Ducado de Atenas: Diferenzas entre revisións
m →top: Arranxos varios |
Etiqueta: edición de código 2017 |
||
Liña 158: | Liña 158: | ||
* [https://reyesydinastias.blogspot.com.es/2012/06/los-almogavares-y-el-ducado-catalan-de.html Los Almogávares y el Ducado Catalán de Atenas (1311-1385)], no blog Reyes y Dinastías {{es}}. |
* [https://reyesydinastias.blogspot.com.es/2012/06/los-almogavares-y-el-ducado-catalan-de.html Los Almogávares y el Ducado Catalán de Atenas (1311-1385)], no blog Reyes y Dinastías {{es}}. |
||
* [http://unalupasobrelahistoria.blogspot.com.es/2013/10/el-partenon-fue-espanol.html El Partenón fue español] en Una lupa sobre la historia, blog de José María Deira {{es}}. |
* [http://unalupasobrelahistoria.blogspot.com.es/2013/10/el-partenon-fue-espanol.html El Partenón fue español] en Una lupa sobre la historia, blog de José María Deira {{es}}. |
||
{{Estados bizantinos tras a cuarta cruzada}} |
|||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2018 ás 19:09
O Ducado de Atenas foi un estado instituído en 1205 nas rexións gregas da Ática, Beocia, Lócrida e Megárida, tras a conquista do Imperio bizantino polos francos durante a Cuarta Cruzada.
O título de duque de Atenas corresponde na actualidade ao rei de España,[1] polo que hoxe en día recae na figura de Filipe VI de España.
Institución do Ducado
Tras o declive da época da Antigüidade clásica, e xa na Idade Media, a cidade de Atenas sufriu un grave proceso de deterioración, agravado a partir do século XI pola súa posición xeográfica que a afastaba da influencia latina, pero non terminaba de ser un territorio de interese para o Imperio bizantino. Esta situación provocou vagas de saqueos, os máis graves deles a mediados do século XII polos normandos.
Nesta situación, Bonifacio I de Montferrato, duque de Montferrato ocupou a cidade sen grandes esforzos en 1204,[2] e cedeuna en 1205, xunto a Tebas, a Otón de la Roche, señor de Ray, un cabalero da baixa nobreza borgoñoa procedente do Franco Condado e que asistira á Cuarta Cruzada.
Otón foi denominado Gran Señor de Atenas e Tebas, polo que para algúns historiadores esta é a constitución do Ducado, xa que fue coñecido como tal desde esa data, mentres que para outros o feudo constituúse formalmente en 1260, cando o seu fillo e sucesor Guido I obtivo o título de duque do rei Luís IX de Francia, polo que o Ducado foi recoñecido oficialmente.[3] [4]
Atenas foi orixinalmente un Estado vasalo do Reino de Tesalónica pero, tras a captura deste polo bizantino Teodoro Comneno Ducas, déspota de Epiro, o Ducado pasou a ser vasalo do Principado de Acaia ou de Morea.[5]
Baixo o goberno da familia De la Roche a cidade e o Ducado gozaron dunha gran prosperidade, sendo a cidade renovada e converténdose nun centro cortesán de primeira orde, na que a Acrópole servía de Palacio ducal.
O estado construído ao redor de Atenas converteuse no máis poderoso e pacífico dos estados latinos creados en Grecia, a ss súas institucións calcáronse das francesas.
Dominio aragonés
O ducado foi gobernado pola familia De la Roche desde 1205 até 1308. Á morte de Guy II en 1308 o parlamento ateniense elixiu ao conde de Brienne Gualterio V de Brienne como sucesor, xa que éste era fillo de Isabel de La Roche, herdeira de Tebas. A súa esposa, aínda que de forma moi breve, tamén gobernou sobre a cidade de Atenas.
En 1310 o duque Gaulterio V, titular do Ducado, recorreu ás tropas almogávares da Gran Compañía Catalá para facer fronte ao rei de Tesalia, ao que vencenron a este último. Cómpre salientar que os almogávares se instalaran en Tesalia como República militar independente entre 1309 e 1310. Ao non pagaren s atenienses aos almogávares as cantidades estipuladas, estes subleváronse e venceron a De Breinnne na batalla do río Cefiso o 13 de marzo de 1311, tras a que expulsaron aos francos e tomaron o control do Ducado, proclamando novo señor de Atenas e Tebas ao rei Federico II de Sicilia, ao que serviran anteriormente.
