Kasimir Malevich: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Liña 57: Liña 57:
* [https://web.archive.org/web/20080512033331/http://www.guggenheimcollection.org/site/artist_bio_94.html Guggenheim: Kazimir Malevich]
* [https://web.archive.org/web/20080512033331/http://www.guggenheimcollection.org/site/artist_bio_94.html Guggenheim: Kazimir Malevich]
* [http://www.artchive.com/artchive/M/malevich/b_square.jpg.html "Black Square"]
* [http://www.artchive.com/artchive/M/malevich/b_square.jpg.html "Black Square"]
* [http://www.bc.edu/bc_org/avp/cas/fnart/art/20_ptg.html "White on White"]
* [https://web.archive.org/web/20051126053459/http://www.bc.edu/bc_org/avp/cas/fnart/art/20_ptg.html "White on White"]
* [http://www.potemkinpress.com/english/pubs/malewitsch.htm "Malevich on Film"]
* [http://www.potemkinpress.com/english/pubs/malewitsch.htm "Malevich on Film"]
* [https://web.archive.org/web/20121202040709/http://www.malevich.de/ DA Collection]
* [https://web.archive.org/web/20121202040709/http://www.malevich.de/ DA Collection]

Revisión como estaba o 25 de novembro de 2018 ás 19:15

Modelo:Pintor Kasimir Severinovich Malevich (Казимир Северинович Малевич en ruso, Malevych en transcrición ucraína), nado en Kiev o 23 de febreiro de 1879 e finado en Leningrado o 15 de maio de 1935, foi un pintor e teórico da arte, pioneiro da arte abstracta e un dos pintores rusos de maior sona.

Traxectoria

Nenez e xuventude

Kasimir Malevich naceu preto de Kiev, Ucraína. O seu pai, Sewerin Antonowitsch Malewitsch (1845–1902) e maila súa nai, Ljudwiga Alexandrowna (1858–1942) eran xudeus de orixe polaca. Na súa familia, ademais do ruso e do ucraíno tamén se falaba o polaco. O seu pai traballaba como encargado dunha fabrica da industria azucreira. Kazimir foi o primeiro de 14 fillos, aínda que só nove deles chegaron á idade adulta. A súa familia mudábase a míudo, polo que pasou a súa infancia en moitas vilas ucraínas rodeadas por plantacións de remolachas azucreiras, lonxe dos centros culturais do país. Ata os 12 anos non tivo ningún tipo de coñecemento sobre a arte, malia estar rodeado dela durante a súa nenez. Aos 13 anos de idade comezou a interesarse polo debuxo de temas vencellados coa natureza.

Formación

Primavera, xardín en flor 1912

Estudou debuxo en Kiev dende 1895 ata 1896. En 1896 a familia mudouse a Kursk, onde o pai obtivera un cargo na xerencia dunha empresa ferroviaria, aceptando o seu fillo un emprego como técnico deliniante. A través de reproducións, Malevich coñece o traballo de Iván Shishkin e Ilia Repin, dous pintores naturalistas pertencentes a un grupo coñecido como Os Itinerantes.

Comezou a pensar que a súa misión como artista é representar a natureza o máis obxectivamente posible. Entre os empregados do ferrocarril, coñeceu algúns afeccionados e amantes da arte cos que forma unha asociación e un obradoiro cooperativo. Alí oíu falar das Escolas de San Petersburgo e Moscova. Sentiu a necesidade de formarse academicamente e marchou a Moscova en 1904. O seu traballo, nesta época, faise cada vez máis impresionista. Foi un período relativamente longo e estable, no que a súa atención se centrou nos estudos das paisaxes, con composicións sólidas, malia a fragmentación.

En Moscova estudou na Escola de Pintura, Arquitectura e Escultura dende 1904 ata 1910. Durante ese tempo viviu no obradoiro de Fedor Rerberg en Moscova. No ano 1911 participou na segunda exposición do Soyus Molod'ozhi (Unión da xuventude) en San Petersburgo, xunto con Vladimir Tatlin. En 1912, o grupo fixo a súa terceira exposición, incluíndo traballos de Aleksandra Ekster e Tatlin entre outros. En 1914 Malevich exhibiu os seus traballos no Salon des Independants en París xunto con Alexander Archipenko, Sonia Terk, Aleksandra Ekster e Vadim Meller, entre outros. Ao ano seguinte publicou o seu manifesto Dende o Cubismo ao Suprematismo. Entre 1916 e 1917 participou nas exposicións do grupo Jack dos Diamantes en Moscova xunto con Nathan Altman, David Burliuk e A. Ekster, entre outros.

Despois dos seus experimentos con varios estilos modernistas como o cubismo e o futurismo na ópera cubo-futurista Pobeda nad Solntsem ("A Vitoria sobre o sol"), Malevich comezou a traballar co abstracto e os estampados non xeométricos, fundando un movemento que chamou suprematismo. Algúns exemplos do seu suprematismo son Cadrado Negro (1915) e Branco sobre Branco (1918).

Malevich tamén era coñecido pola súa fascinación pola fotografía aérea e a aviación, facendo arte abstracta inspirada nas paisaxes aéreas.

Cadrado Negro, 1915, óleo sobre tela, Museo Ruso Estatal, San Petersburgo

Malevich foi membro do Colexio de Arte de Narkompros, a comisión de protección dos monumentos e museos. Tamén deu clases na Escola de Arte Práctica en Vitebsk (hoxe en día parte de Belarús) (1919-1922), na Academia de Artes de Leningrado (1922-1927), no Instituto de Arte Nacional de Kiev (1927-1929), e na Casa das Artes de Leningrado (1930). Tamén escribiu o libro The Non-Objective World: The Manifesto of Suprematism ("O mundo non obxectivo") Muníc 1926, no cal amosaba as súas teorías supremacistas.

En 1927, viaxou dende Varsovia ata Alemaña facendo unha viaxe retrospectiva que lle deu sona mundial, e que fixo que cando volvera á Unión Soviética deixase grande parte das súas obras atrás. Cando o réxime stalinista volveuse contra a arte modernista "burguesa", Malevich foi perseguido. Moitos dos seus traballos foron confiscados e esnaquizados, e el acabou morrendo na miseria e soidade en Leningrado (hoxe San Petersburgo).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas