Xaime des Baux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xaime de Baux")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xaime des Baux
Nacemento1354
Falecemento7 de xullo de 1383 e 17 de xullo de 1383
 Taranto
SoterradoTaranto
Relixióncatolicismo
Ocupaciónmonarca e gobernante
PaiFrancis of Baux
NaiMargaret of Taranto
CónxuxeInés de Durazzo
IrmánsAntonia of Balzo
editar datos en Wikidata ]

Xaime des Baux (en francés: Jacques des Baux; italiano: Giacomo Del Balzo), finado o 7 de xullo de 1383, duque de Andría, foi o último emperador latino titular de Constantinopla desde 1374 até 1383 e príncipe de Acaia desde 1382 até 1383.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xaime era o fillo de Francisco des Baux, duque de Andría (que morreu en 1353) con Margarita de Tarento (aprox. 1325-1380), a filla do príncipe Filipe I de Tarento e a súa segunda esposa, Catarina de Valois-Courtenay. Margarita era a irmá de Roberto de Tarento e Filipe II de Tarento os cales reinaron como príncipes de Acaia e emperadores titulares de Constantinopla (Roberto II e Filipe III).

Á morte sen fillos de Filipe II de Tarento, Xaime sucedeu ao seu tío como emperador titular. O principado de Acaia fora entregado á raíña Xoana I de Nápoles, e Xaime tratou de recuperalo como a súa herdanza. Entrevistouse con certo éxito en 1380, pero non tivo o control completo até a morte de Xoana en 1382, cando se converteu no único reclamante lexítimo para Acaia. Non viviu para gozar do seu arelado principado, xa que morreu o 7 de xullo de 1383. No seu intento de recuperar a súa herdanza en Grecia, Xaime contratara os servizos da Compañía navarra, que se fixo cargo de Acaia durante un curto período despois da morte de Xaime. En 1382, Xaime casou con Inés de Durazzo, a filla de Carlos de Durazzo e María de Calabria, a irmá da raíña Xoana I de Nápoles. O matrimonio non tivo fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lock, Peter. The Franks in the Aegean 1204-1500. New York, 1995.