O Ducado quedou así ligado aos reis de Sicilia, que adoitaban deixar o goberno en mans dos seus fillos menores ou dun vigario xeneral (rexente). Os almogávares substituíron o francés polo catalán como lingua oficial, e as leis francesas e as derivadas das bizantinas do Principado de Acaia polas catalás e aragonesas. Os herdeiros de Gualterio continuaron reclamando o Ducado, pero tan só foron recoñecidos en Argos e Nauplia.[6]
Entre 1318 e 1319 os almogávares conquistaron Siderocastron e o sur de Tesalia e crearon o Ducado de Neopatria unido ao de Atenas.
Parte de Tesalia foi tomada en 1337 polos serbios de Stefan Uroš IV Dušan Nemanjić.
En 1379, a Compañía navarra, ao servizo do emperador latino Xaime de Baux, conquistou Tebas e parte de Neopatria, mentres que os aragoneses mantiñan a parte restante da Ática e Neopatria.
Tras a morte de Federico III de Sicilia o Simple en 1377, o Ducado pasou a María de Sicilia e, posteriormente, a Leonor de Sicilia, esposa de Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, ao que os habitantes e nobres da cidad recoñeceron como soberano en 1379, ano no que os aragoneses do Ducado pediron que este se incorporara de forma perpetua á Coroa de Aragón.[7]
Dominio florentino e veneciano
Rainiero ou Nerio Acciajuoli, que intentaba a conquista do Ducado desde 1385, tomou a cidade e Atenas en 1388, e o Ducado de Neopatria en 1390. A partir deste momento o Ducado perteneceu á familia florentina dos Acciajuoli até a conquista otomá, cun breve paréntese entre 1395 e 1402, no que a República de Venecia controlou o Ducado. Durante este periodo instaláronse na cidade numerosos mercaderes florentinos. A partir de 1415 pasou a ser tributario do Imperio otomán.[Cómpre referencia]
Conquista otomá
En 1444 Atenas pasou a ser tributaria de Constantino XI Paleólogo, déspota de Morea e heredeiro do trono bizantino. En 1456, tras a toma de Constantinopla polos otománs, Franco ou Francisco, último duque cristián de Atenas rendeu a Acrópole aos turcos, liderados por Omar, fillo de Turakhán. En 1458 a cidade foi visitada polo sultán Mehmed II quen, ante a beleza dos edificios de Atenas e dos molles do Pireo exclamou: «O Islam ten pendente unha débeda co fillo de Turakhán».[Cómpre referencia]
Tras a conquista otomá os postos da administración de xustiza e da recadación de impostos recaeron sobre funcionarios locais aínda que tiveron que soportar a nova carga do tributo de nenos.[Cómpre referencia]
Brevemente os veneciáns estableceron un control sobre a ciudad en 1687 que apenas durou uns meses, regresando de novo a mans turcas; asediárona de novo entre 1687 e 1688, asedio durante o cal os turcos usaron o Partenón como polvorín, a consecuencia do cal foi gravemente danado.[Cómpre referencia]
Duques de Atenas
Familia De la Roche
- Otón de la Roche (1205-1225)
- Guido I de la Roche (1225-1263)
- Xoán I de la Roche (1263-1280)
- Guillerme I de la Roche (1280-1287)
- Guido II de la Roche (1287-1308)
Familia de Brienne
El parlamento de Atenas eligió al conde de Brienne para suceder a Guy, pero este fue depuesto por los aragoneses. Los herederos de Brienne continuaron reclamando el ducado, pero sólo fueron reconocidos en Argos y Nauplia.
- Gualterio V de Brienne (1308-1311)
- Xoana de Châtillon (1311-1354)
- Gualterio VI de Brienne (1311-1356)
- Isabel de Brienne (1356-1360)
- Sohier de Enghien (1356-1367)
- Gualterio IV de Enghien (1367-1381)
- Luís de Enghien (1381-1394)
Dominio aragonés
- Roger Desllor ou Deslaur (1311-1312). Cabaleiro rosellonés do contorno de Gualterio de Brienne.
