Saltar ao contido

Cesc Gay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCesc Gay

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Francesc Gay i Puig Editar o valor en Wikidata
1967 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCesc Gay Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Medios Audiovisuais de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaÀgata Roca Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0310747 Allocine: 32733 Rottentomatoes: celebrity/cesc_gay Allmovie: p282595 TCM: 539523 BNE: XX1294937 Editar o valor en Wikidata

Francesc Gay i Puig, máis coñecido coma Cesc Gay, nado en Barcelona en 1967, é un director de cinema e guionista catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou cinema na Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona, onde se graduou en 1990. Debutou como director en 1998, xunto co arxentino Daniel Gimelberg, coa obra Hotel Room. Por volta do ano 2000 foi elixido para levar ao cinema a obra de teatro Kràmpack, realizando ademais a súa adaptación.

En 2002 foi o creador e responsábel da coordinación de guión da serie de TV3 Jet lag, realizada pola compañía T de Teatre. En 2003 estreou o filme En la ciudad (protagonizada entre outros por Mònica López, Eduard Fernández, María Pujalte e Leonor Watling), coa que conseguiu o recoñecemento mundial ao seu traballo; Eduard Fernández conseguiu o Premio Goya ao mellor actor secundario, e o filme obtivo tres nomeamentos máis, para Mònica López coma actriz de secundaria e para o propio Cesc Gay á dirección e ao guión adaptado.

En 2006 estreou Ficció, protagonizada por Eduard Fernández, Javier Cámara, Montse Germán, Carme Pla e mais Àgata Roca, e producida por Gerardo Herrero e Marta Esteban. Por este filme foi galardoado co Premio Nacional de Cinema concedido pola Generalitat de Cataluña en 2007. Posteriormente dirixiu V.O.S, unha adaptación da obra teatral de Carol López. No ano 2012 estreou Una pistola en cada mano (en galego, Unha pistola en cada man), interpretada entre outros por Ricardo Darín, Luís Tosar, Javier Cámara, Eduard Fernández, Alberto San Juan, Candela Peña, Eduardo Noriega e Leonor Watling.

En 2015 dirixiu Truman, unha coprodución hispano-arxentina con Javier Cámara e Ricardo Darín, un filme que retrata o emotivo reencontro de dous vellos amigos pola doenza terminal dun deles, e que conseguiu 11 nomeamentos aos premios Gaudí[1] e seis nomeamentos aos premios Goya, dos que gaña cinco, incluídos mellor filme e mellor director para Cesc Gay[2].

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloXéneroOcupación
2015 TrumanComediaDirector e guionista.
2012Una pistola en cada manoComedia, DramaDirector e guionista.
2009V.O.S.ComediaDirector e guionista.
2006FicciónDramaDirector, guionista e deseñador de son.
2004Canciones de amor y de droga (de Pepe Sales)MúsicaDirector
2003En la ciudadDramaDirector e guionista.
2000KràmpackComedia, Drama, RomanceDirector e guionista.
1998Hotel RoomComedia, DramaDirector e guionista.

Televisión

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloXéneroOcupación
2012 - 2013La RieraDramaGuionista
2009 - 201050 años deDirector
2001 - 2006Jet LagGuionista
1999 - 2000PolarComedia, dramaDirector e guionista

Documentais

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloXéneroOcupación
2014Encants: diari d'un trasllat "Encantes: diario dun traslado"ComediaGuionista

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloXéneroOcupación
1991La ecuación del vértigoActor

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaFilmeResultado
2015Mellor direcciónTrumanGañador
2004Mellor direcciónEn la ciudadNomeado
Mellor guión orixinal
2001Mellor director novelKràmpackNomeado
Mellor guión adaptado
AnoCategoríaFilmeResultado
2003Cuncha de OuroEn la ciudadNomeadda
2000Premio SebastianeKràmpack Gañador
  1. ↑ Serra, Laura. Diari Ara, ed. "Les nominacions als premis Gaudí auguren un doble duel". Consultado o 29 de xaneiro de 2016.
  2. ↑ Premios Goya 2015 en IMDB