Choiva ácida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 47: Liña 47:
* [[EMEP]]
* [[EMEP]]
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://vello.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=56368 Sobre a central térmica de Meirama, por Ramón Varela (artigo de febreiro de 2007)]
* [https://web.archive.org/web/20070813063816/http://vello.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=56368 Sobre a central térmica de Meirama, por Ramón Varela (artigo de febreiro de 2007)]
* [http://revista.consumer.es/web/ga/20061101/medioambiente/70926.php Artigo de divulgación sobre a chuvia ácida] {{es}}
* [http://revista.consumer.es/web/ga/20061101/medioambiente/70926.php Artigo de divulgación sobre a chuvia ácida] {{es}}



Revisión como estaba o 3 de setembro de 2018 ás 18:50

Bosque estragado pola chuvia ácida, na República Checa
Efectos da chuvia ácida

A choiva ácida ou chuvia ácida[1] caracterízase por un pH inferior a 4,5 por conter ácidos, orixinados polo xofre proveniente das impurezas da queima dos combustíbeis fósiles e polo nitróxeno do aire, que se combinan co osíxeno para formar dióxido de xofre e dióxido de nitróxeno, os cales difunden pola atmosfera e reaccionan coa auga para formar ácido sulfúrico e ácido nítrico, que son solúbeis en auga. Tamén se forma algo de ácido clorhídrico.

As choivas normais teñen un pH de aproximadamente 5,6, que é levemente ácido. Esa acidez natural é causada pola disociación do dióxido de carbono na auga, formando o ácido carbónico, segundo a reacción:

Orixe

Os principais fenómenos naturais que contribúen á produción de gases ácidos lanzados á atmosfera son as emisións dos volcáns e procesos biolóxicos que ocorren nos solos, pantanos e océanos. Os efectos da deposición ácida foron detectados nos glaciares hai milleiros de anos en partes remotas da Terra.

As principais fontes humanas deses gases son as industrias, as centrais termoelétricas e os vehículos de transporte. Os gases poden ser transportados milleiros de quilómetros na atmosfera antes de seren convertidos en ácidos e entón precipitados.

A choiva ácida industrial é un problema substancial na China, Europa Occidental, Rusia e en áreas baixo a influencia de correntes de aire provenientes deses países. Esas áreas queiman carbón con xofre na súa composición para xerar calor e electricidade.

Formación

Unha posible reacción de formación da choiva ácida é a que segue:

Evidencias dun crecente aumento nos niveis de choiva ácida veñen da análise das capas de xeo procedentes de glaciares. Estas análises mostran unha repentina diminución do pH a partir da Revolución Industrial, de 6 a 4,5 ou 4. Outras informacións foron colectadas a través dos estudos de diatomeas que habitaban os lagos. Co trascurso dos anos, foron morrendo e resultaron depositadas en capas de sedimentos no fondo dos lagos. As diatomeas soportan certas variacións de pH, logo o número deses organismos atopados en capas de maior profundidade serve como indicador das mudanzas de pH ao longo dos anos.

Desde a Revolución Industrial as emisións de óxidos de xofre e nitróxeno na atmosfera aumentaron. As industrias e centrais termoelétricas que queiman combustibles fósiles, principalmente o carbón, son a principal fonte deses gases. Xa chegaron a rexistrarse variacións de pH de 2,4 en áreas industriais. Eses contaminantes, máis o sector de transportes, son os grandes responsábeis do aumento dos óxidos de nitróxeno.

O problema da choiva ácida non só aumentou co crecimento poboacional e industrial, senón que se espallou. O uso de grandes chemineas para reducir a contaminación contribuiu á diseminación da choiva ácida, liberando gases na atmosfera da rexión. Algunhas veces, a precipitación ocorre a unha distancia considerable, e as rexións montañosas reciben a maior parte (debido ás chamadas choivas de montaña). Un exemplo deste efecto é o baixo pH das choivas da Escandinavia comparado cos niveis de óxidos que libera esta zona.

Hai unha forte relación entre baixos niveis de pH e a perda de poboacións de peixes en lagos. Cun pH menor de 4,5, practicamente ningún peixe sobrevive, mentres que os niveis iguais a 6 ou superiores promoven poboacións saudables. Os ácidos na auga inhiben a produción das encimas que permiten que as larvas de troita escapen das súas ovas. O baixo pH tamén fai circular metais pesados como o aluminio nos lagos. O aluminio fai que algúns peixes produzan moco en exceso ao redor das súas guerlas, prexudicando a respiración. O crecemento de fitoplancto é inhibido polos grandes niveis de acidez e perxudícanse os animais que se alimentan deles.

Moitos lagos son afectados ao recibiren e concentraren o ácido proveniente de solos ácidos. Este fenómeno pode ser desencadeado por un patrón de choiva que concentre o ácido. Un lago de augas ácidas, con peixes mortos recentemente, pode non ser proba de contaminación extrema do ar.

A choiva ácida prexudica as árbores de varios modos. A superficie cerosa das súas follas é rompida e pérdense nutrientes, tornando as árbores máis susceptibles ao xeo, fungos e insectos. O crecemento das raíces tórnase máis lento e, en consecuencia, absorben menos nutrientes. Os ións tóxicos acumúlanse no solo e os minerais valiosos son dispersados ou (no caso dos fosfatos) tórnanse próximos á arxila.

Os ións tóxicos liberados debido á choiva ácida constitúen a maior ameaza para os seres humanos. O cobre mobilizado foi implicado nas epidemias de diarrea nas meniñas e meniños [Cómpre referencia], e considerase que existen ligazóns entre o abastecimento de auga contaminada con aluminio e a ocorrencia de casos da doenza de alzhéimer [Cómpre referencia].

Historia

A ocorrencia de choiva ácida foi primeiro relatada en Manchester, en Inglaterra, un importante centro durante a Revolución Industrial. En 1852, Robert Angus Smith identificou a correlación entre a choiva ácida e a contaminación atmosférica. A expresión choiva ácida foi empregada por el en 1872, e observou que esa choiva ácida podía levar á destrución da natureza. Aínda que a choiva ácida xa se descubriu no 1852, non foi ata a década de 1970 cando os científicos comezaron a observala.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chuvia ácida.