- Manfredo de Sicilia e de Anjou ou Manfredo de Aragón (1312-1317). Fillo do rei Federico II de Sicilia.
- Berenguer Estanyol (1312-1317). Vigario de Manfredo (rexente).
- Guillerme de Sicilia e de Anjou ou Guillerme II de Aragón (1317-1338). Fillo do rei Federico II de Sicilia.
- Afonso Federico de Sicilia ou de Aragón (1317-1338). Señor de Negroponto, fillo bastardo de Federico II de Sicilia.
- Xoán de Sicilia ou Xoán II de Sicilia, marqués de Randazzo (1338-1348) fillo de Federico II de Sicilia.
- Federico I de Atenas (1348-1355), marqués de Randazzo, fillo de Xoán II de Sicilia.
- Federico III de Sicilia o Simple (1355-1377), primo de Federico I de Atenas.
- Luís Federico de Aragón, conde de Salona e vigario de Federico III de Sicilia (1375-1380).
- María de Sicilia, filla de Federico III de Sicilia (1377-1381).
- Pedro IV de Aragón (1381-1388)
- Mateo de Montcada.[7]
- Roger de Lauria.[7]
- Mateo de Peralta.
- Luís Federico de Aragón.
- Dalmau VI de Rocabertí ou Dalmau IV, visconde de Rocabertí.
- Bernat de Cordella.
Dominio italiano (florentino e veneciano)
- Nerio I Acciaioli (1388-1394).
- Antonio I Acciaioli baixo rexencia de Francisca Acciaioli (1394-1395).
- Baixo poder da República de Venecia (1395-1402).
- Antonio I Acciaioli (1402-1435).
- Nerio II Acciaioli (1435-1439).
- Antonio II Acciaioli (1439-1441).
- Nerio II Acciaioli (1441-1451).
- Bartolomeo Contarini, esposo da viúva de Nerio II, Clara Zorzi (1451-1454).
- Francesco I Acciaioli (1451-1454).
- Francesco II Acciaioli, fillo de Antonio II (1454-1460).
- Conquista otomá (1456).
Notas
- ↑ Títulos del rey de España en monarquiaespanola.es
- ↑ Housley 2007, p. 2.
- ↑ Longnon 1969, p. 238.
- ↑ Wolff & Hazard 1969, p. 235.
- ↑ Mestre 1998, p. 31.
- ↑ Salach & Termes 1992, p. 422.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Rubió i Lluch 1912.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ducado de Atenas |
Bibliografía
- AA.VV. (1984): Crónica de la Humanidad. Barcelona: Editorial Plaza & Janes. ISBN 978-84-0160-699-1.
- Girard Jean (1988): La Roche et l'Épopée Contoise de Grèce. Besançon: L'Atelier du grand Tétras ISBN 2-9116-4802-1.
- Housley, Norman (2007): Knighthoods of Christ: essays on the history of the Crusades and the Knights Templar, presented to Malcolm Barber. Aldershot, Hampshire, UK: Ashgate Publishing Ld. ISBN 978-0-7543-5527-5.
- Longnon, Jean (1969: "The Frankish States in Greece, 1204–1311", en A History of the Crusades. Madison, Wisconsin, USA: University of Wisconsin Press. ISBN 0-2990-6670-3.
- Mestre, Jesús (1998): Diccionari d'Història de Catalunya. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-2973-521-6.
- Miller, William (1908): The Latins in the Levant, a History of Frankish Greece (1204–1566). New York, NY, USA: E. P. Dutton and Company.
- Rubió i Lluch, Antoni (1912): Els Governs de Matheu de Moncada y Roger de Lluria en la Grecia catalana. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans.
- Salrach, Josep M. e Josep Termes (1992): Diccionari d'Història de Catalunya. Barcelona: Edicions 62. ISBN 978-84-2973-521-5.
- Wolff, R. L. e H. W. Hazard, Editors (1969): A History of the Crusades. Vol. II. The Later Crusades, 1189-1311. Madison, Wisconsin, USA: University of Wisconsin Press. ISBN 978-0-2990-4844-0.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Los Almogávares y el Ducado Catalán de Atenas (1311-1385), no blog Reyes y Dinastías (en castelán).
- El Partenón fue español en Una lupa sobre la historia, blog de José María Deira (en castelán).