Faballón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Calq (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 32: Liña 32:


== Subespecies e variedades ==
== Subespecies e variedades ==
As prinmcipais subespecies e variedades cultivadas son:
As principais subespecies e variedades cultivadas son:
* ''Vicia faba'' var. ''minor''
* ''Vicia faba'' var. ''minor''
* ''Vicia faba'' var. ''equina''
* ''Vicia faba'' var. ''equina''
* ''Vicia faba'' var. ''major''
* ''Vicia faba'' var. ''major''
* ''Vicia faba subsp. faba'' <small>[[L.]]</small>
* ''Vicia faba subsp. faba'' <small>[[L.]]</small>
* ''Vicia faba subsp. paucijuga'' <small>(Alef.) Muratova</small>
* ''Vicia faba subsp. paucijuga'' <small>(Alef.) Muratova</small>


== Cultivo ==
== Cultivo ==

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2019 ás 20:51

Chámase faballón, fabón,[2] faba loba ou fabaca á especie Vicia faba, planta herbácea, anual, rubideira, de caules semierectos, que dá o seu nome á familia das fabáceas, da cal é a especie tipo, e tamén se denominan así as súas sementes, comestíbeis.[2]

Características

A planta do faballón é recta e ergueita, con talos fortes de até 1,6 m de altura, grosos, angulosos e lampiños.
As follas son alternas, paripinnadas e compostas, con 1.3 pares de folíolos grandes, ovalados, non rematados en gabiáns.
As flores preséntanse en acios de 2 a 8, soibre un pedúnculo común curto, con pétalos brancos manchados de violeta, púrpura ou negro.[3]

Faballóns na vaíña abrta.

O froito é un legume de vaíña alongada, grande (de entre os 10 e os 30 cm de lonxitude), suculento e pubescente, ergueito, mouro na madurez. Dentro da vaíña dispóñense as sementes, de 2 a 6, grandes. ovaladas, deprimidas,[3] e dispostas formando unha ringleira, de cor verde amarelada, e cun peso de un ou dous gramos.

Como no caso doutras fabáceas, teñen a propiedade de fixar nitróxeno no solo. Sobre un 80 % del é consumido pola propia planta, e o 20 % restante mellora a fertilidade da terra, razón pola cal o seu cultivo é empregado en sistemas de rotación para fortalecer solos esgotados.

Subespecies e variedades

As principais subespecies e variedades cultivadas son:

  • Vicia faba var. minor
  • Vicia faba var. equina
  • Vicia faba var. major
  • Vicia faba subsp. faba L.
  • Vicia faba subsp. paucijuga (Alef.) Muratova

Cultivo

Orixinario da conca mediterránea, hoxe cultivase en todo o mundo.

O faballón desenvólvese ben en case todos os tipos de solos.

Precisa abundante humidade e uns 700 mm anuais de choiva. Tolera as xeadas, polo que se pode adaptar ás condicións de montaña.

Notas

  1. Ilustración de Thomé, en Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885.
  2. 2,0 2,1 faballón' no dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Merino, 1905, p. 232.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Merino, Baltasar (1905): Flora descriptiva e ilustrada de Galicia. Santiago: Tipografía Galaica, Tomo I.

Outros artigos

Ligazóns externas

Vocabulario botánico. Universidade Santiago de Compostela