Galego]] (CDG) e ós grupos teatrais [[Moucho Clerc]] e [[Compañía de Marías]], do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega [[María Bouzas]].
Pertenceu ó [[Centro Dramático Galego]] (CDG) e ós grupos teatrais [[Moucho Clerc]] e [[Compañía de Marías]], do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega [[María Bouzas]].


Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En [[2003]] conduciu a gala dos [[Premios Max]] de teatro, celebrada en [[Vigo]] xunto coas tamén actrices galegas [[María Bouzas]] e [[Berta Ojea]] e o actor [[Sergio Pazos]].
Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En [[2003]] conduciu a gala dos [[Premios Max]] de teatro, celebrada en [[Vigo]] xunto coas tamén actrices galegas [[María Bouzas]] e [[Berta Ojea]] e o actor [[Serxio Pazos]].


A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión ''[[Periodistas]]'', e máis tarde o de Mónica en ''[[Siete Vidas]]''.
A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión ''[[Periodistas]]'', e máis tarde o de Mónica en ''[[Siete Vidas]]''.

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2019 ás 12:25

Modelo:Actor María Pujalte Vidal, nada na Coruña o 22 de decembro de 1966, é unha actriz galega.

Biografía

Estudou cunha bolsa de estudos da Deputación da Coruña un curso de interpretación na Scuola dell'Attore Cómico en Reggio Emilia de Italia e outro en Madrid.

Realizou tamén estudos de canto, interpretación e expresión corporal.

Pertenceu ó Centro Dramático Galego (CDG) e ós grupos teatrais Moucho Clerc e Compañía de Marías, do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Bouzas.

Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Bouzas e Berta Ojea e o actor Serxio Pazos.

A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión Periodistas, e máis tarde o de Mónica en Siete Vidas.

Actriz comprometida, María Pujalte participou en manifestacións contra a guerra de Iraq e formou parte ó igual que moitos outros actores galegos da plataforma Nunca Máis contra o desastre do Prestige.

En 2005 participou no acto de celebración da toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, coa lectura de varios poemas. O mesmo ano foi pregoeira das festas de María Pita da súa cidade natal, A Coruña.

En 2009 regresa á televisión para protagonizar a serie de misterio en ton de comedia emitida en TVE 1 chamada Los misterios de Laura.[1]

Películas

Televisión

Personaxes fixos

Personaxes episódicos

Teatro

Premios e nomeamentos

1992

  • Nomeada ao Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina.

1993

  • Gañadora do Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina polo espectáculo de cabaré Fisterra Broadway.

1995

1998

1999

2000

2003

2004

2005

2007

2008

2009

2011

Notas

  1. Los misterios de Laura
  2. Lista de candidatos a los Premios del Público TV
  3. "Candidaturas ós Premios CineyMás de TV 2008/09" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2009. Consultado o 19 de setembro de 2009. 
  4. "María Pujalte premiada por Bodegas Casado Morales". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2009. Consultado o 14 de novembro de 2009. 
  5. Candidaturas ós Premios Zapping 2009

Véxase tamén

Ligazóns externas