Bakú: Diferenzas entre revisións
elimino sintaxe desbotada |
arranxiño |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
'''Bakú'''<ref name="Diciopedia">Ver entrada de «Sumqayit». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editorial=Editorial Galaxia |páxina=1984|volume=3}}</ref> ou '''Bacú'''<ref>{{cita libro |url=http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |título=Criterios para o uso da lingua |editor=Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña |páxina=119 |isbn=84-9749-199-8 |autores=Goretti Sanmartín Rei ''et al'' |dataacceso=03 de abril de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130926060955/http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf |dataarquivo=26 de setembro de 2013 |urlmorta=si }}</ref><ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |autor=Benigno Fernández Salgado (edición) |editor=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1303}}</ref> (''Bakı'' en [[lingua azarí|azarí]]) é a capital e a maior cidade do [[Acerbaixán]]. Localízase nas marxes do [[mar Caspio]]. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015). |

Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do [[século XIX]] grazas á [[petróleo|industria petrolífera]]. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no [[Cáucaso]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Ata ao desenvolvemento da exploración de [[hidrocarburo]]s na [[Siberia]] foi o principal centro petrolífero da [[URSS]]. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da |
Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do [[século XIX]] grazas á [[petróleo|industria petrolífera]]. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no [[Cáucaso]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Ata ao desenvolvemento da exploración de [[hidrocarburo]]s na [[Siberia]] foi o principal centro petrolífero da [[URSS]]. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do [[Alto Karabakh]], voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do [[oleoduto]] Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer do Acerbaixán na súa totalidade. |
||
== Etimoloxía == |
== Etimoloxía == |
Revisión como estaba o 17 de xuño de 2019 ás 16:37
Coordenadas: 40°23′43″N 49°52′56″L / 40.39528, -49.88222 Modelo:Cidade
Bakú[1] ou Bacú[2][3] (Bakı en azarí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localízase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015).
Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a Segunda Guerra Mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da URSS. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Karabakh, voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer do Acerbaixán na súa totalidade.
Etimoloxía
Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.
Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Bagdad (Regalo de Deus) onde a partícula dā é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.
Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[4] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.
A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".
Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.
Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.
Cidades irmás
Notas
- ↑ Ver entrada de «Sumqayit». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1984. ISBN 9788482893600.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 03 de abril de 2014.
- ↑ Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524.
- ↑ .The Name “Baku”