Diferenzas entre revisións de «Henrique, duque de Viseu»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
(Ligazón interna.)
(na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía)
{{Biografía}}
O '''Infante Don Henrique, duque de Viseu''', nado en [[Porto, Portugal|Porto]] o [[4 de marzo]] de [[1394]] e finado o [[13 de novembro]] de [[1460]], foi un príncipe [[Portugal|portugués]] e a máis importante figura do inicio da era dos [[Descubrimentos portugueses|Descubrimentos]], tamén coñecido na historia como ''Infante de Sagres'' ou ''O Navegador''.
 
== Traxectoria ==
O Infante D. Henrique naceu na cidade do Porto o [[Mércores de Cinsa]] día que se consideraba pouco propicio ao nacemento dun neno. Era o quinto fillo do rei [[Xoán I de Portugal]], fundador da [[Dinastía de Avis]], e de Dona [[Filipa de Lancaster]] (''Lencastre'' en portugués).
 
O infante foi bautizado algúns días despois do seu nacemento, sendo o seu padriño o Bispo de Viseu. Os seus pais deron-lle o nome Henrique posibelmente en honra do seu tío materno, o duque [[Henrique IV de Inglaterra|Henrique de Lancaster]].
En 1415, foi armado cabaleiro e recibiu os títulos de [[Duque de Viseu]] e Señor da [[Covilhã]]. O [[18 de febreiro]] de [[1416]], foi encargado do Goberno de Ceuta. Correspondíalle organizar no reino o mantemento da Praza marroquí.
 
En [[1418]], volveu a Ceuta na compañía de D. [[Xoán, Infante de Portugal|Xoán]], o seu irmán máis novo. Os Infantes dirixían unha expedición de socorro á cidade, que sufriu nese ano o primeiro longo asedio, imposto conxuntamente polas forzas dos reis de [[Fez]] e de [[Reino de Granada|Granada]]. O cerco malogrouse e D. Henrique tentou de inmediato atacar Xibraltar, pero o mal tempo impediulle desembarcar: manifestaba así unha vez máis a temeridade e fervor antimusulmano do Infante. Ao regresar a Ceuta recibiu ordes de D. Xoán I, para non continuar tal proxecto, polo que volveu para o reino nos primeiros meses de [[1419]]. Montou por esta época unha armada de corso, que actúa na zona do estreito de Xibraltar a partir de Ceuta. Así dispuña dunha fonte de ingresos e moitos dos seus homes habituábanse ao mar. Algúns deles serían desviados, máis tarde, para outras viaxes cara a novos destinos.
 
En [[1419]]-[[1420]] algúns dos seus escudeiros, João Gonçalves Zarco e Tristão Vaz Teixeira, desembarcaron entón nas [[Arquipélago de Madeira|illas Madeirenses]], que xa eran visitadas por navegadores portugueses desde o século anterior. As illas resultaron de gran importancia producindo grandes cantidades de [[cereal|cereais]], minimizando a escaseza que aflixía a Portugal. O arquipélago foi doado a D. Henrique polo seu irmán o rei D. [[Duarte de Portugal|Duarte]], sucesor de D. Xoán I, en [[1433]].
[[Ficheiro:OrderOfCristCross.svg|miniatura|esquerda|200px|A Cruz da [[Orde de Cristo]], símbolo que adornou, entre outros, as naus [[Portugal|portuguesas]] durante os [[Descubrimentos portugueses|descubrimentos]].]]
O [[25 de maio]] de [[1420]], D. Henrique foi nomeado dirixente da [[Orde de Cristo]], que sucedeu á [[Orde dos Templarios]], cargo que mantería ata a fin da vida. No que concerne ao seu interese na explotación do Océano Atlántico, o seu cargo na Orde foi tamén importante ao longo da década de [[1440]].
 
En [[1427]], os navegantes descubriron as primeiras illas das [[Azores]] (posiblemente Gonçalo Velho). Tamén estas illas deshabitadas foron despois colonizadas polos portugueses.
 
