Gorilla gorilla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Elisardojm moveu a páxina "Gorila do occidente" a "Gorilla gorilla" sobre unha redirección sen deixar unha redirección: ver conversa gorila
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2019 ás 23:15

Gorila do occidente

Macho adulto de gorila do occidente.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Gorilla
Especie: G. gorilla
Nome binomial
Gorilla beringei
(Savage, 1847)
Área de distribución do gorila do occidente.
Área de distribución do gorila do occidente.

Área de distribución do gorila do occidente.
Subespecies

G. g. gorilla
G. g. diehli

O gorila do occidente[2] (Gorilla gorilla) é unha das dúas especies do xénero Gorilla. Á súa vez, o gorila do occidente está dividido en dúas subespecies: o Gorila occidental das chairas (G. g. gorilla) e o gorila do río Cross (G. b. diehli). Case a totalidade dos gorilas do occidente pertencen á subespecie do gorila occidental das chairas, cunha poboación entre 95.000 e 100.000 individuos. Estímase que só quedan de 250 a 300 gorilas do río Cross.

Descrición

En comparanza co gorila do oriente, o gorila do occidente e sensibelmente máis pequeno, pesa menos, ten unha figura máis estilizada e a súa pelaxe é máis clara. O gorila occidental das chairas caracterízase pola coloración da súa pelaxe, que pode ir dende o marrón até o gris, e a fronte alaranxada. Os machos miden entre 160 e 170 cm de altura e pesan arredor dos 140 kg.[3][4] As femias son máis pequenas e miden entre 120 e 140 cm de alto e o seu peso oscila entre os 60 e 80 kg. Os gorilas do occidente meirandes poden chegar ós 200 kg nos machos e ós 98 kg nas femias.[4][5] O gorila do río Cross diferénciase no maior tamaño da súa caveira e dos seus dentes. Tamén é uns 10–15 cm máis alto e 20–35 kg máis pesado. Perante isto, segue a ser máis pequeno e lixeiro que o gorila de montaña e o gorila oriental das chairas, que están consideradas as subespecies de maior tamaño.

Galería de imaxes

Notas

  1. Maisels, F.; Bergl, R. A.; Williamson, E. A. (2016). "Gorilla gorilla". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T9404A17963949. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  2. Varios autores. "Os nomes galegos dos primates" (PDF). Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  3. Williamson, E.A. and Butynski, T.M. (2009) Gorilla Gorilla In: Butynski, T.M. (Ed) The Mammals of Africa Volume 6. Elsevier Press, In Press
  4. 4,0 4,1 Burnie D and Wilson DE (Eds.), Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife. DK Adult (2005), ISBN 0789477645
  5. [1]

Véxase tamén

Ligazóns externas