Ata a época do Infante D. Henrique, o [[Cabo Bojador]] era para Europa o punto coñecido máis meridional na costa de [[África]]. [[Gil Eanes]], que ocupou unha das expedicións, foi o primeiro en pasalo en [[1434]] eliminando os medos entón vixentes en canto ao descoñecido que para alén do Cabo se encontrarían.
 
No momento da morte de D. Xoán I, o seu fillo máis vello (e irmán de D. Henrique), D. Duarte subiu ao trono, e entregou a este un quinto de todos os proveitos comerciais das zonas descubertas así como o dereito de explotar alén do Cabo Bojador.
 
O reinado de D. Duarte durou só cinco anos, despois do cal, D. Henrique apoiou o seu irmán D. [[Pedro, duque de Coímbra|Pedro]] na rexencia durante a minoría de idade do sobriño D. [[Afonso V de Portugal|Afonso V]], recibindo a cambio a confirmación do seu privilexio. Procedeuse tamén, durante a rexencia, á colonización das Azores.
 
Cunha nova embarcación, a [[Carabela (embarcación)|carabela]], as expedicións sufriron un gran impulso. O [[Cabo Branco, Mauritania|Cabo Branco]] foi alcanzado en [[1441]] por Nuno Tristán e Antón Gonçalves. A [[Baía de Arguim]] en [[1443]], coa conseguinte construción dun forte en [[1448]].
 
Dinis Dias chega ao [[río Senegal]] e dobra o [[Cabo Verde]] en [[1444]]. Visita [[Guinea-Bisau|Guinea]], e os límites ao sur do gran deserto do [[Sahara]] son superados. A partir de aí, D. Henrique cumpre un dos seus obxectivos: desviar as rotas do comercio do Sahara e acceder ás riquezas da África Meridional. En [[1452]] a chegada de ouro era en suficiente cantidade para que se [[Cuñaxe|acuñaran]] os primeiros ''cruzados'' de ouro.
 
Entre [[1444]] e [[1446]], preto de corenta embarcacións saíron de [[Lagos, Algarve|Lagos]]. Na década de 1450 descubriu o arquipélago de Cabo Verde. Data desa época a orde dun mapa-mundo do vello mundo a Fra Mauro, un monxe veneciano.
En [[1460]] a costa estaba xa explorada ata o que é hoxe a [[Serra Leoa]].
 
Non obstante, D. Henrique estaba ocupado con asuntos internos do Reino. Crese que apoiou a creación, na [[Universidade de Coímbra]], dunha cátedra de [[astronomía]].
 
Foi tamén un dos principais organizadores da conquista de [[Tánxer]] en [[1437]], que se revelou un gran fracaso, xa que o seu irmán máis novo, D. [[Fernando, o Infante Santo|Fernando]] (o ''Infante Santo'') foi alí capturado e aprisionado durante 11 anos, ata morrer. A súa reputación militar sufriu un revés e os seus últimos anos de vida adicounos á política e á explotación.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Henry the Navigator}}
* ALBUQUERQUE, Luís de. ''Dicionário de história dos descobrimentos portugueses''. Lisboa: Círculo de Leitores, 1994.
* DOMINGUES, Mário. ''O Infante D. Henrique''. Lisboa: Romano Torres, 1957.
* DOMINGUES, Mário. ''O Infante D. Henrique''. Lisboa: Romano Torres, 1957. Comentário: Trabalho sobre o Infante, com três grandes capítulos: do tempo que vai desde o seu nascimento até à empresa de Ceuta, ao período dos estudos e experiências feitas pelo Infante tendo como objectivo os descobrimentos e por fim relativo ao período desde a morte de D. João I até à Batalha de Alfarrobeira, que é meramente político, com referências à tomada de posição em relação à regência do Reino despois da morte do rei D. Duarte e o seu relacionamento com o Infante D. Pedro. D. Afonso Henrique morreu em [[1460]] sem tal que lhe acontecesse.
* RUSSEL, Peter. ''Prince Henry ´the Navigator´''a Life. New Haven: Yale University Press, 2000. ISBN 0-300-08233-9
* Xavier, Francisco Cândido Xavier. Brasil Coração do Mundo Pátria do Evangelho. FEB.
99.948

edicións

Menú de navegación